O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 07, 2005

NOVAS DA LNB

A zurda de ouro da LNB conquistou o "II Torneo do Lacón " , Vicente nunha tarde fría pero intensa acadou cun xogo maxistral o campionato xogado na terra batida da Tilleira, despois de pasar as roldas clasificatoris sen demasiados apuros deixou na cuneta á gran sensación do torneo , Emilio, veterano xogador de Lourenzá amosou dotes de mestre no manexo do palán e da billarda, Xermán , o tricampión da LNB tampouco foi rival para un inspiradísimo Vicente que eliminou na final a unha loitadora Ana da franquicia de Lourenzá que tamén anda rondando o triunfo nun dos torneos da LNB. Queremos felicitar non só ó campión do Lacón da LNB senón ás palanadoras e palanadores que participaron no campionato ,ás responsables da Cantina da LNB, a todo o público que se achegou á Tilleira desafiando o frío e a auga, a todas as empresas e institucións que colaboraron coa organización do torneo, moitas grazas a todos xa que todos e todas somos necesarios para que a gran festa da LNB continue espllando emoción e paixón polo deporte da billarda. Vémonos no próximo torneo!!