O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, fevereiro 15, 2006

III TORNEO DO PALÁN DE OURO

Os nervios ténsanse minuto a minuto e segundo a segundo na terrible conta atrás para o gran retorno da LNB ás terras xeadas de Vilamartín Pequeno no concello Lugués de Barreiros. Niste perigoso 7º asalto do domingo 19 a partir das 16 h, moitos van ser os que biquen o cemento pulido na empinada pista do San Xoan Degolado, na penúltima cita da *SUPERLIGA* vai porse en xogo o trofeo máis espectacular e importante de todo o campionato ,o desexado Palán de Ouro , un premio que só posúe a gran estrela diste deporte da billarda-LNB, Ismael , o Zidane da billarda que xunto con Ginés , o bravo palanador dos Varal-Media que lidera a *SUPERLIGA* van ser os dous años que todos os lobos da LNB queiran atrapar niste , de seguro , sanguento e espectacular 7º asalto da *SUPERLIGA * - LNB . Vilamartín Pequeno incluso pode convertirse no coliseum elexido para coroar o gañador absoluto da liga das ligas na súa edición 2005 – 06 , faigan apostas!! a quiniela da LNB acumula un sensacional bote e se atinas os finalistas e gañador do III Torneo do Palán de Ouro podes voltar cos petos cheos!!