O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 26, 2005

CRÓNICO 3: UN FURACÁN IMPARABLE

Agora xa non valen as probas, o II Torneo do palán de ouro dá comenzo entre a locución emocionada dun Cadramón narrando segundo a segundo o acontecido na pista do Canteiro como se dun especial carrusel LNB se tratara.
Unha cousa xa quedou clara ás primeiras de cambio, Lourenzá cuna de tantos e tan bos palanadores e palanadoras fraqueaba dun xeito preocupante, xermán , o tricampión da LNB amosaba unha espectacular baixa forma , erraba continuamente non chegando a gañar ningunha das tres carreiras no seu grupo, Vicente, o campión do torneo anterior parecía como se o Lacón gañado en Lourenzá se lle atragantara e amosaba un enorme nerviosismo e malestar consigo mesmo e co vento que impedía as súas evolucións na pista. Así as cousas Fran o palanador da Recemil foi o único xogador de Lourenzá que se puido colar para a disputa dos cuartos de final, nen sequera Ana puido ser inmune ó meigallo que a pista de San Pedro lle propiciou ós palanadores de Lourenzá.
Labrada , xogador veterano que demostrou que a partir dos cincuenta é cando mellor se domina iste deporte , púxolle moi difícil o pase a semifinais a David que tentaba con uñas e dentes acadar o palán de ouro, Toño, nunha evolución maxistral recordaba aquela tarde chuviosa de Celeiro de Mariñaos donde xa presentou a súa candidatura para chegar a gañar un trofeo LNB, mais non puido, ser chocou co furacán Ismael , nunca antes un palanador amosara semellante xogo , Ismael non lle deu opción a nadie, O Zidane da Billarda simplemente pasou o rodillo e listo.
Ana dos petapouco caía en semifinais por moi pouco contra o seu compañeiro de escadra David , os dous Petapouco que adestran xuntos ían medir forzas nunha final dun gran slam .
Niste inte tan decisivo a chuvia fixo acto de presencia, os afeccionados que non tiñan paraugas nun arrebato de paixón correron abrigarse debaixo do palco e O Zidane da Billarda nun estrano acto reflexo desfíxose da chaqueta de chándal que vestía e quedou coa camiseta dos Petapouco baixo a forte e intensa chuvia .
A saida de carreira errada polo palanadores dou lugar o un novo intento no que David abanzou moi timidamente , a resposta de Ismael foi a que marcou ista edición do palán de ouro, está grabada para sempre na retina dos alí presentes, dun só golpe e a unha distancia de máis de 60 metros Ismael introduciu a billarda entre os dous paus que forman O Varal.