O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 09, 2005

DE VIGO Á TILLEIRA

Dende Vigo chegou a gran sensación do “II Torneo do Lacón”, Aitor é xa a gran referencia da LNB no sur da Galiza, coma se dun old black apunto de entrar na melée Aitor aterrou no campo de terra da Tilleira disposto a todo , disposto a participar e disfrutar da gran festa da LNB, disposto a coñecer de primeira man a palanadores e palanadoras que teñen paixón coma el polo deporte da billarda, e sobre todo , confirmar iso de que outro deporte é posible!,Aitor traía palán e billarda feito polo seu avó , aínda que xogou co material regulamentario da LNB, en cada golpe da madeira contra a madeira ía un pedazo de historia e da furia herdada dos antepasados. Sabemos que hai xestións para que a LNB se desprace para organizar un torneo , os motores da guagua da LNB xa están fungando coa emoción!!. Saudos e billarda ¡!