O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 12, 2005

LNB GRAFFITI

A nosa pequena e modesta redacción está botando fume por mor da gran afluencia de comentarios dos palanadores e palanadoras que decididamente se tiraron ó monte sen rozar que é O Varal para deixar constancia escrita das súas impresións sobre o inminente comezo da SuperLiga de billarda- LNB. Aledámonos de que todos os xogadores e afeccionados vaian espetando no noso muro os seus estalos de paixón, especialmente orgullosos estamos pola presencia na web da gran estrela diste deporte das marxes , Ismael “O Zidane da billarda” entrou no rondo para facer fronte ás verbas dos palanadores da EkipA SaFaRi , isa espectacular franquicia que vai debutar ista tempada na LNB e que vai tentar acaparar os titulares de prensa , radio e televisión a partires do 16 de outubro, fecha que se perfila para o arranque da tempada 2005-06 de billarda –LNB. Palanadores e palanadoras!! Pintade as paredes do Varal cos vosos sprais , acendede a chama e presentádevos ante o mundo coma palanadores e militantes da filosofía da LNB!!