O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 07, 2005

EQUILIBRIOS NA CORDA FROUXA

Ismael "O Zidane da billarda" aprenséntase como o home a batir no "II Torneo do Palán de Ouro" xa que el é quen sustenta o trofeo da primeira edición. Fai agora un ano, San Xurxo catapultou a iste palanador de Celeiro de Mariñaos como a máxima estrela do deporte da billarda, despois dunha andaina un tanto irregular , San Pedro de Benquerencia pode ser de novo a súa consagración. Sabedor de que todas as olladas van ir dirixidas a el, Ismael coméntanos en exclusiva como se prepara para ista cita clave para o seu futuro coma palanador .

2 Comments:

  • At 1:14 PM, Blogger outro deporte é posíbel!! said…

    contacto co varal: ovaral@hotmail.com ou nos teléfonos 699.730313 / 619.570976.
    se podes confirmar a túa presencia e a do teu equipo antes do torneo moito mellor así xa contaríamos con vos no partido á hora de preparar os grupos clasificatorios.esperamos contactar contigo xa que está moi próxima a celebración do primeiro partido internacional de billarda entre Galicia e Asturias, para a semana temos pensado un especial sobre os palanadores da seleccion Astur, Atentos á xogada `porque outro deporte é posíbel!!.Animamos ós Mollados polo Miño de Meira que se acheguen a San Pedro e demostren os seus xeitos de galacticos das marxes!! Vémonos na gran procesión de palanadores de Benquerencia!!

     
  • At 1:08 PM, Blogger Turzi said…

    A data ficou marcada. Tentaremos facer o esforzo de participar o día 24 no Torneo do Palán de Ouro.
    Sabiades que para o día 28 de maio as Forzas Armadas Españolas organizaron un desfile militar na Coruña. Como moitas persoas deste país somos pacíficas e estamos totalmente en contra da violencia e dos exércitos, convidámosvos a participar o vindeiro día 23 de abril, día de Sant Jordi e véspera do torneo, nun desfile pacífico e antimilitarista polas rúas da Coruña para amosar o noso rexeitamento.
    Saúde e até o 23!

     

Postar um comentário

<< Home