O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 07, 2005

RACHANDO AS OLAS!!

O cantábrico piscina foi o fondo dunha magnífica posta en escena na que a *SUPERLIGA* LNB presentou o seu segundo asalto tomando o peirao de vila fronteiriza de Ribadeo. Nen a escuridade ameazante foi quen de deslucir unha histórica xornada na que ademais de reunir os mellores palanadores e palanadoras da competición foi quen de convocar a un vento mareiro que non quería , ó igual cos numerosos afeccionados ribadenses , perderse por nada o gran espectáculo da Billarda-LNB. Cun xogo sempre na folla da navalla , o lider da competición, Xermán Viluba foi colándose nas roldas ate chegar ó cara ou cruz da finalísima diste "III Torneo do Magosto" donde se toparía cun David dos Petapouco de Barreiros , que desenrolando un moi bo xogo quería por a guinda acadando o triunfo final. A sorte ó final foi para o palanador da EkipA SaFaRi, Viluba, de novo utilizando a estratexa do grilo foi mimando pouco a pouco nunha carreira que iniciou mal , David sabe que nos ultimos metros fronte ó varal a billarda pesa toneladas por mor da tensión acumulada e foi nise crítico instante cando o palanador dos petapouco fraqueou, situado a uns pasos máis atrás Xermán golpexou con decisión e decantou ó seu favor unha final que o mantén na cabeza dista electrizante competición da *SUPERLIGA *. Sintoniza coa LNB , sintoniza TELE-VARAL!!

2 Comments:

  • At 3:07 PM, Blogger David said…

    Parabéns a todos os palanadores e ánimo!!! Parece que a Ekipa Safari e os Petapouco se afianzan como os equipos máis en forma, mais aínda queda moita *SUPERLIGA* LNB xD!
    PS:Por certo, a ver se conseguides unha pista pola zona da Coruña, que aquí hai moitos fans da LNB ;-D!

     
  • At 3:27 PM, Blogger outro deporte é posíbel!! said…

    a *SUPERLIGA* busca novos espacios e A Coruña é un dos favoritos para dar o chimpo, David se sabes dalgunha pista posíbel de superficie firme duns 40 x 20 aproximadamente ponte en contactocon nós que a guagua arrinca queimanando os motores!!
    ovaral@hotmail.com

     

Postar um comentário

<< Home