O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, fevereiro 08, 2006

VILAMARTÍN PEQUENO VS DETROIT

A *SUPERLIGA * acada cotas de tensión e incertidume xamais pensadas cado se deu comezo a ista extraordinaria loucura . Todo o país foi testigo das verbas do palanador dos Petapouco de Barreiros, Calvete, cando nos micros do programa As Quimbambas da RG, declarou extasiado que a recta final da competición que racha moldes esixía un reforzamento nos adestramentos e unha concentración extra, as nosas madriñas mediáticas quedaron perplexas ante a furia e a forza xuvenil dun palanador de case 70 anos . O domingo 19 de febreiro a LNB retorna a Vilamartín Pequeno para zanxar unha débeda coas ducias de afeccionados ó grande espectáculo da billarda-LNB , nen a 40ª edición da Super Bowl pode competir co tremendo espectáculo que se vai vivir na pista multiusos do San Xoán Degolado. *SUPERLIGA* –LNB , degola os teus prexuicios!!