O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, fevereiro 28, 2005


O DOMINGO 6 DE MARZO COLLE O AVIONETO DO VARAL , ACENDE O GPS E ATERRA NA PISTA DE TERRA BATIDA DA TILLEIRA, A GRAN FESTA DA BILLARDA AGARDA POR TI!! Posted by Hello

O GPS DA LNB

Ista é a sección do varal dixital na que conducimos ós que nunca estiveron alí, se vives nos escombros do confusión dunha cidade coma Saraxevo , ou se andas a berros entre os canguros nisa cidade portuaria chamada Canberra , se estás de tratante de cabalos en Ulan Bator ou se exerces de motorista imposible nas rúas desfeitas de Bankok , ista é a túa sección!! O GPS DA LNB vaite guiar ata a pista de Lourenzá para que ti , emigrante do palán que estás a milleiros de kilómetros de distancia chegues sen nengún problema para a desputa do lacón da LNB.
Os dous aeroportos máis cercanos a Lourenzá son o de Lavacolla en Compostela e o de Ranón de Avilés.
Postos en Compostela temos que seguir sempre dirección Oviedo, colleremos o desvío a Vilalba , niste punto e vendo o mal que se come nos avións recomendamos facer unha parada en Abadín para saborear no Niza o típico chuletón de xato , despois podemos facer unha pequena visita turística á aldea de Sabordas no propio concello de Abadín , aldea que saíu nos noticieiros de toda Europa porque a luz chegou o en xaneiro do 2005, pois vaia cousa!!, no GPS da LNB solidarizámonos cos vecinos e veciñas de Sabordas en canto que pensamos que para o que hai que ver, a luz chegou con tempo de sobra.
Despois desta paradiña imos dirección a Mondoñedo, seguides un cachiño e xa vos metedes para Lourenzá, no campo de terra anexo ó estadio de futbol alí estará toda a LNB agardando por vos.
Se aterrades en Ranón , saídes dirección a Ridadeo, a parada para o xantar recomendámola en Villuir, restaurante ó lado da estrada en Santiago, xusto na entrada da gran recta de Otur, cando pasedes a ponte dos Santos en Ribadeo seguides todo recto, só está a rotonda de Barreiros na que tedes coller dirección A Coruña, niste punto xa case estades co palán na man, o seguinte desvío xa será o de Lourenzá, preparádevos porque xa estades cun pé no campo de terra batida da Tilleira.
Imposible perderse, achégate a Lourenzá iste domingo día 6 de marzo, consulta o GPS da LNB e súmate á gran festa da billarda, porque outro turismo é posible!!

quinta-feira, fevereiro 24, 2005


VAI SER AQUÍ!! , O DOMINGO 6 DE MARZO ISTAS BANCADAS DO CAMPO DE TERRA DA TILLEIRA EN LOURENZÁ VAN ARDER COA EMOCIÓN , A LNB PREPARA XA O GRAN ACONTECEMENTO DO TORNEO DO LACÓN, NON PODES FALTAR!! Posted by Hello

Fernándo da franquicia de Recemil, é o candidato mellor situado para dirixir á primeira selección galega de Billarda. As súas dúas paixóns son a caza e a billarda, de seguro que vai conducir ó noso combinado nacional ás máis altas cotas , seguirémos o rastro diste adestrador armado ata os dentes de ilusión e coraxe. Posted by Hello

A FURIA DOS SIADEIROS DA LNB. Posted by Hello

A LNB , UNHA APOSTA DE FUTURO. Posted by Hello

Chamadas perdidas nun terreo de xogo, Paco Mariña , ise gran batería do mítico grupo ALKARPA olla as chamadas perdidas das fans no seu teléfono mobil , Alkarpa , Galiza necesítavos!! Posted by Hello

LOURENZÁ DOMINGO 6 DE MARZO, ACHÉGATE Ó GRAN TORNEO DO LACÓN , PODES VIR CO CAN OU CON CALQUER OUTRO TIPO DE ANIMAL DE COMPAÑA DOMESTICADO OU SALVAXE. Posted by Hello

paixón pola billarda Posted by Hello

NOVAS DA LNB

O DOMINGO 6 DE MARZO DURANTE A CELEBRACIÓN DO GRAN TORNEO DO LACÓN ,VAI PRESENTARSE O SEGUNDO NÚMERO DO REVISTA O VARAL, ACHÉGATE A LOURENZÁ E PARTICIPA DA GRAN FESTA DA LNB!!

quarta-feira, fevereiro 16, 2005


SERVANDO , UN DOS FAVORITOS PARA GAÑAR O LACÓN DA LNB EN LOURENZÁ, GOLPEXA DE XEITO ESPECTALULAR A BILLARDA NA ZONA DE SAÍDA. Posted by Hello

sexta-feira, fevereiro 11, 2005


A LNB SABE QUE CONTA CUNS SIADEIROS TRANQUILOS E PACÍFICOS PERO HAI VECES QUE A TENSIÓN DO XOGO DA BILLARDA SE TRANSMITE ÁS BANCADAS, POR ISO A LNB TEN UN SEGURO CONTRATADO QUE COBRE CALQUERA INCIDENCIA QUE LLE POIDA ACONTECER TANTO ÓS PANADORES E PALANADORAS COMA Ó PÚBLICO ASISTENTE. Posted by Hello

quarta-feira, fevereiro 09, 2005

" II TORNEO DO LACÓN "

UN DEPORTE PARA XENTE SEN DIETAS

"II TORNEO DO LACÓN " A CITA NA CIDADE DEPORTIVA DE LOURENZÁ O 6 DE MARZO A PARTIR DAS 16 H. A INSCRIPCIÓN DE PALANADORES E PALANADORAS FARASE DE 15:30 A 16 HORAS.  Posted by Hello

sexta-feira, fevereiro 04, 2005


A LNB INICIA OS PREPARETIVOS PARA O GRAN TORNEO DO LACÓN A CELEBRAR NA CIDADE DEPORTIVA DE LOURENZÁ, NISTA XA SEGUNDA EDICIÓN DO CAMPIONATO DE ENTROIDO VAN DARSE CITA NA TERRA BATIDA DO CAMPO DA TILLEIRA AS GRANDES ESTRELAS DA LNB, ANÍNATE E APUNTATE ! , OS HORARIOS DE INSCRIPCIÓN SON DE 3:30 DA TARDE ÁS 4 DA TARDE DO DOMINGO 6 DE MARZO , A CONTINUACIÓN DARÁ COMEZO A COMPETICIÓN. Posted by Hello

quinta-feira, fevereiro 03, 2005

NOVAS DA LNB

DOMINGO DÍA 6 DE MARZO NA CIDADE DEPORTIVA DE LOURENZÁ ( A TILLEIRA) DISPUTARASE O SEGUNDO TORNEO DO LACÓN.

TODOS E TODAS Á TILLEIRA.