O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 30, 2005

XOVES 24 / 3 / 05

A tensión era papábel na faciana dos mestres sabedores que gran parte do futuro do deporte da billarda estaba depositado nas súas mans.
E non defraudaron, un día explendido recibiu ós primeiros alumnos e alumnas que se achegaron á escola , nun primeiro intre os monitores eran os que manipulaban os materiais deportivos para que os rapaces por medio da visualización directa pudieran ir adquirindo as primeiras nocións do xogo.
A operación saida era unha realidade palpábel , a carabana multicor de coches ateigados de xente pasaba pola estrada con mirada atónita cara o espectáculo da Escola de Billarda, a porta do supermercado de enfrente da pista de xogo escupía homes e mulleres carrexando bolsas de plástico repletas de productos que de xeito matemático ollaban para isa fotografía en movimento que representaban os alumnos da Escola de Billarda iniciándose no manexo dos paláns e das billardas.
A última parte da primeira clase foi adicada ás explicacións teóricas sobre as orixes e a metodoloxía técnica do deporte da billarda, Xermán , o tricampión da LNB demostrou mediante o emprego do pau de golf que iste deporte é fillo ó igual que o críquet ou o béisbol da nosa billarda, na súa exposición amosou as semellanzas no xeito de agarrar un pau de golf e un palán de billarda, o xogador dos Celitas do Castro utizou tamén unha raqueta de tenis para demostrar que a mecánica de golpexo da billarda no ar é moi similar á do passing shot do tenis.
Finalizado o primeiro día de clase , moitos nenos e nenas negábanse a abandoar o material deportivo e seguiron practicando xunto con algúns maiores tamén interesados niste espectacular deporte sempre baixo a atenta mirada dos monitores acreditados pola LNB.