O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 11, 2006

Así as cousas con Ginés sumando puntos e con un Fram dos Petapouco derrocado en cuartos por Carmiña presentouse unha final inédita na *SUPERLIGA*, Fran , o palanador dos Varal-Medial medíase a un regular José Manuel dos Petapouco que semellaba non querer deixar pasar ista oportunidade de entrar no olimpo da LNB tal como declararía a posteriori ás cámaras de TELE-VARAL, Fran pese a ter máis experiencia nistas situacións límite non atallou os nervios e saíu a matar , José Manuel arriscou o xusto e venceu, dous golpexos con precisión matemática e o título diste II Trofeo de inverno para as súas mans. Impresionante tamén a competición Sub-18 donde os rookies da EkipA SaFaRi arrasan, Ivan apoderouse do triunfo fronte a un durísimo Antón que amosa unha progresión espectacular. Pincha urxentemente TELE-VARAL e revive na nosa grella ardente a emoción vivida en Trabada