O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 07, 2005


-ola Isma, nervioso ante o reto de voltar a estar entre os grandes?
-en absoluto, que nos últimos trofeos a sorte non estivera do meu lado non quere decir que perdera nen a forma nen os xeitos.
-en San Pedro , voltaremos ver ó gran Zidane da billarda?
-espero que si, durante as xornadas da escola de billarda tiven moi boas sensacións e saíronme uns golpexos excelentes.
-a verdade é que si, pode influir a tensión que imprime a alta competición para que ises golpexos non saian o ben que un quer?
-todos sabemos que na LNB agora máis ca nunca cada erro págase moi caro e iso imprime moita presión ó palanador .
-segues a ter unha das mellores saidas de carreiras pero incrementache a porcentaxe de erros ó caron do varal.
-tódolos palanadores e palanadoras temos partes do xogo no que somos mellores, a cuestión é acadar un equilibrio.
-isa danza de materiais na que estás inmerso , pensas que puido restar eficacia ó teu rendemento na pista?
-supono que te refires ós materiais que utilizo para a construcción dos paláns e das billardas, o rendemento de cada un na pista depende de moitos factores non só do material que se utilice.
-disposto a recuperar a lugar que che pertence? é dicir, o trono da LNB
-o palán de ouro significa moito para min e vou tentar poñelo xunto co da pasada edición.
Moita sorte Isma nisa cita ineludíbel que tes coa historia. Vémonos en San Pedro!! Posted by Hello