O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 13, 2005

REPÚBLICA BILLARDA

A cuestión é que a final a tres asaltos enfrontaba a Ismael “O Zidane da Billarda” e a Aitor, candidato a deputado no parlamento galego pola FPG que como se dun cara a cara se tratara preparábase concienzudamente despois do bo papel realizado no anterior Torneo de Celeiro de Mariñaos para acadar definitivamente o título nun grand slam LNB. Ante a tenta mirada duns siadeiros entregados á causa Aitor iniciou carreira competindo con palán LNB e deixando aparcado o seu material de golpexo aínda que mantivo ate o final a billarda de propia construcción coa que estivera adestrando antes de achegarse á pista de asfalto de Xil.
Mais, qué se pode facer ante un Zidane da Billarda en racha? Coma se dun furacán de xogo se tratase Ismael bateu a Aitor en só dous asaltos, dúas carreiras foron suficientes nunha final disputada ó mellor de tres para demostrar que a día de hoxe Ismael , o Zidane da Billarda é o lider indiscutible da competición , con iste van tres títulos LNB acadados de xeito consecutivo, un Amstrong da billarda que vai camiño dos 5 torneos consecutivos sen despeitearse, a guagua da LNB vai ter que seguir buscando contrincantes para iste autentico palanador prodixio, queres ser ti o seguinte en pasar pola pedra? / ovaral@hotmail.com