O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, janeiro 16, 2006

TELE-VARAL CO SELECCIONADOR!!

Sabemos que moitas veces cando un palanador está metido no xogo vólvese un ser totalmente irracional , case parece un xabarín. De xabaríns e de palanadores falamos nunha intensa entrevista que Fernándo Veiga , o seleccionador galego de billarda concedeu ós micros de TELE-VARAL no multiusos de Trabada. Simplemente espectacular!! A cuestión que atañe agora é marcar o límite dos seleccionables, dende paradiso105 , isa excepcional publicación na rede amósasenos un mapa galego no que de realizarse de seguro Fernándo terá que percorrer moitos máis quilómetros para confeccionar a súa agardada lista de seleccionados e seleccionadas para o debut da auténtica!!