O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 11, 2006

PÁXARA NA CABEZA DA *SUPERLIGA*

CRÓNICO: II TORNEO DE INVERNO
TRABADA 8-1-06

Trabada supuxo un punto de inflexión dentro do desenrolo da *SUPERLIGA * de billarda-LNB, unha monumental páxara que afectou a case todos os favoritos que dende o inicio da competición ían encabezando a clasificación xeral fixo que cando remataran as fases previas os elementos que se metían na recta final polo polo título diste 5º asalto da *SUPERLIGA* celebrado no multiusos de Trabada foran sacando a Gines dos magníficos Varal-Media e a Toño da EkipA SaFaRi unhos palanadores e palanadoras case co distintivo de L pegado nas costas.Parello ó inicio das tandas dos cuartos a tarde extendeu o seu manto de xeada preparando así a alfombra de xeo para recibir cos brazos abertos ó vencedor de tan impresionate loita.