O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, janeiro 30, 2006

PRIMEIRA MULLER NO CUMIO DA LNB!!

Bagoas brancas nos ollos acesos do San Xoan Degolado na capela de Vilamartín Pequeno ante a imposibilidade manifesta de que o o agardadísimo III do Lacón se desputara nunha pista con máis de 4 cm de neve. A perigosidade era manifesta xa cando os vehículos chegaban a puntos conflictivos coma Remurelle e topaban co xeo callado e a neve nas estradas. Pero a LNB traballou rápido e traballou ben , troco de pista e asunto resolto, o multiusos do San Bartolo en San Cosme foi o lugar escollido para derimir fronte os cumios nevados e co frío polar metido nos ósos que ía levar o lacón para a pota.The show must go on!! É unha máxima do espectáculo que se transladou do cine ó deporte da billarda , as escaleiras dos escollidos para tentar librar a batalla final polo prezado lacón librárona dous auténticos xenios da competición que racha moldes.Final inédita ,Fram dos Petapouco tremía de nervios e emoción ante a posibilidade de palpar a gloria a tan corta idade xa que aínda é un dos rookies da *SUPERLIGA* e Ana, isa magnífica palanadora da EkipA SaFaRi de Lourenzá que foi a única disa franquicia en pasar das roldas previas foi quen de salvar a honra dunha EkipA que hai quen di que coma as tartarugas de florida son de clima cálido e o frío mata o seu brio. Sexa como fora Ana soubo templar e rematou unha tarde glotiosa na que será recordada como a primeira muller gañadora absoluta dun gran slam LNB. Noraboa a Ana e a todas as mulleres palanadoras que xogan e que apoian iste deporte que rompe moldes e barreiras. Os goyas para os pijos os Lacóns para os auténtic@s!!