O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 30, 2005

SEN PERDÓN

Celeiro da Mariñaos foi esceario dun auténtico duelo dos que fan historia, dous grandes mitos da LNB fronte a fronte de novo nunha final dun torneo Grand Slam. San Pedro de Benquerencia deixou a David co alento cortado ante o Varado de Ismael que se levou o Palán de Ouro, pero sobre o cemento pulido de Celeiro, David non estaba disposto a deixarse sorprender de novo. Despois dunha loita a cara de can para pasar as previas os dous palandores dos Petapoco chantáronse na final confirmando así a supremacía actual da cor vermella na competición . Ismael “ o Zidane da billarda” estaba disposto a apretar o gatillo e liquidar dun só golpe ó seu oponente , pero ista vez non puido ser así, David soubo agradar e realizou unha magnífica tarxeta nista derradeira carreira para co par da pista é decir, con tres golpes poder tumbar a un Zidane obsesionado con acadar a victoria cun único golpe, de feito a pista de Celeiro foi un clamor ata o último suspiro da final na que os milleiros de afeccionados padíanlle ó seu ídolo “O Zidane da billada” que repetira o Varado acadado no campionato anterior. Non puido ser, David defendeu con uñas e dentes o título que ostentaba dende o ano pasado e voltou a levar o Super-Palán de Primavera para a súa vitrina particular. Noraboa David , seguiremos de perto as evolución diste galáctico de San Xusto.