O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 24, 2005

FACE A FACE

O subcomediante H entrevista ó coordinador do Varal
-- Que fai um rockeiro como Xermán Viluba num campionato desportivo de
máximo nível como a LNB?
Sempre me sentin un intruso, intruso nos escearios e intruso nas pistas de xogo.

-- Se Massachusetts foi o berço do basket, podemos afirmar que o vale do
Masma é a meca da bilharda?
Nos xogos panamericanos celebrados en Cali ( Colombia) no 1971 Cuba quedou excluida , a teima dos deportistas e dos seus dirixentes fixeron que un porta-avións convertido en ximnasio levara ós atletas da illa a esixir a presencia no campionato, Cuba puido competir e gañou na final de beisbol ó equipo de Estados Unidos . A ilusión e as gañas de combatir o pensamento único é o berce que deu lugar á LNB.

-- Existem perspectivas para que a LNB estenda os seus tentáculos mais além
de Vilamartim Grande?
O nacemento do noso voceiro en internet O Varal, fixo posible que moita xente tanto da galiza coma do mundo se achegase á LNB e á súa filosofía , Lourenzá e Barreiros foron os concellos que acolleron de xeito exclusivo os primeiros torneos de billarda LNB, mais iste 19 de xunio despois de ano e medio disputando campionatos nises concellos do norte lugués , Meaño na provincia de Pontevedra vai ser sede dun torneo LNB, polo que tod@s estades convidados á gran festa da billarda na pista das Angustias a partir das 4 da tarde. Por outra banda na cidade Italiana de Verona no mes de setembro dispútase o III Torneo internacional de Billarda ó cal a LNB vai mandar unha delegación para enfrontarse a equipas Italianas , slovenas , croatas.......

-- Quais estám a ser as franquias e individualidades mais destacadas da LNB?
Existem já os galácticos da bilharda?
Falar de billarda LNB é falar de Ismael “O Zidane da Billarda” , un auténtico mito nas pistas de xogo , pertence á franquicia dos Petapouco de Barreiros que xunto cos Fungueiros de Lourenzá e os Caimaneros de Ribadeo polo de agora dominan a competición,

-- Estám já avondo definidos os aspectos técnicos e normativos do nosso
desporto?
Totalmente, a nosa é unha competición con regulamento pechado na que existen uns árbitros que dirixen os torneos, resumimos séculos de golpexos da madeira contra a madeira para facer unhas normas capaces de producir un deporte dinámico e espectacular que respondera ás necesidades da sociedade do século 21. Calquera pode ser tetigo disto que digo achegándose as pistas de xogo ou visionando o documental LNB , outro deporte é posible!! que os nosos amigos de elfarero.com produciron de xeito xenial.

-- As fotos que aparecem no vosso boletim electrónico O Varal amostram
jogadores bem mantidos e de idade... ehem.... avançada. Como vai o relevo
generacional no mundo da bilharda? E a incorporaçom da mulher palanadora?
Os loitaodres de sumo no xapón son todo uns sex-simbol, os atletas de alterofilia en turquia ou en hungría resultan tremendamente suxerentes e as marcas comercial apostan por eles , cada pais marca uns parámetros que dun xeito absurdo todos asumimos coma bos, penso en Pantani por exemplo ise ciclista tan fotoxénico que morreu de sobredose coma un can doente na cama dun hotel , victima de qué? Víctima dos excesos da alta competición e da estupidez.
A LNB é unha competición mixta na que as mulleres compiten en igualdade de condicións que os homes, polo de agora non tivemos ningunha muller gañadora de torneos pero si finalistas.

- Também podemos observar a fúria que caracteriza a torcida do nosso
desporto nacional. Vam adoptar-se medidas para prevenir acçons violentas nos
próximos campionatos?
Ser socio dun clube de futbol de alto nivel implica un importante desembolso económico para un traballador medio, mentras ise traballador está na cama descansando ises xogadores polos que sufre e ós que lles dá parte da súa suor , disfrutan da noite emborrachádose e indo de putas, en colombia o outro día viuse como martaban a navalladas a un afeccionado, e istes días uns afeccionados do atlético de Madrid tentaron linchar ós xogadores nun adestramento, qué carallo pasa? Tan raro é que alguén se achegue a un campo de billarda e participe da festa e da emoción herdada de tantos anos de sufrimento.

-- Fala-nos de Fernando de Recemil. Som certas as bisbilhotices que falam
dele como o primeiro seleccionador nacional de bilharda?
Fernándo enfróntase ó reto máis importante da súa vida deportiva, diseñar a primeira selección galega en competición oficial, catro son os palanadores que o noso seleccionador ten que convocar para disputar o torneo internacional de Verona

-- Aspira a bilharda a substituir o futebol em todas as suas dimensões?
Veremos palanadores metrossexuais fazendo anúncios para Gucci?
Agardo que ningún palandor ou palanadora poida apoiar marcas que dun xeito reiterado explotan xente , incluso nenos na elaboración dos seus productos. O futbol é só un producto mediático igual que o basket o foi fai uns anos ou agora a fórmula 1 acapara a atención dos afeccionados, as tendas de roupa venden milleiros de camisetas de pilotos de coches e de motos , estou seguro que se un medio aposta por nós os rapaces e rapazas mercarían encantados as camisetas dos seus ídolos LNB, polo de agora non se quere o que non se coñece.

-- O próximo encontro marcado pola LNB é o “II Súper-Palao de Primavera”, a
celebrar em Celeiro de Marinhaos (Barreiros) o próximo 29 de Maio. Quais som
as perspectivas?
Nunca se pode saber de antemán que vai acontecer nun torneo LNB, cando Celeiro acolleu anteriormente un torneo LNB un diluvio caeu sobre a pista de xogo, ningún palanador nin palanadora pediu a suspensión, mollados pola carraxe!!

-- Obrigado por atender o repórter das VA-CA News. Queres dirigir-te aos
nossos leitores?
A música na galiza e a cultura en xeral está a perder moitos espacios, salas nas que antes se podía escoitar grupos en directo pasáronse ó espectáculo pseudo-sexual dos boys e das go-gos , fai un mes na sala O Recreo de Lourenzá espectáculo de go-gos nunha festa que patrocinaba unha coñecida marca de bebida alcoholica, noutro local de Burela actuación de boys , nos carteis aparecían uns tíos musculados tapando os collóns coas mans e en Ribadeo un coche con altofalantes anunciaba un show lesbico de “dos chicas dándolo todo”. O domingo 24 de marzo polas 15:30 da tarde diríxome hacia a pista de San Pedro de Benquerencia para a disputa do “II Palán de Ouro” absolutamente concentrado para tratar de facer un bo papel nun dos torneos mais importantes da LNB, pasando a gasolineira da Debesa hai unha explotación con vacas, dun xeito mecánico torcín a ollada cara elas e vexo no medio do grupo de animais unha vaca que monta noutra tratando de loitar contra os quentes opresores , pensei de contado no que escoitara o día anterior , mais agora eran duas VA-CAS as que o daban todo nun prado da Debesa ó caron da estrada.
Só decir que estou encantado de falar dandoo todo para un medio libre como é VA-CA news e que a LNB quere que ista relación de amizade e de colaboración se consolide para xuntos crear un novo escenario mediático. Saudos dende os escombros de confusión.