O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, fevereiro 24, 2006

Calvete xunto con David e Servando foron os principais pilares niste torneo para que a Os Petapouco de Barreiros acadaran o título absoluto na Supertaboa de franquicias, unha guinda que puxo un dos seus máis destacados palanadores , José Manuel nunha final de infarto plagada de erros foi quen de atinar co varado ante a desesperación de Xermán da EkipA SaFaRi que voltaba a medirse nunha final da SUPERLIGA. Pese á amiaza da maletíns a terceiros a LNB pode garantizar a limpeza dun torneo que deixou a Fran , outro excepcional sub-18 da EkipA SaFaRi e ó seu compañeiro de franquicia Toño dentro da especatacular loita de varados ou tiros directos liderada por Servando. As cartas están na mesa preparadas para a timba final a celeberar en Lourenzá na que David semella ter a escaleira de color xa que liderará a clasificación da xeral ó inicio diste 8º e derradeiro asalto da SUPERLIGA 2005-06 do vai saír coroado o lider definivo da competición que racha moldes, vade collendo sitio porque Lourenzá , cun espectacular torneo en plena rúa ó máis puro estilo italiano vai converterse no epicentro mundial do deporte da billarda, vade collendo sitio!!