O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 25, 2005

A ESTRELA BRILA DE NOVO

San Pedro de Benquerencia marcou un punto de inflexión na historia da LNB, a maxia voltou de novo a facer presencia nas pistas de billarda, Ismael Cabanas “O Zidane da Billarda “ demostrou dende o primeiro golpe que era un firme candidato para gañar de novo ,un ano despois o xa mítico” II palán de ouro”. Con un xogo absolutamente agresivo e sen posibilidade de resposta por parte dos seus contrincantes plantouse nas semifinais e arrasou con Toño o palanador dos Petapouco tivo unha tarde moi inspirada mais ante o furacan Ismael non hai inspiración que vaia se cun único golpe a máis de 60 metros de distancia mete a billarda entre os dous paus que marcan os Varal, pero iste non foi o único Varado que o resucitado Zidane da Billarda realizou na mollada tarde de San Pedro. Os reloxos marcaban as 19 horas cando os dous finalistas do II Palán de Ouro se dispunan a iniciar a carreira , a chuvia que ameazou toda a tarde fixo presencia nistes momentos de máxima tensión dos dous palanadores dos Petapouco da barreiros, David e Ismael víctimas da presión ,erraron os seus primeiros lanzamentos mais a resposta de Ismael ante un tímido arranque de David foi plantar ante o delirio das bancadas de San Pedro de benquerencia un novo Varado ou tiro directo que o voltaba a colocar entre a élite da LNB. Moitos botabamos de menos a Ismael “O Zidane da Billarda” , iste palanador de Celeiro de Mariñaos atravesou un ano de sequía total en canto a xogo e resultados nunha andaina do deserto que rematou en San Pedro de Benquerencia , a gran estrela da billarda brila de novo no ceo da LNB.

Resultados "II Palán de Ouro" / 24-4-05:

CUARTOS DE FINAL:

SERVANDO – ANA / LABRADA- DAVID / FRAN – TOÑO / VICENTE – ISMAEL

SEMIFINAIS:

ANA-DAVID / TOÑO- ISMAEL /

FINAL:

DAVID- ISMAEL

GAÑADOR:

ISMAEL CABANAS “ O ZIDANE DA BILLARDA”