O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 30, 2005

PRÓXIMA ESTACIÓN.... TRABADA!!

O CONCELLO LUGUÉS DE TRABADA VAI ACOLLER POR PRIMEIRA VEZ NA SÚA HISTORIA UN GRAN TORNEO LNB, O 5º GRAN ASALTO DA *SUPERLIGA* A CELEBRAR O DOMINGO 8 DE XANEIRO A PARTIRES DAS 15:30 NO MULTIUSOS TRABADENSE PRESENTASE COMO UN AUTÉNTICO DUELO DE TITÁNS NO PRIMEIRO ESTALO DA LNB NO 2006 , ACHÉGATE E SINTE DE PRETO A INTENSA E PERIGOSA TRABOADA DE SERPE DA *SUPERLIGA* - LNB , A AUTÉNTICA LIGA DAS ESTRELAS!!

O camela-tren da LNB pon rumbo a Trabada , viaxeiros ó camela-tren palanadores e palanadoras tamén!! Posted by Picasa

quinta-feira, dezembro 29, 2005

SELECCIÓNS GALEGAS XA!!

Debut en San Lázaro da selección galega de futbol contra o combinado Uruguayo, por desgraza dous dos grandes mitos distes equipos nacionais non van poder estar de corto sobre o céspede compostelán, Nacho e Enzo Franchescoli sempre foron firmes nas súas conviccións, o galego apostando e defendendo de xeito firme a creación da selección galega cousa que lle troixo non poucas represarias mediáticas e o uruguaio defendendo o seu dereito a vestir a casaca charrúa fronte a quenes o acusaban de repratriado , durante o mundial de USA Enzo enfrontouse a Cubilla, o seleccionador uruguayo para atallar ás acusacións de falta de compromiso dos xogadores que militaban fóra do país. Agardamos que os repatriados galegos defendan e loiten coma Enzo e coma os milleiros de afeccionados que sentimos e traballamos para que Galiza teña presencia non só nos campos de futbol senón tamén nas pistas de atletismo, nos tatamis de loita, nos rings de boxeo, nos campos de rugbi, nas pistas de hockei patíns, liña, xeo , herba e pista , nas canchas de basket, balonmán, squash , badminton , esgrima..... e por suposto pese a quen lle pese e teñamos ou non un opio institucional , comercial ou mediático, Galiza contará con Selección Nacional de Billarda . Todas as seleccións son posibles!!

Coma Tyson viste a camiseta do seu ídolo Maradona, ogallá moi pronto Lee Manuel , o boxeador Galego-Liberiano poida enfundar tamén a camisola do seu palanador ou palanadora preferido da Selección Galega de Billarda. Posted by Picasa

quarta-feira, dezembro 28, 2005

SOPRANDO VELAS!!

Niste 28 de decembro os membros do Varal queremos felicitar a un dos grandes, amigo , palador e deseñador de ilusións que pese a ser nado nun día dos inocentes é un dos máximos culpábeis de que a LNB esteña sendo un referente no eido galego e mundial de cómo con dous paus e unha ilusión de ferro se pode formar un exército invencíbel de palanadores e palanadoras dispostos a deixar os dentes e a pel na pista de xogo. Moitas felicidades Toño , que cumpras moitos máis e que nós os vexamos!!

O coro imposíbel da LNB canta ó unísono iso de cumpre anos feliz....... Posted by Picasa

segunda-feira, dezembro 26, 2005

<< RE-PLAY [a LNB na tvg]

Se coma Aitor, o maxistral palanador dos Palán-Ganas de Vigo , colléstedes a medias a espectacular reportaxe sobre a LNB emitida o domingo de nadal no programa a revista da tvg ou se a resaca non vos deixou porvos fronte ó televisor, o varal foi quen de capturar ise extraordinario documento e polo á vosa disposición para que tranquilamente o saboreedes e o desfrutedes nunha histórica emisión que de seguro vai por a moitos sobre a pista da LNB. Entra no espacio de TELE-VARAL "o grilo en ruta" e olla as evolucións dos paladores e palanadoras da LNB emitidas na tvg.

Calvete , é un dos palanadores que saen niste espectacular documento emitido pola tvg.  Posted by Picasa

sexta-feira, dezembro 23, 2005

A LNB NA TVG

UN IMPORTANTÍSIMO DESPLEGUE DA TVG ACHEGOUSE ATE AS TERRAS DO CONCELLO LUGUÉS DE BARREIROS PARA GRAVAR INSITU AS EVOLUCIÓNS DOS GRANDES PALANADORES E PALANORAS DISTA COMPETICIÓN QUE RACHA MOLDES, ENTREVISTAS CON MEMBROS DA LNB E UNHA ESPECTACULAR REPORTAXE COAS GRANDES ESTRELAS DA *SUPERLIGA* DEMOSTRANDO A SÚA CLASE NA PISTA DE XOGO SON O NÚCLEO DO QUE IDES PODER VER NA EDICIÓN DISTA FIN DE SEMANA DA REVISTA , PROGRAMA QUE SE EMITE DE 12:30 A 13:30 NA TVG, ZAPEA CARA A GALEGA E DEIXATE INVADIR POLOS GOLPES DE EFECTO DA LNB!!

A revista fin de semana da tvg vai ser a espectacular estrea da LNB niste ente audiovisual. Posted by Picasa

ABRE OS OLLOS!!

Ista fin de semana despois de combater as xeadas da mañán e cando esteñas na mesa co teu prato de roupa vella conecta coa LNB, sabemos que a isa hora estades enganchados a TELE-VARAL pero facede un pequeno esforzo e conectade coa tvg na revista fin de semana para descubrir de preto as grandes estrelas da *SUPERLIGA*, Ismael e Calvete ou Carmiña e Ana son só algún dos auténticos galácticos e galácticas que van desfilar diante dos atónitos ollos dun país aínda adormecido polo maldito opio do pobo. Xúnguete ó bruar da LNB!!

Prepárate para ver de preto os espectaculares golpexos das grandes estrelas da *SUPERLIGA* LNB!! Posted by Picasa

terça-feira, dezembro 20, 2005

AS SUPERTABOAS DA LNB

DAVID SEGUE A ENCABEZAR ISTA ELECTRIZANTE COMPETICIÓN QUE CO II TORNEO DO GALO ACABA DE PASAR O ECUADOR, COBADAZOS EN TÓDALAS TABOAS POR ESCALAR POSTOS, URBANO ENTRA NA CLASIFICACIÓN DE VARADOS RACHANDO A HEXEMONÍA DOS PETAPOUCO E EN ROOKIES DESCACAR A IMPRESIONATE ASCENESIÓN DE FRAN DA EkipA , FRANQUICIA QUE POUCO A POUCO VAI LIMANDO DIFERENCIAS COS PETAPOUCO NA CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS E DESTACAR O PORTENTO DE CELEIRO, GINES DOS VARAL MEDIA ENTRA NO TOP 5 E COA SÚA REGULARIDADE SUMA E SIGUE NA ESCALADA CARA Ó TRIUNFO FINAL.

A SUPERTABOA-TOTAL

David (Petapouco).............42 puntos
Xermán (E. SaFaRi) ..........39 puntos
Servando (Petapouco)........38 puntos
Ismael (Petapouco).............36 puntos
Ginés (Varal-Media)...........34 puntos
Vicente (E.SaFaRi)..............30 puntos
Toño (E.SaFaRi)..................28 puntos
Ana (Petapouco)................ 24 puntos
Fram (Petapouco) ..............24 puntos
J.Manuel (Petapouco).........21 puntos
Juán ( Varal-Media)........... 21 puntos
Urbano (E.SaFaRi)..............17 puntos
Ana (E.SaFaRi)...................17 puntos
Fran ( E.SaFaRI).................15 puntos
Lidia ( Varal-Media) ..........15 puntos
Carmiña ( Varal-Media)......12 puntos
Calvete (Petepouco)............12 puntos
Teresa (Petapouco).............12 puntos
Bixi (Varal-Media)..............9 puntos

SUPERTABOA-FEMININA

Ana (Petapouco).................24 puntos
Ana (E.SaFaRi)...................17 puntos
Lidia (Varal-Media)............15 puntos
Teresa(Petapouco)..............12 puntos
Carmiña (Varal-Media) ......12 puntos

A SUPERTABOA DAS FRANQUICIAS

PETAPOUCO.................... 158 puntos
EkipA SaFaRi......................134 puntos
VARAL-MEDIA...................94 puntos

SUPERTABOA DOS VARADOS [tantos directos]

Servando (Petapouco)............1 varado
Ismael (Petapouco) ................1 varado
David (Petapouco) .................1 varado
Urbano (E.SaFaRi)..................1 varado

SUPERTABOA SUB-18 [ ROOKIES LNB ]

Fran (E.SaFaRi).....................26 puntos
Fram (Petapouco)..................24 puntos
Diego (E.SaFaRi)...................22 puntos
Antón (E.SaFaRi)...................22 puntos
Lía (Varal-Media)..................22 puntos
Cristian (Varal-Media)...........18 puntos
Dani (Varal-Media)................11 puntos
Ivan (E.SaFaRi)........................9 puntos
Adri (E.SaFaRi)........................9 puntos
Marta (E.SaFaRi)......................9 puntos

segunda-feira, dezembro 19, 2005

O RETORNO DE ISMAEL....

Unha intensísima final enfrontou no multiusos de Vilaronte a un rexurdido mito da LNB, Ismael , “o Zidane da Billarda” voltaba a élite dista competición que racha moldes e facíao entre o bruar dos toxos e dos numerosos afeccionados a iste deporte desprazados á gaiola de pelea na que se converteu a multiusos de Vilaronte, un Galo en xogo e dous palanadores en loita polo preciado trofeo, ate a final chegou Vicente, o Beckham da ponte da pedra semella ter motivación extra cando os trofeos son de carne e óso con dereito a melelles o dente, Ismael e Vicente foron pois os grandes protagonistas dista cálida final na xélida tarde no Castro de Vilaronte, Isma , o palanador dos Petapouco, xa demostrara nas previas que viña cos petos cargados de furia, voltou a arrolaerse polo chan e incluso tiraba a gorra o chan no medio da ovación de todos os siadeiros cando executaba un dos seus maxistrais golpes , ista automotivación contrastaba coa tranquilidade coa que Vicente se amosaba na pista, posando incluso para as cámaras dos medios desprazados ate Vilaronte, paradiso105 e o Varal fixeron o seu traballo con toda comodidade e foron testigos da maxistral clase dos dous finalistas, Vicente tentouno pero cun Ismael situado fóra de órbita, impúxose ó palanador da EkipA SaFaRi con dous únicos golpes diste auténtico galáctico que volta a impor a súa lei nista espectacular competición, a *SUPERLIGA* estreitase e pese que David segue en cebezando a SUPERTABOA- TOTAL os seus perseguidores están todos nun pano amosando os dentes!! [ bota un ollo á grella de TELE-VARAL e vive a emoción da LNB]

Ismael voa de novo entre os grandes da LNB!! Posted by Picasa

GRELLA DE TELE-VARAL

VILARONTE-1: ENTREVISTA CON ISMAEL , O ZIDANE DA BILLARDA FALA ANTES DE INICIARSE A COMPETICIÓN.

VILARONTE-2: URBANO , A VOZ PAUSADA E CALMA DISTA NOVA FACIANA DE TELE-VARAL FALA CON CALVETE, A GRAN FICHAXE DISTA TEMPADA DOS PETAPOUCO DE BARREIROS .

VILARONTE-3: OS REPORTERS DE TELE-VARAL , APRESENTAN A TODO O MUNDO O SENSACIONAL GALO DA LNB.

VILARONTE-3: PRIMEIRAS VERBAS A PÉ DE PISTA DUN EMOCINADO ISMAEL QUE VOLTA A BRILAR NO UNIVERSO LNB!!

os reporters de tele-varal facendo competencia a CQC Posted by Picasa

quinta-feira, dezembro 15, 2005

II TORNEO DO GALO

Nalgún intre da recente historia , a billarda foi un deporte en serio perigo de extinción , a día de hoxe e grazas á gran laboura da LNB (Liga Nacional de Billarda) a billarda estase a consolidar como un dos deportes estrela do panorama galego de principios do século 21, ó igual ca pita de Mos, impresionate animal con orixe na terra chá luguesa , a billarda goza do recoñecemento unánime da sociedade galega polo cal chega un intre na tempada, domingo 18 de decembro a partires das 15:30 h. na pista multiusos de Vilaronte no concello de Foz, na que animal e deporte conflúen nise xa histórico “Torneo do Galo” , auténtico paradigma do espírito da competición da LNB , o campión diste 4º embite da *SUPERLIGA* vai levar para a súa casa un magnífico exemplar de Galo de Mós, un deporte , a billarda LNB, que revoluciona o galiñeiro enteiro!!

A revolución chega ó galiñeiro da LNB!! Posted by Picasa

terça-feira, dezembro 13, 2005

*SUPERLIGA* EN VILARONTE

Os 795 habitantes da parroquia Fozense de Vilaronte van estar acompañados iste domingo 18 de decembro a partires das 16h. dunha multitude de afeccionados atraídos polo gran espectáculo da *SUPERLIGA* -LNB e por un espléndido Galo galego de Mos que vai ser o trofeo diste transcendental 4º embite da compición que racha moldes e que altera galiñeiros, imperdíbel para os que gostan das emcións fortes!!

O domingo 18 de decembro atalla para chegar ás 16h. á pista central de Vilaronte , no concello de Foz, a Galo da LNB agarda por ti!! Posted by Picasa

segunda-feira, dezembro 12, 2005

4º EMBITE DA *SUPERLIGA*

Os palanadores e palanadoras da LNB están xa ultimando os preparativos para a partir das 16 h. domingo 18 de decembro saltar ó tatami situado ista vez na pista multiusos de Vilaronte , parroquia sempre aberta do concello lugués de Foz e combatir así no cuarto asalto da *SUPERLIGA* -LNB por escalar postos nas táboas dista competición que racha moldes . A billarda - LNB convértese polo tanto no refente deportivo estrela dista fin de semana, unha auténtica colisión de forzas que vai facer retemblar o universo enteiro. Achégate ó donyo de Vilaronte e desfruta co gran espectáculo da *SUPERLIGA*-LNB,a auténtica liga das estrelas!!

Bebe do chikara-mizu da LNB!!  Posted by Picasa

sexta-feira, dezembro 09, 2005

LNB-ADICT@ , SAE DO ARMARIO!!

Apesar de nom gostarmos muuuito de futebol (como bons res-publicanos que somos nom rendemos preitesia ao "desporto rei" e, embora prefiramos o futebol às touradas, se nos dam a escolher ficamos com a bilharda).Así de claro se declaran os amigos de VA-CA no canal seleccións de vieiros no que de xeito rotundo ó igual ca unha gran morea de galegos e galegas ven na Billarda-LNB un referente claro das súas inquedanzas socio-deportivas. Para todos ises irmáns que animamos a saír do armario xa e declararse LNB-adictos comunicarlles que o domingo 18 de decembro vai ter lugar no multiusos de Vilaronte , parroquia do concello lugués de Foz o cuarto asalto da impresionate *SUPERLIGA*-LNB , isa competición que racha moldes e que a partires das 16 h. vai convocar á élite mundial do deporte da billarda-LNB Xa que polo momento á LNB non se dirixiu ningún responsable da conselleiría de deportes para que no descanso do partigo internacional da selección galega en San Lázaro as grandes estrelas da billarda-LNB poidan amosar ó público galego a espectacularidade diste deporte galego de seu , serán pois o ruxir dos toxos de Vilaronte xunto cos xa milleiros de afeccionados a ista disciplina das marxes as que desfruten do calor e da emoción da billarda no ar da fin do mundo, agora máis ca nunca, outro deporte é posíble!!

A VA-CA xa saíu do armario, a qué carallo agardas para declararte publicamente LNB-adict@? Posted by Picasa

sexta-feira, dezembro 02, 2005

MESA DE REDACCIóN

TELE-VARAL non ten previsto entrar nisa nova plataforma de televións dixitais terrestres, a filosofía diste complexo entramado audiovisual dependente da LNB só pode ser calificada como unha canle de televisión de dimensións extraterrestres, e para seguir nisa onda TELE-VARAL inicia a emisión dun novo e espectacular programa chamado MESA DE REDACCIóN conducido pola xornalista P. do Castro , iste espacio quere ser un referente para todos os televidentes de TELE-VARAL a donde poderán dirixir as súas cartas [ovaral@hotmail.com] para seren comentadas por ista intrépida xornalista , no primeiro programa P. do Castro conta coma convidado especial ó decapitado lider da *SUPERLIGA*- LNB. Despega do chan sintonizando TELE-VARAL!!

TELE-VARAL , descodifícate coa voz e a imaxe do pobo!! Posted by Picasa