O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 09, 2005

Pero os Petapouco demostraron unha vez máis ser a franquicia máis sólida introducindo catro dos seus palanadores nista recta final e puntuando así moi alto na taboa de franquicias na que seguen marcando distancias. Semifinal vermella con David e Servando loitando por unha praza na final e na outra carreira enfrontamento azul cun Toño e Xermán que voltaban verse as caras no mesmo sitio que en Santo Adrao.
Coa noite botándose encima dos palanadores e as castañas estalando no lume deu comezo a finalísima de Ribadeo, os siadeiros barraban e animaban ós palanadores que despois de pasaren tantas roldas tiñan a tensión a flor de pel, cada erro págase caro e iso foi o que lle aconteceu a David, nise toque fronte ó varal que podedes vivilo en toda a súa plenitude no estalo nº4 de TELE-VARAL, apupado polos berros dos afeccionados da EkipA SaFaRi , xermán , o palanador do Castro tensou os músculos e foi quen de introducir cun transcendental golpexo a billarda entre os dous paus do Varal. Viño e castañas de parede puxeron o punto e seguido a unha competición que moi axina vai transladar toda a súa infraestructura e emoción ás maravillosas terras de Vilamartin –Pequeno donde se vai celebrar o xa mítico Torneo do Galo....... imperdible!!!!