O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 28, 2005

DESEMBARCO EN RIBADEO

A *SUPERLIGA * de billarda-LNB desembarca no peirao de Ribadeo o 6 de novembro cun cargamento inmenso de viño , castañas e emoción para a desputa do “III Torneo do Magosto”. Ë a primeira vez que a a LNB se achega a ista vila da fronteira polo que agardamos unha afluencia masiva de palanadores e afeccionados dun lado e outro da ponte dos Santos. A partir das 16h. o domingo 6 de Novembro, o barco con bandeira LNB atraca no peirao de Ribadeo, ide collendo sitio!!
Inscripcións no teleclube de San Cosme (Barreiros) , no telf: 982.124082 ou no correo ovaral@hotmail.com.

viño, castañas e billarda-LNB , unha mistura explosiva no peirao de Ribadeo!! Posted by Picasa

segunda-feira, outubro 24, 2005

NACE A FAST-T.V

XA ESTÁ NO AR A CANLE DIXITAL DA LNB, O CONCEPTO AUDIOVISUAL MÁIS REVOLUCIONARIO E ANOVADOR DO SÉCULO 21 , A FAST-T.V É POSTA EN MARCHA POLO ENTRAMADO MEDIÁTICO DO VARAL-MEDIA. MICRO-PROGRAMAS DE 1 MINUTO E COBERTURA AUDIVISUAL A PÉ DE PISTA DE TODO O QUE ACONTECE NA *SUPERLIGA * de billarda-LNB , VAN SER OS CONTIDOS PRINCIPAIS DA ESPECTACULAR MICRO-GRELLA DE TELE-VARAL [ www.putfile.com/tele-varal ]
OUTRA T.V É POSÍBEL!!

[ www.putfile.com/tele-varal ]  Posted by Picasa

sexta-feira, outubro 21, 2005

ALMORZO E PARVA COA LNB

A LNB contunúa acaparando titulares e espacios na prensa local e internacioal. Despois da resaca dos intensos intres vividos nas Antípodas que por algún motivo que aínda non sabemos descifrar Radio-Foz emisor da frecuencia Emuga na mariña de Lugo, pese as xestións realizadas pola LNB , relizou un escandaloso boikote á voz da billarda-LNB mediante a non conexión e deixación das súas obrigas cos oíntes. Para resarcirse dista neglixencia informativa os palanadores e palanadoras do norte Lugués podedes tomar a Parva diste venres 21 cunha crónica aparecida na contracapa da Mariña (suplemento do xornal el progreso) do "III Torneo Apertura" desputado na pista dos veciños de Santo Adrao.

Deixa o café e toma a Parva!! a LNB pola recupereción dos horarios de comidas tradicionais!! Posted by Picasa

quinta-feira, outubro 20, 2005

A LNB NAS ANTÍPODAS

Inmersos na gran boráxine da liga de campións de futbol na que os medios de comunicación estándar volcan todas as súas miras é de agradecer que unha emisora amiga e irmán coma Emuga dé unha volta de folla e dirixa os seus micros cara a espectacular e anovadora *SUPERLIGA* de billarda-LNB. Recentemente puidemos ver nunha canle de t.v estatal unha pequena reportaxe sobre deportes tradicionais aztecas, sobrecolleunos ós palanadores e palanadoras que formamos a LNB a visión duns deportistas indíxenas xogando a unha especie de hockei sobre pés descalzos no que os sticks eran uns cueiros e a pelota era unha pequena bola ardendo , pero o máis estremecedor foi saber que cando un xogador acadaba un tanto automaticamente era decapitado entre o fervor dos afeccionados e do propio deportista. Hoxe ,xoves 20, en exclusiva mundial Belén Regueira e Tomás Lijó , emitindo dende as Antípodas nise xenial e imprescindible programa da rede de Emisoras Municipais Galegas vai entrevistar ó actual lider aínda non decapitado, da clasificación individual dista electrizante *SUPERLIGA* de billarda-LNB , a auténtica liga das estrelas!!

Billarda-LNB, o deporte aborixe!! Posted by Picasa

terça-feira, outubro 18, 2005

CRÓNICO

*SUPERLIGA* de billarda-LNB

“III TORNEO APERTURA” SANTO ADRAO / 16-10-05

DESFRUTADE INTENSAMENTE DISTE PRIMEIRO CRÓNICO DA TEMPADA 2005-06 E PREPARÁDEVOS PARA SEGUIR CO VARAL E CON TODA A FAMILIA DA LNB ISTA APAIXOANTE AVENTURA QUE É A * SUPERLIGA* de billarda-LNB , A AUTÉNTICA LIGA DAS ESTRELAS!!

Xermán da EkipA SaFaRi lidera a clasificación individual da *SUPERLIGA* de billarda-LNB Posted by Picasa
A tarde do domingo 16 de outubro mantívose despexada pese á continua ameaza de chuvia sobre os palanadores e palanadoras que ate o campo de festa de Santo Adrao se achegaron para o arrinque da agardadada por todos *SUPERLIGA* de billarda-LNB. O trofeo en xogo era unha espectacular escultura en madeira realizada por ise xeino dos paláns e das trinchas chamado Ismael, “O Zidane da Billarda”. Cunha inscripción pechada a organización da LNB realizou un rápido sorteo para xunguir os palanadores e palanadoras nos catro grupos nos que se dividía o inicio da competición.
Nin sequera a folga no sector do transporte foi capaz de impedir que ate a pista de Santo Adrao se carrexaran toneladas de emoción indescriptíveis para os alleos a iste universo de billardas polo ar, o brilo voltou á cara dos xogadores que despois do parón de verán voltaban acabicornarse á alta competición.

As tácticas de xogo era o gran segredo das diferentes franquicias que se enfrontaban niste espectacular torneo. Posted by Picasa
O maravilloso son do palán conta a billarda sonou de xeito oficial ás 16 h. no campo da festa dos veciños de Santo Adrao polo que dise xeito daba comezo o ” III Torneo Apertura” e primeiro puntuábel para a *SUPERLIGA * de billarda-LNB, competición que xa fixo correr infinitos ríos de tinta tanto na prensa escrita como nas ondas hercianas donde por primeira vez , a voz alta e clara da LNB resoou dende Tapia ate Oporto nunha xa histórica entrevista emitida pola Radio Galega.
Teresa a extraordinaria palanadora dos Petapouco voltaba á gran competición despois da súa longa ausencia dende mediados da tempada pasada e fixoo con gañas de reafirmarse nista *SUPERLIGA* , foi ela quen tivo a honra de facer o primeiro lanzamento niste xa histórico intre , Juán da franquicia dos Varal-Media foi o seu rival e coa súa xa característica faria na boca venceu á palanadora dos Petapouco nista primeira carreira do “III Torneo Apertura”

A incertidume ate o último instante marcou iste "III Torneo Apertura" celebrado en Santo Adrao. Posted by Picasa
Pero iste inico de tempada tiña un aliciente adicional, e ise non era outro que ver a Toño, ise fenomemal palanador de San Cosme lucindo no seu peito o espectacular peto azul da EkipA SaFaRi, dende logo Toño perecía un palanador de novo cruño, a ledicia que se dibuxaba na súa cara transladábase ó seu espectacular xogo na pista , os apupos dos seus ex – compañeiros e afeccionados dos Petapouco concentrados no campo da festa dos veciños de Santo Adrao non facían máis que consolidar e reafirmar o seu bo e xenial xogo que o conduciu a semifinais donde caeu çperante o seu compañeiro da EkipA SaFari , Xermán Viluba.Pola súa parte os Petapouco batíanse entre eles para tratar de colocar efectivos nas semifinais e na final e liderar así a SUPERTABOA DE FRANQUICIAS donde eles saen como claros favoritos e que por nada queren verse afastados disa suposta supremacía , David e Sevando desputáronse a entrada na final contra un Xermán pletórico que non perdera ninguna carreira nas previas , e foi como Servando dun sensacional Varado deixou sen opción ó seu compañeiro de Franquicia

Toño brilou na súa nova etapa coma palanador da EkipA SaFaRi. Posted by Picasa
Ruxía Santo Adrao cun enfrontamento no cumio entre un Petapouco e un Ekipa SaFaRi, as muxidoras paralizáronse e a xente abandoou as leiras coas fabas a medio recoller para asistir insitu ó gran espectáculo da final do primeiro torneo valedeiro para a *SUPERLIGA* 2005- 06 . Servando insistía na súa dinámica de xogo de ataque frontal mentras que Xermán utilizou a súa incríbel ” estratexa do grilo” , golpexos curtos e intensos cos que tentaba achegarse ó Varal para liquidar así aun Servando obsesionado por linchar ó palanador da EkipA SaFari dun K.O técnico. Iste combate rematou con Xermán no máis alto do podium recibindo o apoio de todos os siadeiros da EkipA SaFaRi ós cales o palanador do Castro adicou o seu trunfo niste “III Torneo Apertura”. Arrincou a *SUPERLIGA* de billarda-LNB, a auténtica liga das estrelas!!

Final de infarto a vivida en Santo Adrao Posted by Picasa

segunda-feira, outubro 17, 2005

AS TABOAS DA *SUPERLIGA*

O Varal vai publicar despois da desputa de cada torneo unha serie de taboas clasificatorias para que os palanadores e os xa miles de afeccionados á billarda-LNB saiban de primeira man como van as clasificación nista espectacular competición.

Santo Adrao recibiu cos brazos abertos e coas botellas cheas de auga , refrescos e cervexas ós deportistas da LNB que agradecemos enormemente a colaboración dos amigos da Asociación de veciños ó deixarnos a súa pista para desputar "III Torneo Apertura" e primeiro puntuábel para a *SUPERLIGA* de billarda-LNB. Posted by Picasa

A SUPERTABOA-TOTAL

É A TABOA QUE SINALA A CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL NA QUE O VENCEDOR DO TORNEO ACADA 15 PUNTOS, O 2ª 13 , OS SEMIFINALISTAS 11 , E O RESTO DOS CLASIFICADOS PARA CUARTOS 9. ISTA CLASIFICACIÓN VAI SER O QUE SINALE O CAMPIÓN OU CAMPIONA FINAL DA *SUPERLIGA*.

Xermán (E. SaFaRi) ..........15 puntos
Servando (Petapouco)........13 puntos
Toño (E.SaFaRi).................11 puntos
David (Petapouco)............. 11 puntos
Fram (Petapouco) ..............9 puntos
Juán ( Varal-Media)........... 9 puntos
Ismael (Petapouco).............9 puntos
Ana (Petapouco)................ 9 puntos

O resto de participantes en cada torneo suman 3 puntos.

Pablo, o palanador de Santo Adrao, venceu nunha das tandas da LNB infantil , moitas olladas estaban pendentes das súas evolucións na pista por unha posíbel incorporación a unha das grandes franquicias da *SUPERLIGA*. A canteira é unha das cousas que máis coida a LNB. Posted by Picasa

SUPERTABOA FEMININA

ISTA É A CLASIFICACIÓN QUE SINALA A CLASIFICACIÓN XERAL DAS MULLERES PARTICIPANTES NA *SUPERLIGA* .

Ana (Petapouco).................9 puntos
Teresa (Petapouco).............3 puntos
Carmiña (Varal-Media)........3 puntos
Marta (E.SaFaRi).................3 puntos

Carmiña, a palanadora de San Cosme do Varal-Media , entra en competión con gañas de pelexar por todo.Unha palanadora con caracter da que se agardan grandes cousas nista espectacular *SUPERLIGA* de billarda-LNB. Posted by Picasa

SUPERTABOA DE FRANQUICIAS

ISTA CLASIFICACIÓN SINALA CAL DOS EQUIPOS DE PALANADORES E PALANADORAS DA COMPETICIÓN SUMAN MÁIS PUNTOS , SUMAN OS 4 PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA FRANQUICIA.

PETAPOUCO................. 42 puntos
EkipA SaFaRi.............. 32 puntos
VARAL-MEDIA............... 18 puntos

A Ekipa SaFaRI, O Varal-Media, os Palan-Ganas e demais franquias que aínda se van unir á competición da *SUPERLIGA* van tentar rematar coa hexemonía do sólido bloque que forman os Petapouco. Posted by Picasa

SUPERTABOA DE VARADOS

ISTA TABOA INDICA OS PALANADORES OU PALANADORAS QUE REALIZAN TANTOS DIRECTOS, É DICER , DUN SÓ GOLPE INTRODUCIR A BILLARDA ENTRE OS DOUS PAUS VERTICAIS QUE FORMAN O VARAL.

Servando (Petapouco)............1 varado

Marta, da EkipA SaFaRi, colle forzas a pé de pista para tratar desputar a Servando o seu liderato na clasificación de Varados. Posted by Picasa

A EkipA NO MÁIS ALTO

Debut histórico da nova franquicia LNB , a EkipA SaFaRi no seu estreno en competición oficial conseguiu colocar a un dos seus palanadores no máis alto do podium situado na pista de terra batida dos veciños de Santo Adrao.As ducias de afeccionados puideron presenciar baixo o despexado ceo de Santo Adrao unha final histórica niste inico de *SUPERLIGA*, a tensión e os nervios dos dous finalistas, Servando representando as cores vermellas dos PetaPouco de Barreiros, contra un Xermán Viluba que estrenaba os especaculares petos azuis da EkipA SaFaRi, transladaron os nervios da pista ate os banquiños e as bancadas donde cada golpexo dos palanadores finalistas era seguido con máxima atención por parte dun público enfervorizado , ó final , o xogo máis regular e intenso do palanador da EkipA SaFaRi impúxose ós espectaculares estalos de xogo maxistral de Servando. O Varal vai mostrar como queda a clasificación individual niste primeiro torneo valedeiro para a *SUPERLIGA* 2005-06 , pegádevos á pantalla porque o gran espectáculo da billarda-LNB non fixo máis que comezar!!

Xermán Viluba da EkipA SaFaRi sostén en alto o trofeo que o acredita coma gañador diste "III Torneo Apertura" e primeiro puntábel para a *SUPERLIGA*. Posted by Picasa

sexta-feira, outubro 14, 2005

A LNB NO DIAL DA RADIO GALEGA

Antes de iniciar a competición , nise periodo no que os nervios dos palanadores e palanadoras están a flor de pel por mor da presión da alta competición, un fito histórico vai producirse na LNB, A Radio Galega vai conectar en directo cos membros da LNB para saber como van os previos do "III TORNEO APERTURA" e coñecer o de preto o ambiete na pista de Santo Adrao antes do inicio da *SUPERLIGA * de billarda-LNB, unha competición que ten en vilo xa a case todo o país e que por primeira vez vai ter unha difusión nacional. O domingo 16 ás 12h conectade coa Radio Galega e sentide a emoción intensa da LNB nos vosos transistores, recordade que os que estades fóra podedes votar man da rede para sentir o intenso ruxir da *SUPERLIGA* de billarda-LNB!!, outro deporte é posíbel!!

Ás 12h. do domingo 16 , o país ten que paralizarse para sintonizar a Radio Galega e sentir a impresionate emoción no arrinque da *SUPERLIGA* 2005-06. IMPERDíBEL!! Posted by Picasa

EXPRESO A SANTO ADRAO

Aínda estades a tempo para achegarvos ate Santo Adrao , se vos fallou o último voo ou se non puidéstedes coller a combinación axeitada na estación de autobuses ou se non tedes coche ou se o tedes, tedes o carnet retirado , podedes utilizar calquer outro medio alternativo!!, cabalos, machos ou incluso bois ou búfalos poden ser a solución perfecta para unha anomalía de última hora.

Santo Adrao ,domingo 16 ás 16h. veñas como veñas a LNB agárdate cos paláns en alto!! Posted by Picasa

VAI SER AQUÍ........

1.800 km. distan dende a cidade alemana de Tübingen ate a pista de terra batida que con tanto tesón e ímpetu construíron os veciños e veciñas de Santo Adrao, iste domingo 16 a partir das 16 h istas dúas vilas europeas van quedar irmandadas por unha mesma paixón, a da Billarda-LNB, Aitor o noso amigo e alma mater dos Palán-Ganas de Vigo está instalado nisa cidade xermana e non vai poder asistir físicamente ó inicio da *SUPERLIGA*, mais a súa forza e ilusión van estar presente na pista da festa de Santo Adrao xusto cos resto dos palanadores e palanadoras que alí se den cita. Igual co resto dos afeccinados da LNB espellados polo mundo, Aitor vai ter que seguir as evolucións e os resultados dista *SUPERLIGA* por medio do Varal, sempre por diante!!

Campo da festa dos veciños de Santo Adrao. Posted by Picasa

terça-feira, outubro 11, 2005

AS TRIPAS DA *SUPERLIGA*

Unha construcción a pé de pista vai lembrar durante a desputa do "III TORNEO APERTURA" e primeiro puntuable para a *SUPERLIGA* de billarda-LNB ás lavandeiras dista parroquia de Santo Adrao. Fai uns anos o antigo e mítico lavadeiro frente á igrexa foi derrubado por un incomprensible arrebato institucional , o domingo 16 de outubro cada golpe do palán contra a billarda vai ser un sentido homenaxe para todas as lavandeiras e lavandeiros de Santo Adrao e de toda a Galiza que durante tantos anos lavaron e fregaron as roupas dos suxeitos diste país, sen esquencer por suposto a función que istas construccións tiñan e aínda teñen en época de matanza na limpa e preparación das tripas dos cochos para os callos. Por desgraza os únicos callos que imos ter niste espectalucar inicio de *SUPERLIGA* son os das mans producidos pola tensión e a emoción da alta competición, non o dubides máis, colle o xabón do largato , o bincallo e o palán e achégate ate as augas salvaxes dos regos de Santo Adrao para tentar ser ti o elexido para limparlle as tripas ó primeiro trofeo da tempada 2005-06.

O bincallo e o coitelo serán trocados polo palán e a billarda coma instrumentos de limpa iste domingo 16 a partir das 16h na campo da festa dos veciños de Santo Adrao (Lourenzá) / inscripción: 982.124082 - ovaral@hotmail.com
 Posted by Picasa

sexta-feira, outubro 07, 2005

TICKETS PARA SANTO ADRAO

Un amplo equipo de profesionais traballa a reo na preparación de toda a infrestructura necesaria para o arrinque da *SUPERLIGA* de billarda-LNB, o Varal pon á disposión de todos os palanaodores e palanadoras do mundo os sitios habilitados para a inscripción no "III Torneo de Apertura" que se vai celebrar no impresionante marco da Pista da Festa dos Veciños en Santo Adrao (Lourenzá) o domingo 16 de outubro a partir das 16 h.

AS INSCRIPCIÓNS REALIZARANSE NO TELÉFONO: 982.124.082 , NO TELECLUBE DE SAN COSME (BARREIROS) OU NO NOSO CORREO ELECTRÓNICO : ovaral@hotmail.com. A FECHA DE PECHE DE PRAZO DE INSCRIPCIÓN É O DÍA 15 ÁS 14 H.
O PREZO DA INSCRIPCIÓN É DE UN EURO QUE SERÁ PAGADO XA NA PISTA DE XOGO NA MESA DE CONTROL QUE A LNB TEN INSTALADA A PÉ DE PISTA.

Se estás lonxe do Teleclube de San Cosme podes cursar a túa inscripción por teléfono ou e-mail. Santo Adrao e a LNB agardan por ti!!
 Posted by Picasa

quarta-feira, outubro 05, 2005

MATERIAL DEPORTIVO LNB

Os xogadores que compitan nos nosos torneos deben de cumprir tamén coa normativa referente ó material deportivo utilizado na competición, a LNB ten sempre material oficial a disposición de calquer deportista que así o desexe cun prezo de venda de 3 euros (palán + billarda). os palanadores e palanadoras poderán levar e usar o seu propio material sempre que cumpran os requisitos marcados polo regulamento LNB.

Palán: pau alongado e cilíndrico de 60 cm. de longo que pode ter entre 2 e 3 cm. de groso (pode ser de calquer tipo de madeira).

Billarda: pau alongado e afiado polas dúas puntas con un longo entre 18 e 25 cm. e 2 e 3 cm. de groso. (pode se de calquer tipo de madeira)

Non nos mires , ÚNETE !!

Colle os instrumentos e salta á pista da festa de Santo Adrao, o domingo 16 de outubro a música no canto dos tradicionais Keys que sempre actuan nista parroquia de Lourenzá vai poñela a gran orquestra da LNB!! Posted by Picasa

terça-feira, outubro 04, 2005

REGULAMENTO LNB

O VARAL PON Á DISPOSICIÓN DE TODOS OS PALANADORES E PALANADORAS DO MUNDO O REGULAMENTO BÁSICO PARA PARTICIPAR NA *SUPERLIGA * DE BILLARDA –LNB. O 16 DE OUTUBRO A PARTIR DAS 16 h. A PISTA DA FESTA CONSTRUÍDA COA SUOR E A FORZA DE TÓDOLOS VECIÑOS DA PARROQUIA DE SANTO ADRAO (LOURENZÁ) VAI SER O EPICENTO MUNDIAL DO DEPORTE DA BILLARDA E TI NON PODES FALTAR Á HISTÓRICA CITA PARA A DESPUTA DO "III TORNEO DE APERTURA" E O 1º PUNTUÁBEL PARA A *SUPERLIGA*.

- Trátase de lanzar a billarda golpeada previamente co palán : 1º no chan para levantala e logo no ar ( sin que toque o chan ) para enviala hacia o Varal .

- O seguinte lanzamento realízase dende o lugar no que caeu a billarda en caso de que non entrara no varal co primeiro golpexo.

- Se nalgún lanzamento a billarda saíra fóra da pista o lanzamento sería nulo e voltaríase a lanzar dende o mesmo lugar cando voltara a tocar turno.

- Se no lanzamento da billarda non se chegara a tocar para lanzala tamén sería nulo o intento e incluso o golpeala no chan se ésta é tocada pero non levantada tamén se considera nulo

- As carreiras realízanse entre dous xogadores e os turnos son alternativos.

- Gaña o que consiga introducir a billarda no varal en 1º lugar e utilizando o mesmo número de golpeos ámbolos dous palanadores ou palanadoras.

varal: dous paus verticais de 150 cm cada un cunha separación de 6 paláns, semellante ós paus de rugbi por donde ten que atrabesar a billarda para gañar unha carreira.

Todo xogador participante ten a obriga de acatar as normas oficiais da LNB ( Liga Nacional de Billarda) as cales están a disposición de todos os xogadores ne mesa de control do torneo.

NON TE PERDAS!! , A LNB ENTREGA MAPA E REGULAMENTO PARA QUE TODOS POIDAMOS CHEGAR A SANTO ADRAO, NO CONCELLO DE LOURENZA A TEMPO E COÑECEDORES DO QUE ALÓ NOS IMOS ATOPAR, OUTRAS RUTAS E OUTROS MEDIOS TAMÉN SON POSIBLES!! SE QUEREDES CHEGAR POLO MONTE OU POLO AR MIRADE DE FACELO ANTES DAS 16 H. O DOMINGO 16 DE OUTUBRO. Posted by Picasa

segunda-feira, outubro 03, 2005

20 DE LARGO X 40 DE LONGO

Case un ano de traballo intenso fixeron posible que O Varal se convertera no punto de encontro de palanadores galegos e do mundo que ven na filosofía da LNB un espello das súas inquedanzas socio-deportivas. Mos , Mondariz, Copacabana, Xil, Barreiros, Verona, Ribadeo, Berrande, Vilamartín –Pequeno, Cedeira , Santo Adrao....... son só un pequeño exemplo de puntos no mundo máis pequenos ou máis grandes conectados entre si por medio do Varal e a paixón por un deporte aínda sen ferrar nen federar,a billarda-LNB. O Varal emite en precario pero emite, con multitude de erros e fallos provocados pola paixón e pola urxencia de comunicar. J.Manuel Outeiro entrou no Varal e con toda a súa razón correxiu un erro provocado pola non emisión de Barrio Sésamo en galego, o Varal reivinca o seu dereito a equivocarse e rectificar, amigo J.Manuel, beizóns pola túa entrada no Varal e agardámoste o domingo 16 na pista de terra batida en Santo Adrao para compartir emoción e suores cos palanadores e palanadoras da LNB.

Foto da LNB reunida con palanadores de Cedeira para tratar de impulsar o noso deporte ó "largo e longo" do noso país. Posted by Picasa