O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 23, 2013

QUERIAMOS FINAIS DE ALTO RISCO? , POIS XA AS TEMOS >> A DO CONCURSO DE TORTILHAS E A FINAL NACIONAL POR EQUIPAS TEÑEN TODAS AS PEPELETAS!!

















Nas horas previas a tensión cara ó gra Play Off Nacional de Marrrozos córtase cun coitelo , sobre todo para unha das finais que sempre ten maior pegada pero que nista ocasión está a xerar regos de tinta e acaparar todo o protagonismos da gran muiñada billardeira , falamos naturalente da final de Equipas que en Marrozos pode convertirse nun punto de inflexion con siareiros e xogadores volcados no apoio total ás súas cores e folosofías de xogo . Sobra decir que calquera tipo de apoio ou apupos ós rivais deben ceñirse ó caracter deportivo para cando remate a final poder realizar un terceiro tempo en irmandade e naturalmente ó carrego dos gañadores de na Cantina-LNB a pé de pista xestionada pola Asociacion de Veciños de Marrozos . Un previo que está ate influindo nos alebrestados condimentos das Tortillas do concurso Gastronómico MilloCorvo-Carnelao que segundo se filtrou descurren xa dende os sesos de xato  á marihuana ou dende as criadiñas ás ortigas pasando polas algas flubiais e os coscos ...dende o minuto cero o espectáculo e a emoción están servidos no explosivo Play Off Nacional #Marrozos2013!! 

ACTIVISTAS-BILLARDEIR@S ANTIMINA SERÁN OS ENCARGADOS DE REALIZAR O SAQUE DE HONRA EN #MARROZOS!!



Un Play Off Nacional que de novo estará pegada á mais raibosa da loitas , por desgraza Rubén Sanchez , o Ciclista LNB como comenta na recente entrevista no Dioivo non  poderá estar en Marrozos pedaleando de novo coa serpemulticor da LNB en Marrozos e ralizar o saque de honra antes da final , unha acción que iste ano  será efectuada polos activistas antimina de Corcoesto e da Chaira  , Serxio representando ás aldraxadas terras de Corcoesto e á Conferência Bergantinhos e Ismael de Carabullo da Norleste representando á plataforma A ChairaNon se Vende realizarán o berro billardeiro contra o xenocidio mineiro na Galiza !!



Un berro que foi o detonante da posta en marcha da incendiaria Conferência Bergantinhos que vai estar en Marrozos esixindo a entrada no furacán billardeiro do que eles queren ser xa motor e parte impulsora , e para mostra un botón , non hai mellor metáfora que lanzarlle billardas ás portas e as fiestras nos internandos ou donde o sistema te teña acurralado para deixar claro o teu desacato total ós estamentos e ás leises dun estado que aínda lle nega o pasaporte biolóxico a todos aqueles palanadores e palanadoras da LNB que iste domingo van desfrutar da loita final pola coroza na area batida de #Marrozos2013!!

quarta-feira, maio 22, 2013

A POLA COROZA....PERCORRE OS CAMIÑOS!!!



















A Coroza da LNB , o simbolo máximo da éxtase colectiva como pobo asilvestrado e indomábel erguerase de novo sobre o corpo dun palanador ou palanadora da LNB , será na máxica hora do lusco e fusco diste domingo 26 de Maio cando o ceo se abra de novo ante a impactante figura do Coroceir@ Nacional 2013 . Baixo os preceptos da autoxestion total e absoluta e coa única colabroación dos irmans de Cervexa Menduiña e da Asociacion de Veciños de Marrozos que vai por ademáis unha Cantina a pé de pista para calmar a sede dos acvtistas billarderios,  a LNB  asume todos os frontes organizativos incluida a da recepcion das delegfacions internacionais como van ser os irmàns da Conferencia Andalucía que nun paso ó fronte histórico van estar competindo ó maximo nivel nos Play Offs Nacionais e os activistas portugueses da BILHARDA.PT do centro de estudos galegos da Universidade do Miño que que anuciaron a súa presenza en Marrozos coa comandante Marisa á fronte. Marrozos terá como xa viña acontecendo pista de adestramento donde os palanadores e convidados poderán rebaixar e alibiar tensions e donde de seguro se artellan isas espectaculares accions paralelas que marcan sempre cada un dos nosos explosivos Play Off Nacionais.



Un Harlem-Shake literario que o gran gurú do indixenismo-galego  Tonho Randeeira inicou na mítica xira de furanchos do Xerro do Salnés cando se destapou o espectacular cartaz de Marrozos2013 e que de seguro dita danza de guerra terá continuidade na terra batida impulsada polos nosos  corazons quentes e acelerados .
)) Do mesmo xeito que o Camiño de Compostela vertebrou as rutas cara á Galiza. A Liga Nacional de Billarda xa ten establecidos os seus propios camiños de peregrinaxe. Algúns xa históricos como o " Camiño a Xil" , parroquia de Meaño , histórico recorrido que palanadores e palanadoras vidos de tódolos recunchos da Galiza facemos tódolos anos. De furancho en furancho . Barrantes para dentro e diaños para fóra ...e o climax final , o éxtase chegou coa presentacion do explosivo cartaz do Play Off Nacional 2013 . Se aínda non es da LNB faite antes de morrer ou de que maten , percorre os seus camiños ...agardámoste en Marrozos ( Compostela ti e eu) ¡¡Adiante co varal!!

terça-feira, maio 21, 2013

O "GALIZA - EUSKALHERRIA" DE PONTEAREAS MARCARÁ O ARRINQUE DA GRAN FESTA DO PLAY OFF NACIONAL DE MARROZOS!!!


































O que avisa non é traidor...a Conferencia Sur non está disposta ó ninguneo que iste tempada as latitudes billardeiras do norte fixeron do seu suposto letargo e en Marrozos están dispostos todos os seus palanadores e palanadoras a deixar constancia dilo , será a conferencia da que mais quentes chegen as súas bonecas xa que tan só unhas horas antes da loita pola Coroza unha vez máis doada polos irmáns do Restaurante da Gata Meiga de Poio , estarán desputando o derradeiro Aberto puntuábel en Ponte-Areias que terá coma colofón brutal a nova xeira da Auténtica dirixida polo emisario de Flores , Serxio da Faisca,  no internacional Galiza - EuskalHerria que vai por os pelos de punta á afeccion de ambolos dous paises con ista accción de apoio ó desenrolo soberanista. Será pois un novo punto de inflexion no encontro de dúas civilizacion irmáns a de Billarda e da Txirikila que fronte a fronte e disparando cara un mesmo Varal prepararán os pateiros da conferencia sur para o asalto ó Play Off Nacional de Marrozos , impresionante ademáis o montón de colectivos que grazas á xestion de Santi ,  apoian e se sitúan na órbita da LNB pondo o seu gran de area para que o Galiza-EuskalHerria sáia adiante e rache as cadeas do fundamentalismo na poderosa vola de Ponte-Areias...Bilharda e Txirikila Sempre!!

















E atencion porque a entrada a toda mecha da Conferencia Sur e a irrupcion en Marrozos da Conf. Anadalucía , a alianza co universo Bélit, Txirikia e Liriu acende as ánsias e integracion das terras do Bierzo da boráxine da LNB , foi o nao pasado Viladepaus a vila que recibíu o primeir impacto billardeira da LNB un semente que vai brotar de xeito brutal iste vindeiro 13 de Xullo en Ponferrada no explosivo Master5 do Bierzo en Ponferrada no primeiro gran torneo por equipos nisas latitudes que pode se a primeira pedra para o edifico da futura e tan desexada Conferencia Bierzo da LNB...Botelos e Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

segunda-feira, maio 20, 2013

A LNB APRESENTA O "PLAY OFF NACIONAL-MARROZOS2013" EN GIRONA NO TORNEO DE BÉLIT "TOT BÉLIT - CASANOVA TEAM"!!

















Ista fin de semana Luis Camiña , o gran palanador dos "gharabotos" realizou unha vez máis a tarefa de embaixador internacional da LNB ista vez nas terras dos Paisos Cataláns participando en Girona nun espectacular Torneo de Bélit entre as equipas de "Tot Bélit" e " Casanova Team".
           















Por suposto Luis Camiña aproveitou a súa militancia Bélit para apresentar a todo universo bélit a nova edicion do Play Off Nacional de Billarda que iste vindeiro domingo convertirá á parroquia Compostelá de Marrozos no epicentro mundial do deporto do carabulo polo ar. Non deixou pasar o gran palanador de Gharabotos a ocasion de comentar a impactante experiencia da primeira Conferencia externa que participará niste Play Offs Nacionais con todos os dereitos e obrigas ó igual que calquera conferencia asentada en chan galego , é ista  explicou Luis ós seus compañeiros do belit, unha experiencia aberta para ó igual que o tour de Francia fai etapas en Holanda, Bélxica , Inglaterra ou Euskalherria ampliar a dimension billardeira ó igual que a LNB matina dende fai tempo participar cunha equipa de su no gran campionat del Mund de Bélit.  
















E como non podía ser doutro xeito a chuvia despedíu ós xogadores , un torneo con pouso internaciona e internacionalista que non fixo máis que acender a mecha cara á brutal colision de comboios que iste sábado vai acontecer en Ponteareas co brutal partido entre as seleccions nacionais de Galiza e EuskalHerria que terá como gran previo o derradeiro Aberto puntuábel da Conf. Sur...Adiante co Play Off Nacional , Txirikila , Bélit e Billarda Sempre!!!

sexta-feira, maio 17, 2013

TODOS OS CAMIÑOS E OLLADAS CONFÚEN NUN MESMO PUNTO : "MARROZOS 26 DE MAIO" ....COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O EXPLOSIVO PLAY OFF NACIONAL 2013!!














Foto Nachok / Ista edición do Play Off Nacional da LNB veu inexsorabelmente marcada pola migracion de esceario , a temática elexida por Nachok para ilustrar o cartaz ofical diste Play Off Nacional 2013 ,  que supón a muda da mítica terra de Conxo ó campo de futbol de terra da parroquia Compostelá de Marrozos . Nunca alí se desputou un Torneo de Billarda polo que a serpe multico da LNB selará con ferro quente o seu brutal atrevemento . É por elo que se fai mais necesario ca nunca levar uns firmes pilares donde construir isa monumental obra mestra da inxeñería billardeira que son os Play Off Nacionais da LNB:

- XANTAR AUTOXESTIONADO E NOVA EDICIÓN DO PREMIO MilloCorvo-Cenelao Á MELLOR TORTILLA do Play Off Nacional!!

Como aconteceu no pasado Play Off Nacional o xantar será autoxestionado organizándose por conferencias, equipas ou de xeito individual para levarar cada un o seu xantar e unha vez en Marrozos comerase nas mesas e bancos que a xente de Xogos Tradicionais de Conxo con Mario á fronte vai ter situadas a pé de pista. Nen decir ten que os diferentes manxares unha vez alí se misturaran e correrán coma o lume na herba seca entre os palanadores e palandores . Viño e licor café correrá a regos mentras os xuices do Xurado-Gastronómico da LNB proben as tortillas da nova edición do Premio Millo Corvo-Carnelao á mellor e máis arricada Tortilla do Play Off Nacional ... ide pelando as patacas e batendo nos ovos porque a tixola xa está ó lume!!

- AUTOXESTION DOS TROFEOS DAS CATRO CATEGORÍAS:

Hai que facer especial mencion á lamentábel actitude do Concello de Compostela que se negou a colaborar coa LNB negándonos a dotacion de trofeos como fixeran noutras ocasións , isto hai que sumalo ó despropósito de termos que mudar Conxo por Marrozos ante unhas supostas obras de acondicionamento do terreo de xogo que ían ter lugar iste ano e que nen sequera iniciaron. Ë por elo que non se desbota un escrache billardeiro ó alcalde e toda a corporacion Compostelá no lusco e fusco do 26 de Maio co coroceir@ nacional saínte ó fronte!!

ISTA É A RELACIÓN DE TROFEOS PARA XESTION DAS CONFERENCIAS:

- Conferencia NorLeste: trofeo individual absoluto (o orixinal levaráo o actual campión) 
- A NorOeste: trofeo para Varados
- O Centro: Trofeo feminino
- Rias Baixas e Sur: Trofeo para equipos

E POR SE NON FORAN POUCAS NOVIDADES... MARROZOS INCORPORA Á PRIMEIRA CONFERENCIA EXTERNA Á LOITA POLOS TÍTULOS NACIONAIS DA LNB!!













E moito ollo porque non son mancos , toda unha tempada competindo ó máximo nivel  a Conferencia Andalucía preparouse a reo no seu campo base gaditano popularmente xa coñecido coa " Toxo Verde" para dar a camapaada en Marrozos e sorprenser a propios e estranos coa tácnicas aprendidadas de Luis Camiña ,  gran impulsor diste impredecíbel coctel molotov que mistura o albariño e a manzanilla  .Aseguran que non veñen de "férias" ,  Billarda-Cádiz collen relevo en Marrozos da mítica parella de andaluces con dóbel nacionalidade que vestiron a camiseta de Auténtica " Michele e Joaquín " van facer máis de 1000 km e non están dispostos a voltar coas mans valeiras.  

LNB ANTI-FAN ZONE "MARROZOS"




















Iste sábado será cando a Conf. RíasBaixas fianliza o seu periplo regular e certificas os ses pasaportes nas diferentes categorías para o Play Off Nacional de Marrozos , será apartires das 16 h. nun Aberto a cuberto no Pavillón de Baltar en Portonovo para despois a iso das 20 h da Tarde cando remate o partido desfrutar por todo o alto dunha de seguro espectacular Gala de entrega de premios no Pazo Emilia Bazán que se alongará ate altas horas da madrugada. Unha festa que terá a súa continuacion o sábado 25 de maio en Ponteareas donde se desputará o partido internacional de Billarda-Txirikila entre as seleccions nacionais  Galiza e EuskalHerria que terá como previo a desputa do derradeiro aberto puntuábel na Conf. Sur que tan só unhas horas antes dará a entrada no teatro dos soños de Marrozos ós palanadores e palanadoras disa   poderosa conferencia. E atencion porque será  na LNB Anti-Fan Zone de Marrorros estará ca COROZA DA LNB doada polos irmáns do Restaurante Gata Meiga de Poio e será donde donde as grandes estrelas da LNB e campións nacionais déan as roldas de prensa , atendan ós fans , dende donde  Radio Cabalinho teña a súa unidade móbil e donde se celebren os diferentes actos lúdicos coma o concurso de lanzamentos de dni para todos aqueles que queiran conseguir o seu canet billardeiro , almanake LNB ou algunha  sorpresiña máis...Nen un paso atrás , Adiante co Play Off Nacional 2013!!

quarta-feira, maio 15, 2013

A LUME DE VIQUEIRA...A SEPRE MULTICOR DA LNB AFRONTA O SPRING FINAL CARA Ó EXPLOSIVO PLAY OFF NACIONAL DE MARROZOS!!



















A Torre de Hércules lucíu en toda súa plenitude o pasado domingo no derradeiro Aberto puntuábel da NorOeste donde o gran Viqueira impuxo a lei Cochikeira na herba artificial impóndose niste aberto que abre as portas coa o Play Off Nacional de Marrozos.



















Ise mesmo día as bicicletas e a dopaxe vivían no parque de Castrelos de Vigo un novo apaixoado romance , xa que era o cicloactivista e palanador da Faisca Pinto quen transportou ate a pista de xogo na súa Pincha-Móbil os espectaculares premios diste novo Aberto puntuábel na reactivada Conferencia Sur.



















Un Aberto que foi dirixido con man férrea disciplina polos membr@s da Faisca que foron os responsábes máximos de coordinar iste stalingrado billardeiro.



















A sengue a regos sobre a neve trocouse en saboroso viño nos corpos dos primeiro clasificados , nista imaxe podemos ver ó Casillas gaélico do Mecos e pintor de vangarda , Alfrefo Pirucha recibindo tamén un bolo de pan co que de seguro collerá forzas de cara ó gran desafío de Marrozos e porse man á obra para a xestion dun dos miticos Abertodo verán como é o Aberto do Pan de Sarria.



















E sen dúbida a máis impactante imaxe é a de Xan Pinto , coma responsábel da Faisca. entregando o botella de viño ó xoven palanador representante dos campións por equipas " Corredoiras " , unha accion a todas luces ilegal a de premiar a un menor con unha bebida alcohólica mais ó vir iste vestindo a camista do real madrid  recibíu todo respaldo da LNB por mor de ser un xesto inequívoco de apoio a Alfredo Di Stéfano nistes duros días de persecucion mediática á saeta loira pola súa inminente boda coa súa secretaria 50 anos menor. >>  Equipas: Corredoiras 32 Gharabotos 27 Faísca-Almuinha 22 Ghudalha 10 Valpaços 17 Paquete Pinchas 7 /  Nom houvo varados entom fixemos umha rolda extra de lanzamentos depois de que acabase o aberto e o Luis Enrique fixo um varado. Ganhou Ricard, segundo Carolo, terceiro Alfredo Pirucha.
No Porrinho ganhou Carolo, segundo Salgue e terceiro Gelín.

segunda-feira, maio 13, 2013

ISTE XOVES OS TREZE-CATORCE DE SALCEDA INVADEN O COLEXIO ALTAMIRA CUNHA NOVA ACCIÓN DE "SEMENTE BILLARDEIRA" NUN CENTRO DE ENSINO GALEGO!!
















A boráxine billardeira teima unha vez máis en derribar barreiras , ista vez será o vindeiro xoves nunha accion coordianada pola referenciais Treze-Catorce de Salceda ,  a poderoso colectivo socio-cultural  que ven de incendiar o horizonte do sul galego cunha nova edicion do seu explosivo festival-Rock no que o Caimán do Río Tea voltou a ensinar o dentes para celebrar os 20 anos de inmersión sonora , van coller os paláns e invadir de pinchas o Colexio Altamira cunha brutal acción nas aulas dirixida ás crianças para que teñan ise tan necesario primeiro contacto co noso deporte nacional que lles facilirte a inmediata entrada nas pistas da LNB.

















Unha accion nun cerntro de ensino dos activistas billardeir@s de treze-catorce que ven a complementar a inciendiaria Palestra-LNB que dirixíu o Filloa de Sangue David Fontán no Colexio Maior Fonseca de Compostela. Alí houbo máis que palabras ó igual que de seguro vai haber en Salceda donde tamén se celebrará un Abertinho de Bilharda para que o berro dos nenos e nenas a prol da oficialidade do noso deporte nacional eclosione nas paredes do Colexio Altamira...estudantes con paláns á rúa , a loita continúa!!

O SOL COELLEIRO ALUMEA O HORIZONTE CARA Ó PLAY OFF NACIONAL DE MARROZOS!!


















A minúscula illa coelleira ten en Remourlle un perfecto califato cuxo emir despois do espectacular Aberto celebrado na tarde diste sábado foi coroado Eric, o gran productor e  palanador dos Outros ,  que isa mesma mañá lanzaba á rede o seu novo single do colectivo musical Eric-Granha do que forma parte ,  arrasou na tarde cun pleno nas cinco carreiras facendo imposíbel que os paxaros se volvesen ás escopetas. Espectacular torneo final na conferencia mae que tivo como colofón a entrega de trofeos dos campi@ns de conferencia e leitura das listaxes de clasificad@s na distintas categorías para o explosivo Play Off Nacional de Marrozos .

















Simultáneo ó chumpo do coello de Suso en Remourlle as estornelas saían ó ar xusto no corazon da cidade de Compostela , no céntrico emprazamento da estación vella de Conxo a tribo da Conf. Centro realiziaba un novo Aberto puntuábel para definir os elexidos para loitar na terra de Marrozos.

















Un Aberto ademàis coordinado pola referencial equipa de Xogos Tradicionais de Conxo que aproveitaron iste Aberto para establecer contactos co Concello de Compostala que desemboquen no gran teatro dos soños de Marrozos , un Aberto no cal se impuxo ó igual que ne Remourelle un especialista en Varados como é Hugo seguido de Basilio e de Luis Camiña na terceira posición.



















E foi ista fin. a que sinalaba o tan desexado desxeo na Conf. Sur , arrincaba a xornada cun previo de luxo riba do esceario coa Faisca Teatro petando o seu local no estreo da súa nova montaxe Saxo Tenor. Unha horas despois O Porriño acollía a nova embestida do boi durmido...

















Carolo , Salgue e Gelín foi o pódium presidido polo gran palanador de Corredoiras en Porriño...

















E ó día seguinte a Conf. Sur depois de que na torre de hercules da Coruña a tribo da Noroeste se botara ó céspede artificial , en sesión de tarde a Sur voltaba á acción cun incendiario Aberto no Parque de Castrelos donde a sepre multicor da sur notaba como pouco a pouco lle voltaba a ferver o sangue abrazando ó palán ante a incrédula ollada dos milleiros de persoas que isa tarde pasaron polo mítico parque vigués e visualizaron @s activistas LNB disparando ó horizonte na procura do Varal.

















Ricar custodiado no podium por Carolo e Luis de Gharaboto devolveron xunto co case medio cento de palanadores e palanadoras que se xuntaron en Castrelos devolveron a frescura e vitalidade da conferencia sur que para o sábado 25 de Maio un día antes do Play off nacional en Marrozos prepara a súa derradeira xonrada puntuábel nun marco absolutamente incendiario como vai ser o de Ponteareas donde coma gran colofón se vai celebrar a nova edicion do Galiza-EuskalHerria no que xa podemos confirmar que nen Quico Matamoros nen a súa dona Makoke estarán presentes como aconteceu no partido de rugby que iste pasado sábado enfrontou a istas dúas seleccións en Lugo ....e se se achegan que se ateñan as consecuencias- Txirikila Sempre , Adiante co Varal!!

sexta-feira, maio 10, 2013

ISTA FIND. SUBE Ó PERIGOSO COMBOIO DA LNB CON PARADAS EN REMOURELLE , COMPOSTELA, PORRIÑO , VIGO , MARÍN E O CAMPO DA TORRE DE HÉRCULES DA CORUÑA!!






















A fin de traxecto no gran comboio da Norleste está situado na mítica estación Remourelle , a brava parroquia Ribadense acolle de novo o Aberto do Coello de Suso que marca o fin de temapda regular na conferencia mae. Ó final do Aberto a accion transladaráse á Taberna de Lola donde haberá entrega de trofeos ós primeiros clasificados de conferencia en cada unha categoría nunha gran festa final con música, viño e pinchoteo con productos do páis. Para todos os que queiran arrincar a xornada con forza varios equipos reservaron mesa na Taberna de Lola para xantar antes do Aberto, se queres unirte fai xa a túa reserva >>  607.630364


















E simultaneo á chimpo do coello de Suso en Remourelle na pista da estacion vella de Conxo en Compostela  a tribo estornela desputará un novo aberto puntuábel organizado pola referencial equipa de Xogos Tradicionais de Conxo que con Mario á fronte están tamén xestionando o gran Play Off Nacional da LNB no novo emprazamento de Marrozos. Contacto>>  654.232108
















E o Sur colle carreira e ista find. pisando a fondo o acelerador xa que iste sábado nuncian Abertos puntuábels , o sábado en Porriño , no mítico espazo do Torreiro de S.Campio , donde as pinchas da Conf. Sur bruaron por primeira vez na história, un Aberto ademáis organizado pola equipa decana da Conferencia Paquete Pinchas














... e o domingo o andacio billardeiro seguerá a extenderse polo Sul cun novo Aberto puntuábel no espectacular emprazamento do Parque de Castrelos deVigo da man dos temidos e impredecíbeis FaiscaContacto >>647.190789 / E CONFIRMADO DENDE A CONF- NOROESTE QUE ISTE DOMINGO ÁS 11:30 H. NO ESPECTACULAR ESPAZO DO CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL DA TORRE DE HÉRCULES NA CORUÑA DESPUTARASE O DERRADEIRO ABERTO PUNTUÁBEL DA TEMADA REGULAR DA PODEROSA CONFERENCIA ATLÁNTICA . CONTACTO>> 679.908773

















Unha find ista na que se andas polas terras do hemisferio sul teste que deixar caer por Marín donde os referencias Almuinha , equipa LNB da Conf. Sur, teñen preparado un espectacular programa con lema de " Em galego todo é possível "!!

quarta-feira, maio 08, 2013

VENRES .SABADO E DOMINGO ....O TEATRO DA FAISCA ARRINCA UNHA FIND DE VÉRTIXE NA CONF. SUR!!






















Iste venres a accion billardeira arrinca no local da Faica en Vigo donde a súa sección teatral apresentarán en exclusiva mundial a súa nova montaxe , trátase da mítica Saxo Tenor de Roberto Vidal Bolaño, a diferencia entre o que se fala e a realidade é o fío conductor dista referencial obra no que un asasinato sen resolver é o fío conductor dista nova aventura que  no seu elenco de actores conta con destacados palanadores e palanadoras da Conf. Sur que apartires das 22 h. diste venres comezará a rodar coa forza dunha billarda na procura Varal. Mais non será a da Faisca a única cita billardeiro-teatral dista find. xa que o domingo en Viminazo estarán os Ollomao-Teatro de Barreiros apresentando " os vellos non deben namorarse"  que conta tamén súa nómina de actores e persoal técnico coa particiapción de destacados activitas LNB que non descartan realizar antes do inico da obra por en marcha o explosivo I Abertinho-Irmandinho en Viminazo >> Contacto: 607.630364 
















Unha find ista que arrinca no local da Faisca e que tan só unhas horas despois de rematar Saxo Tenor a o asedio billardeiro se transladará á ó Porriño nun Aberto coordiando polos míticos Paquete Pinchas para o domingo voltar a Vigo co celebracion dun novo Aberto puntuábel co que se producirá un fito histórico na LNB cun find. con dous Abertos puntuábeis para unha mesma conferencia. Unha Conf. Sur que tará o sábado coma firmes aliados ós activistas da NorLeste que celebrarán o sábdo en Remourelle o mítico Aberto do Coello de Suso no que será o derradeiro chanzo da tempada con entrega de premios ós campi@ns de conferencia e pinchada de irmandade na Taberna de Lola. Apunta . dispara ...un banco ó outro lado da estrada!! 

terça-feira, maio 07, 2013

ISTE MERCORES "PALESTRA-LNB" E ABERTINHO CONTRA OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO NO COLEXIO MAIOR FONSECA DE COMPOSTELA!!



















Histórico marrazo riba da mesa o que iste mércores apartires das 17 h. se vai producir no salon de actos do Colexio Maior Fonseca de Compostela os dous xoves maís experimentados activistas da LNB David Fontan e Cristian Puente van irroper cos paláns e billardas ardendo niste contexto universitario , a acción arrincará cunha incendiara Palestra-LNB na que de seguro os palanadores de Filloas de Sangue e Gharabotos amosarán as cartas e achegarán os coitelos ós pescozos dun de seguro público famento de sensacions extremas como as que a LNB representa. Mais non será iste un retrouso unicamente teórico nen moito menos xa que despois da Palestra-LNB relizarase un incendiario Abertinho contra os recurtes no ensino público no que as consecuencias son impredecíbeis. Contacto para inscripción e apoio >> 679.908773  



E os que están tamén famentos de sangue billardeira son a tribo da Conf. Sur , incluidos a última equipa incorporada á conferencia "Rinocerontes no Horizonte" como se comproba no espectacular video-estalo que recolle o su ultimo Aberto celebrado en Pontevedra e atencion porque vai nise hemisferio o lume billardeiro arrincará iste venres na faica co estreo teatral da súa nova montaxe " Saxo Tenor" e continuará o sábado en Porriño e o domingo en Vigo - Atent@s ás Pantallas... Pincha Sempre Adiante co Varal!!

segunda-feira, maio 06, 2013

"CRISTIAN PUENTE" O GRAN REPRESENTE DA LNB NA INICIATIVA SOCIAL POLA SOBERANÍA!!

















ISTA FIND. AS CONFERENCIAS RÍAS BAIXAS E NOROESTE ACENDERON LUME BILLARDEIRO NAS PISTAS DE SANXENXO E DA SARDIÑEIRA MAIS HOUBO EXPLOSIVOS MOVEMENTOS NOS DESPACHOS DA RECENTEMENTE ALUNMEADO CONFÊRENCIA BERGANTINHOS QUE DE XEITO INDIRECTO AFECTOU Á REACTIVACIÓN INCENDIARA DA CONF. SUR E ATENCION PORQUE INCLUSO A BEZOUQUEIRA ANTE TAL AVIBAMENTO AMIAZA CON DESPUTANTAR CARA A UNHA XEIRA DE VERÁN QUE SITÚE Ó ESQUÍU NA GRELLA DE SAÍDA PARA A VINDEIRA TEMPADA , UN BALBORDO TAL QUE SALPICOU ATE A PRESENTACION PÚBLICA  DA INICITAVIA SOCIAL POLA SOBERANÍA QUE A LNB ESTÁ PRESENTE REPRESENTADA MAGNIFICAMENTE POLA FIGURA DO GRAN PALANADOR DOS GHARABOTOS CRISTIAN PUENTE  estudante e membro da Liga Nacional de Billarda!!
















Soberanía billardeira foi o que quedou patente nas rúas de SanXenxo donde iste sábado se desputou un novo aberto puntuábel da súa xeira regular que deixou ó xoven Brais á portas do olimpo dos deuses no terceiro posto despois de Ricar que acadou o segundo posto e con J.M Camiña no máis alto do podium presidindo como gran campión a espectacular Praza do Mar.

















E o domingo despois do aprazamentos da semana pasada a Conferencia NorOeste voltou á carga cun novo Aberto puntuábel no que estranamente o podium @s roteiros non tiveron presencia no máis alto , foi Serxio dos Xarutos medalla de prata e Luis Gharaboto medalla de ouro quen se repartiron a gloria atlantica no tramo final da costa cara o Play Off Nacional...NEN UN PASO ATRÁS , NEN PARA COLLER IMPUSO PARA FACER UN VARADO!!

sexta-feira, maio 03, 2013

O ESTUDO DE "AURELIO PRADO" SOBRE A BILLARDA EN OURENSE CONVÉRTESE NA CONTRA-PROPOSTA PEDAGÓXICA DA LNB PARA O ESTUDO TEÓRICO DA BILLARDA NOS CENTROS DE ENSINO DA GALIZA!!


































Dende fai un tempo viñamos anunciando o lanzamento do espectacular estudo realizado polo activista-LNB Aurelio Prado Rodríguez sobre a practica da billarda no ámbito do universo ourense en toda a súa dimensión "provincial". Como sabedes @s Varad@s adict@s a verba "deputacion provincial" , é un termo malsoante , pexorativo e anacrónico que nunca debera ter existido nun país coma o galego. No propio seo dise niño de serpes emerxe ista impresionante obra de investigacion sobre os diferentes xeitos de xogar á billarda nise ámbito provincial , podedes descargar todo o libro AKÍ que a deputacion de ourense se negou a publicar , e que naturalmente quedará instalado na sección de OVaral E-books para que poidades concultadlo cando precisedes . E non pode haber mellor mostra para ilustrar a contundencia diste traballao que a espectacular páxina que eleximos na que se recolle o xeito de xogar denominado Safari , unha variante que sen sabelo utilizaron os activistas LNB na alameda de Compostela un día da Patria para disparar sobre unha rede que no centro tiña unha diana cunha foto incrustada.



















E foi precisamente fai uns anos na alameda de Ourense donde se deixou pegada da presenza LNB con ista espectacular foto por mor da celebracion dun histórico Aberto da Repesca, foi naquela ocasion surleste galego o que acolleu o gran acontecemento , iste vez para o Play Off Nacional 2013 será o SurLeste ibérico , o da Conferencia Andalucía , o que acollerá no Toxo Verde de Cadiz a celebracion da recollida de tickets cara a estacion final de Marrozos....Ourense Safari Billarda  Sempre , Adiante co Varal!!

quinta-feira, maio 02, 2013

SERXIO DA FAISCA REIVINDICA EN MARIN O PODER ANTI-MINA DA CONFÊRENCIA BERGANTINHOS!!

















O viño non é auga ...porque grazas ó máxico brevaxe inxerio fai tan só un par de semanas pola serpe multicor da LNB nos furanchos de Xil os acontecementos comezan a dispararse grazas en gran medida á desorbitada accion do subcomenade Serxio , que se contra.todo pronóstico nunha alucinante operacion lóstrego dirixíu a poderosa accion da posta en marcha da semente anti-mina da polémica Conferência Bergantinhos iste 1 de maio deu un novo xiro na súa meteriótica carreira billardeira acadando en Marín a espectacular victoria no explosivo Aberto puntuábel para a Conf. Sur.


















A poderosa Conf. Sur sáe do seu letargo nun espectacular contexto donde a festa  e a billarda se funden de novo como   sempre aconteceu e donde Radio Cabalinho voltou ás ondas para incendiar ó publico incitando á xente a bailar e lanzarlle billardas á orquestra Olimpus .

Un cabalo desbocado o da Conf. Sur cuxo salvaxe trote xa se sinte dirixíndose rumbo ó campo de futbol de  Marrozos en Compostela donde se celebrará a nova edicon do Play Off Nacional da LNB. 


Un Aberto o de Marín que deixou no máis alto ó gran Serxio da Faisca seguido de Camiña e Fariña e que supuxo ademàis o retorno de Rubén Otero, o actual Coroceiro Nacional ás pistas disposto a defender o seu título con uñas e dentes e converterse no primeiro tricoroceiro nacional da história , precisamente a súa presenza tamén coma árbitro fixo que a victoria do seu compañeiro de equipa Serxio se tinguira cun alo de  polémica unha cor e un calificativo que de seguro perseguirá ate a eternidade ó gran campión aborixe de Carballo.




Por se hai dúbidadas ou icredulidade ante a gran azaña de Serxio en Marín aquí está a acta oficial do Aberto que o certifica , e atencion porque a Conf.  Sur xa ultima o seu spring final cara Marrozos!!

quarta-feira, maio 01, 2013

CHEGA MAIO E CON EL A PRIMAVEIRA LIBERTA NA CONFERENCIA SUR!!

















Pasai rapaciños / calados e credos / que o que é polo de hoxe / que darvos non teño / eu sonvos o probe: / o povo galego / pra min non hai maio, / pra min sempre é inverno. Non podían elexir mellor data a poderosa tribo da conf. Sur para saír da seu aletargamento , será hoxe 1 de maio no Relleno de Marín donde as pinchas e cachizas da LNB realicen o desxeo e volten fungar na busqueda dise  desexado maio de donos liberto. Contacto>> 680.531760

terça-feira, abril 30, 2013

BANCOS SI....PERO DE SALAR!!!



Cando de xeito incomprensíbel os responsábeis de VTelevison secuestran nun caixón o espectacular video do single Arxina e non o emiten no seu programa VClips , é de supor que se iste incendiario video-estalo do "pagaralo coa salú" chega ás mans dalgún dos seus directivos disa canle do tdt party pode que ate cursen  unha  denucia xudicial contra a referencial de banda de rock indíxena galego , porque ante a parálise social menos mal que hai un grupo que sinte as cores e cando sube ó esceario e cando colle os paláns nas pistas da LNB... benvidos ó brutal baño de realidade con auga fervendo verquido por Ex-tension Agraria!!














Mais OVaralRecords xa ten firmes aliandos como é a discográfica ribadense de música dance  HSrecords , co referenciacisl palanador dos Outros Eric coma un dos capos do selo xa anuncian unha impactante irrupción sonoro-billardeira coa que apoiar a oficialidade do noso desporto nacional e coa que  invadir as pistas de baile europeas e do continente ameiricano. Adentrate no seu novo web oficial donde podes atopar toda a info por se queres contratalos para a túa festa privada ou evento social incendiario. E coma guinda de pastel , fai uns días comantabamos o premio que Miguel Alonso , o cantautor irmán da LNB acadara co seu tema do República Billarda , aquí deixamos a entrevista verquida nun xornal na que fala do gran sucesso entorno ó xa  mítico tema " Días Raros!


Hai uns días celebrábase no teatro Jofre a entrega de galardóns do certame Lidera Ferrol 2013. En total, foron 120 proxectos presentados en oito categorías. O gañador, na especialidade de música foi Miguel Alonso. Como primeiro clasificado recibía 600 euros.
-Presentouse ao concurso co tema «Días Raros», ¿de que fala nesa composición?
- É unha canción un pouco curiosa no repertorio que eu fago porque está incluida só nun recopilatorio que fixo unha asociación lucense que se chama República Billarda. Eles pedironme un tema e así naceu está composición que fala dese xogo, pero tamén doutras moitas cousas.
-¿Cando estará listo o novo traballo?
-Espero que esté rematado no verán. No sei cando se editará, iso está no aire, pero espero que sexa o antes posible. A cuestión económica é o que pon máis trabas así que os 600 euros deste premio van servir para rematar o vindeiro proxecto. Vai a ir integro para iso.
-¿Que diferencia hai entre o anterior disco «A noite dos cans» e no que está traballando?
-Este disco vai a ser unha especie de recopilación e o outro estaba composto integramente por temas inéditos.
-¿En que se inspira á hora de compoñer?
-Un pouco en todo, eu teño 28 anos así que falo un pouco dos temas que lles pasan e preocupan aos rapaces da miña idade. Nestes tempos é imposible obviar os temas sociais ou a precariedade laboral.
Música de autor
www.miguelalonso.tk /  miguel_alonso_fdez@hotmail.com