O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 31, 2005

A GUAGUA DA LNB

Queres que a LNB vaia onda ti e organice un Torneo de Billarda?
A Guagua da LNB chegada directamente dende La Habana (Cuba) , lévanos a calquera sitio , ti soio ponte en contacto con nós e dinos a donde temos que ir, busca unha pista de xogo e a LNB en pleno con todas as súas estrelas e infraestructura organizativa vai onda ti para disfrutar da gran festa do deporte da billarda.
Contacto: ovaral@hotmail.com / 619.570976

A guagua da LNB xa está cos motores rumbando!! Posted by Hello

NOVAS DA LNB

Mentras os nenos e nenas da Escola de Billarda disputaban o seu torneo en Barreiros , en Riotorto a só uns poucos kilómetros de distancia tiña lugar na Casa da Cultura a asemblea constituínte de Brinquedia (Rede Galega do Xogo Tradiciona) . Malia non poder asistir físicamente ó acto polas nosas obrigas na escola , os membros da LNB compartimos e apoiamos planamente os postulados dista asociación para a defensa e consecución dun espacio real para a práctica e difusión das difrentes disciplinas do deporte tradicional.

Riotorto acolleu a asemblea constituinte da federación galega de xogos tradicionais. Posted by Hello

quarta-feira, março 30, 2005

QUERO SER COMA BECKHAM

Vicente , o Beckham da ponte da pedra foi o gañador do último torneo da LNB mais xa ten competidores para un futuro moi próximo formados nisa factoria de soños chamada Escola de Billarda.

Zidáns e Pavóns disfrutaron do deporte da billarda. Posted by Hello

CRÓNICO: ESCOLA DE BILLARDA

O deporte da billarda viviu tres días de intensa emoción , nen os máis optimistas podiamos pensar fai só dous anos que unha manada de nenos e nenas famentos de billarda saltarían da cama istes tres días santos a primeira hora da mañá coa única ambición de acudir á escola de billarda, isa escola donde os mestres son un alumno máis tratando de apreixar a sabedoría dos máis cativos e donde ademáis de aprender a xogar a iste deporte tradicional se aprende a relacionarse e respeitar ós demais.
Nenos e nenas de diferentes latitudes da penísuma ibérica se deron cita os tres días que duraron as clases na I Escola de Billarda celebrada na pista de cemento pulido de Barreiros.

alumnos da Escola practicando a técnica de xogo. Posted by Hello

XOVES 24 / 3 / 05

A tensión era papábel na faciana dos mestres sabedores que gran parte do futuro do deporte da billarda estaba depositado nas súas mans.
E non defraudaron, un día explendido recibiu ós primeiros alumnos e alumnas que se achegaron á escola , nun primeiro intre os monitores eran os que manipulaban os materiais deportivos para que os rapaces por medio da visualización directa pudieran ir adquirindo as primeiras nocións do xogo.
A operación saida era unha realidade palpábel , a carabana multicor de coches ateigados de xente pasaba pola estrada con mirada atónita cara o espectáculo da Escola de Billarda, a porta do supermercado de enfrente da pista de xogo escupía homes e mulleres carrexando bolsas de plástico repletas de productos que de xeito matemático ollaban para isa fotografía en movimento que representaban os alumnos da Escola de Billarda iniciándose no manexo dos paláns e das billardas.
A última parte da primeira clase foi adicada ás explicacións teóricas sobre as orixes e a metodoloxía técnica do deporte da billarda, Xermán , o tricampión da LNB demostrou mediante o emprego do pau de golf que iste deporte é fillo ó igual que o críquet ou o béisbol da nosa billarda, na súa exposición amosou as semellanzas no xeito de agarrar un pau de golf e un palán de billarda, o xogador dos Celitas do Castro utizou tamén unha raqueta de tenis para demostrar que a mecánica de golpexo da billarda no ar é moi similar á do passing shot do tenis.
Finalizado o primeiro día de clase , moitos nenos e nenas negábanse a abandoar o material deportivo e seguiron practicando xunto con algúns maiores tamén interesados niste espectacular deporte sempre baixo a atenta mirada dos monitores acreditados pola LNB.

A Escola de Billarda iniciando a súa andaina. Posted by Hello

terça-feira, março 29, 2005

VENRES 25 / 3 / 05

As 11:30 era a hora marcada para o inicio das clases pola organización da Escola de Billarda , pero xa moito antes a pista de cemento de Barreiros era pasto dos nenos pedindo a berros que as portas invisibles da escola se abriran para poder iniciar as clases.
Os alumnos do primeiro día repetiron entusiasmados e xa amosaban unha moi boa técnica no seu primeiro contacto co material de xogo, os nenos das Escolas Deportivas da Mariña Oriental uníanse á gran festa da billarda e como era o primeiro día recibiron unha pequena noción teórica antes de coller os paláns e as billarda.
Os mestres da escola dividiron a pista en dúas partes , mais a mala sorte fixo acto de presencia e Diego, un dos mellores palanadores da escola foi mancado na cabeza por un golpe fortuito dunha alumna , inmediatamente os servicios sanitarios da escola se puxeron en marcha e o neno foi atendido no centro de urxencias de Ribadeo, por sorte, non temos que lamentar ningún dano máis aló do susto pola hinchazón.
Iste segundo día estivo marcado pola lesión de Diego, de tódolos xeitos , os nenos e nenas pudieron seguir practicando o seu xogo cos monitores para o gran torneo que a escola tiña preparado para o domingo. A billarda iniciou o camiño cara a consolidación coma deporte normalizado , isa é a filosofía que a escola tenta expandir, tanto os alumnos os non alumnos pudieron ver e sentir que outro deporte é posible!!

Alumnos da Escola practicando a saida de carreira. Posted by Hello

DOMINGO 27 / 3 / 05

Non se notaba en absoluto a tensión que un alumno normal sinte antes de entrar nun examen, nista escola de billarda iso non existe, o torneo non supuña unha proba final para ver de avaliar o nivel de cada palanador ou palanadora, iste torneo escola de billarda é simplemente unha cuestión iniciática, que os cativos sintan o son da madeira contra a madeira tentando meter a billarda entre os dous paus do Varal, sentir o alento do competidor cando se inicia unha carreira , ver a dinámica do xogo e desenrolar a técnica que se foi aprendendo durante os días de clase, istes son os fins principais que se perseguen coa celebración diste pequeño torneo entre nenos e nenas da escola.
Alumnos galegos , bascos e madrileños competiron entre si de xeito exemplar , ningún deles tentou pasar por riba do outro utilizando prácticas ilícitas nen trampas de ningunha clase, todos , alumnos e mestres tentamos aportar o mellor de nós para que o outro aprendese o que nós sabemos , isto tan básico é o que fai da escola de billarda un lugar único , un lugar de encontro donde todos saimos gañando. Unidos pola billarda, porque outra escola unitaria é posible .
Escola de Billarda , a escola unitaria do século 21.

Marcos disputando unha carreira no Torneo Escola de Billarda Posted by Hello

quarta-feira, março 16, 2005

ESCOLA DE BILLARDA

Barreiros ofrece unha alternativa perfecta para ista semana santa, a Escola de Billarda abre as súas portas , entra e disfruta diste espectacular deporte.
A cita é na Praza do Concello .
- Xoves 24 de marzo de 11:30 a 1:30 presentación da asociación deportivo e cultural O Varal e primeiro contacto co material de deportivo.
- Venres 25 de marzo de 11:30 a 1:30 principais técnicas de xogo e obradoiro para a construcción de billardas e paláns.
- Domingo 27 de marzo de 11:30 a 1:30 , primeiro torneo escola de billarda a calebrar entre os participantes nas xornadas deportivas .

Equipo de monitores da "Escola de Billarda". Posted by Hello

segunda-feira, março 14, 2005

O PICHON DA LNB

Queres que a LNB se desprace onda ti para organizar un torneo, queres información privilexada para asistir ós campionatos da LNB ,practicas a billarda de xeito clandestino e non sabes como arranxar ista terrible situación , non o dubides máis , ponte en contacto con nós por medio do Pichón da LNB, é igual dende onde o ceibes, el sempre atopa o camiño para o seu niño aquí, no varal dixital.

ovaral@hotmail.com / 619.570976
 Posted by Hello

NOVAS DA LNB

O concello de Barreiros xunto coa Asociación Cultural e Deportiva “O Varal” organiza o programa “Escola de Billarda”.
Trátase dunha iniciativa pioneira orientada a que os nenos e nenas do concello de Barreiros coñezan e practiquen o deporte tradicional da billarda.
Para elo , os días 24 , 25 e 27 de marzo os monitores da A.C.D “O Varal” impartirán cursos para o coñecemento desta disciplina deportiva, o prazo de inscripción no concello , na biblioteca ou no OMIX DE Barreiros está aberto ata o 22 de marzo.

"ESCOLA DE BILLARDA" UN XEITO DE APRENDER DISFRUTANDO.
 Posted by Hello

sexta-feira, março 11, 2005

TITULARES DE PRENSA

"Vivente demostrou ser o as da billarda e hoxe ceará lacón" .Iste é o tilular da contracapa do xornal A Mariña do 11-3-05 , a LNB vai conquistando espacios de difusión mediática, hoxe foi iste xornal que edita El Progreso de Lugo pero mañá pode ser a portada do Marca ou do Mundo Deportivo. O final do ciclo dos galácticos do futbol coincide co ascenso das novas estrelas da billarda.

OUTROS GALÁCTICOS E GALÁCTICAS SON POSIBLES!! Posted by Hello

quinta-feira, março 10, 2005

O TRANSISTOR DA LNB

Os crónicos da LNB xa teñen voz nas ondas. O mèrcores día 9 de marzo na COPE Ribadeo puidemos escoitar un resumo do crónico do "II Torneo do Lacón" celebrado na Tilleira . O mundo soubo que a emoción de gañar un lacón na LNB só é comparable á de acadar a ensaladeira de ouro na herba de Winblendon. Agardamos próximo o intre no que os micrófonos se acheguen ás pistas de xogo para retrasmitiren os partidos en directo. Saude e billarda.

Iste afgano escoitou o crónico na súa tenda de campaña.
 Posted by Hello

PEGADAS DA LNB

Un palanador local demostrou que a billarda do século 21 necesita das achegas dos máis veteranos , Emilio da Tilleira demostrou precisión e técnica depurada en cada golpexo, nen os 30 anos sen un palán entre as mans pudieron borrar os xeitos de mestre deste xogador experto de billarda. As miradas atentas dos máis xoves nos inicios de carreira e en cada golpe na pista de terra batida fixeron de Emilio o palanador máis admirado e aplaudido do II Torneo do Lacón. Esperamos compatir con Emilio moitos torneos máis, animamos con isto a xogadores de billarda que practicaron de nenos a que se acheguen ós campionatos da LNB para compartir paixón e emoción cos novos palanadores e palanadoras, todos somos necesarios, a festa continua nos terreos de xogo!!

Emilio da Tilleira despois de gañar unha carreira nas roldas clasificatoris polo título no "II Torneo do Lacón".
 Posted by Hello

quarta-feira, março 09, 2005

DE VIGO Á TILLEIRA

Dende Vigo chegou a gran sensación do “II Torneo do Lacón”, Aitor é xa a gran referencia da LNB no sur da Galiza, coma se dun old black apunto de entrar na melée Aitor aterrou no campo de terra da Tilleira disposto a todo , disposto a participar e disfrutar da gran festa da LNB, disposto a coñecer de primeira man a palanadores e palanadoras que teñen paixón coma el polo deporte da billarda, e sobre todo , confirmar iso de que outro deporte é posible!,Aitor traía palán e billarda feito polo seu avó , aínda que xogou co material regulamentario da LNB, en cada golpe da madeira contra a madeira ía un pedazo de historia e da furia herdada dos antepasados. Sabemos que hai xestións para que a LNB se desprace para organizar un torneo , os motores da guagua da LNB xa están fungando coa emoción!!. Saudos e billarda ¡!

Aitor coa sudadeira da selección nova zelandesa de rugbi lanzando a paus. Posted by Hello

terça-feira, março 08, 2005

DÍA DA MULLER PALANADORA

O NOSO DEPORTE TEN XÉNERO FEMENIMO, NO VARAL QUEREMOS QUE O 8 DE MARZO SEXA TAMÉN , DÍA DA MULLER PALANADORA! PARA QUE TODAS AS MULLERES DEFENDAN OS SEUS DEREITOS DENTRO E FÓRA DAS PISTAS DE XOGO.

Ana da fraquicia de Lourenzá acadou a medalla á primeira muller clasificada xogando a final polo título , sen dúbida é a muller máis regular da competición, iste 8 de marzo queremos dende o varal felicitar a todas as mulleres traballadoras e en especial ás mulleres que forman parte da LNB , tanto ás xogadoras coma ás que axudan na infraestructura dos torneos coma a aquelas mulleres que se achegan ós terreos de xogo para animar e participar da gran festa da LNB. Posted by Hello

Disputa da eliminatoria previa ó inicio do campionato, Fran da franquicia de Recemil e Miguel dos Celitas do Castro , venceron a dous debutantes na competición, Mariana a palanadora herculina e Anxel , o Figo da billarda. Posted by Hello

CRÓNICO:

"II TORNEO DO LACÓN" A TILLEIRA / 6-3-05

A pantasma da suspensión sobrevoou o escuro ceo da Tilleira en Lourenzá para a disputa do II Torneo do lacón , mais a cordura impúxose e o que nun principio eran dúbidas sobre un posible empeoramento do tempo tornouse confianza ante as verbas do Bruxo do Varal que nunha comunicación inestremis anunciou dende o seu refuxo de Nairobi que o tempo na Tilleira ía ser frío pero sen precipitacións.
O frío da tarde contrastaba coa calor dos siadeiros nas bancadas da Tilleira que se preparaban para animar ós seus xodadores preferidos.
Na pista de terra os competidores analizaban o terreo de xogo e trataban de adaptarse o máis rápido posible , nunca antes na LNB un torneo se disputara en terra batida, cuñas de pedra e de madeira acompañaban ás billardas para o seu mellor levantamento.
A masiva afluencia de público e palanadores fixo que se tivera que xogar unha rolda clasificatoria entre os últimos inscritos para ver quen pasaban á disputa do II torneo do lacón.
Miguel dos Celitas do Castro e Fran da franquicia de Recemil fixeron valer a súa maior experiencia na competición para deixar fóra a unha debutante Mariana ,palanadora coruñesa que inicia a súa andaina na LNB demostrando un moi bo estilo de xogo , outro debutante Anxel , o Figo da billarda quedou tamén fóra pese á súa experiencia na superliga portuguesa., xunto con Carlos forman o temido tanden luso da LNB.
16 palanaores e palanadoras iniciaron a disputa do II Torneo do Lacón divididos en catro grupos, no grupo D temos que destacar o nacemento dun novo galáctico do deporte da Billarda, dende Vigo chegou cargado cun palán e unha billarda feita polo seu avó para competir na terra batida da Tilleira, Aitor ise Vlado Gudel da billarda demostrou talento e gañas de facer algo grande dentro da LNB, no grupo C sobresaíu a figura de Emilio, veterano xogador de billarda que se achegou por primeira vez ós torneos da LNB para deixarnos a todos abraidaos coa súa técnica e mestría no xogo.
Nos cuartos de final entraron Miguel dos Celitas , que prefire a terra batida ás superficies rápidas e Emilio que non puido facer frente na súa serie ó xogo gañador de Vicente , ise galáctico da ponte da pedra ía lanzado polo lacón de porco celta , quén llo podía impedir? Nen o tricampión da LNB Xermán dos Celitas do Castro foi quen de frear a furia da zurda do Beckham da ponte da pedra que se plantou na final contra Ana da franquicia de Lourenzá que derrotara a Urbano dos Caimaneros de Ribadeo na billarda máis longa e na semifinal a un David preso polos nervos .
A final enfrontou a Ana cun Vicente arrolador, non importaba que os dous protagonistas compartiran o mesmo teito, na LNB cada un ten que mirar polo seu e así foi, Ana atrancouse na saida deixándolle o camiño libre a un Vicente mentalizado para a victoria, a final de infarto en Cabarcos puliu xa para sempre a iste galáctico da billarda que inicia a súa andaina no máis alto do podium. Merecido trunfo dun dos palanadores máis regulares da compatición, noraboa Vicente , que disfrutes do lacón salgado e a prepararse para o próximo torneo.

Toda a emoción vivida na Tilleira demostrou que......

OUTRO DEPORTE É POSIBLE!!

Público abarrotando as bancadas do campo de terra da Tilleira para ver as evolucións dos seus palanores e palanadoras preferidos na disputa do" II Torneo do Lacón ", nen o frío máis intenso puido estragar a gran festa da LNB. Posted by Hello

segunda-feira, março 07, 2005

NOVAS DA LNB

A zurda de ouro da LNB conquistou o "II Torneo do Lacón " , Vicente nunha tarde fría pero intensa acadou cun xogo maxistral o campionato xogado na terra batida da Tilleira, despois de pasar as roldas clasificatoris sen demasiados apuros deixou na cuneta á gran sensación do torneo , Emilio, veterano xogador de Lourenzá amosou dotes de mestre no manexo do palán e da billarda, Xermán , o tricampión da LNB tampouco foi rival para un inspiradísimo Vicente que eliminou na final a unha loitadora Ana da franquicia de Lourenzá que tamén anda rondando o triunfo nun dos torneos da LNB. Queremos felicitar non só ó campión do Lacón da LNB senón ás palanadoras e palanadores que participaron no campionato ,ás responsables da Cantina da LNB, a todo o público que se achegou á Tilleira desafiando o frío e a auga, a todas as empresas e institucións que colaboraron coa organización do torneo, moitas grazas a todos xa que todos e todas somos necesarios para que a gran festa da LNB continue espllando emoción e paixón polo deporte da billarda. Vémonos no próximo torneo!!

VICENTE, O PALANADOR DA PONTE DA PEDRA, PROCLAMOUSE VENCEDOR DO "II TORNEO DO LACÓN" CELEBRADO NA PISTA DE TERRA BATIBA DA TILLEIRA (LOURENZÁ).VICENTE É UN DOS XOGADORES MÁIS REGULARES DA COMPETICIÓN , DESPOIS DE DISPUTAR VARIAS FINAIS , FOI NA TILLEIRA DONDE ACADOU O SEU MERECIDO PREMIO. NORABOA VICENTE!!  Posted by Hello

quarta-feira, março 02, 2005

A EMISIÓN INTERNACIONAL

Party of billarda, Sunday 6 of March in the land field of A Tilleira / billarda 黨, 星期天6 3月在Tilleira 的土地領域 / parti de billarda, dimanche 6 mars dans le domaine de terre de A Tilleira / partij van billarda, Zondag 6 van Maart op het landgebied van een Tilleira / billarda의 당, Tilleira의 땅 분야안에 3 월의 일요일 6 / партия billarda, Воскресенье 6 от марта в поле земли Tilleira / billarda の党、 Tilleira の土地分野の3 月の日曜日6 / DIFERENTES LINGUAS PARA O MESMO DEPORTE, FALES O IDIOMA QUE FALES O DOMINGO 6 DE MARZO VÉMONOS NO CAMPO DE TERRA DA TILLEIRA (LOURENZÁ )

NAIROBI (KENIA) , DECLARACIÓNS EXCLUSIVAS DO BRUXO DO VARAL . Posted by Hello

AS PREDICCIÓN DO BRUXO DO VARAL

contactamos co bruxo do varal para que nos diga cales son as súas prediccións meterolóxicas para o domingo 6 de marzo durante a disputa do torneo do lacón na Tilleira (Lourenzá).
COMENTARIO

Situación moi semellante á destes días , co anticiclón centrado nas Illas Británicas e con aire frío en altura. Para o domingo agardánse intervalos nubosos, con chuvascos, de neve por riba dos 600 metros. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, continuando as máximas sen cambios. Os ventos soprarán moderados, de compoñente norte.


ESTADO DO CEO

Intervalos nubosos, con chuvascos que serán de neve por riba dos 600 metros.


TEMPERATURA

Temperaturas mínimas en moderado ascenso e máximas sen cambios.


VENTO

Ventos moderados, de compoñente norte.


MOITAS GRAZAS BRUXO, SEGUIMOS EN CONTACTO.