O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 21, 2006

-Benvido Sak á Cantina da LNB , abrebadeiro e espacio de conversa dos palanadores e palanadoras da LNB, para empezar, o hidráurico con xiada-cola, laranxa ou limón?

Moitas gracias, tomareino con laranxa.

-Como representante da LNB na coruña e coordinador dos actos do aniversario da emisora de radio cuac-fm , cóntanos un pouco cal é a filosofía que emana
dos vosos micros e coméntanos un pouco co que se van atopar as ducias de afeccionados que o domingo 26 se acheguen ó Campus da Zapeira.

A CuacFM é unha emisora libre que se emite na Coruña (e en breves en internet) e que permite a calquera persoa ter o seu espazo de comunicación, entretemento, divulgación... nun medio de comunicación masivo como é a radio. Polo tanto dentro da CuacFM podedes atopar programas de todo tipo, dende humor ata debate, con un grande abano de programas musicais: dende o heavy metal ata musica tradicional, pasando polo rock, a electrónica ou a musica comercial e incluso programas especializados en banda deseñada ou cociña; todo pode ser posible na CuacFM!!

O domingo, día 26 celebramos o décimo aniversario da emisora e como non podía ser doutro xeito festaxámolo facendo radio, 24 horas continuas de radio durante todo o domingo. Ademáis da emisión 24 horas haberá unha chea de actividades, comezando con concertos e DJs toda a noite, emisión de videos e imaxes da cuac, campionato de play station, monólogos, sesión vermú e o esperado All Stars da LNB. Tal e como está prevista a chegada dos palanadores, poderán desfrutar dunha sesión vermú como mandan os cánones así tamén coma da comida na que compartiremos mesa a xente de O varal e da CuacFM, despois de coller forzas desputarase histórico entre o leste e o oeste, e despois seguiremos a festa con monólogos, concertos e outras actividades ainda por pechar; todo isto acompañado da emisión que seguirá en directo todas as actividades da festa.

-O da Coruña vai ser o primeiro torneo all stars que se celebra no eido do
deporte de esencia tradicional, sodes conscientes os palanadores e palanadores da selección do Oeste diste fito histórico que dende logo supón situar á billarda-LNB coma un deporte moderno e dinámico afastado dos vellos cánones que condearon durante moitos anos a ista disciplina deportiva a un sustrato marxinal.

Dende logo somos conscientes do que significa a LNB para o deporte tradicional, mais esta ineludíbel cita, coma todo fito histórico so poderemos medir a súa importáncia coa perspectiva do tempo. De todos os xeitos estamos moi ledos de que este chanzo no progreso de billarda-LNB sexa co apoio da CuacFM, sabedores ademáis de que o interese pola LNB é cada día meirande.

-Precisamente na Zapateira vaise dar unha colisión absolutamente espectacular, pola mañán concurso de playstation e pola tarde o billarda all stars,filosofía LNB en estado puro, como surxe iste impulso?

Pois realmente saen da xente, dos verdadeiros protagonistas da festa. O interese polos novos xeitos de competición vitual, así tamén coma polos deportes tradicionais é un feito innegábel.

-Comunícoche Sak , que a data do 26 vai ser histórica xa que vai supor ademais a presentación en sociedade da Selección Galega de Billarda,A Zapateira vai ser o primeiro Clinic no que o seleccionador galego Fernándo Veiga vai perfilar a súa primeira lista de convocados , ves unha presión extra para os palanadores e palanadoras dos combinados Leste e Oeste saberse na posibilidade de entrar a formar parte da AUTÉNTICA, nome co que popularmente xa se coñece á Selección Galega de Billarda?

O orgullo de que se desputara este histórico na Coruña xa era altísimo, pero con esta nova penso que o 26 de marzo quedará coma un dos días históricos dentro do panorama deportivo galego. Ademáis está o feito de que o que podería ser unha tranquila exibición sexa unha loita por demostralle a Fernándo Veiga o mellor de cada palanador.

-Brindemos entón pola consolidación dunha proposta deportiva propia e filla do seu tempo e para que o debut da Selección Galega de Billarda "A AUTÉNTICA" sexa o máis rápido posible!!

Antes de irme gustaríame convidar a todos os lectores de O Varal a que veñan o día 26 a presenciar o All Stars e a desfrutar da festa. Brindemos pois por unha realidade un prometedor futuro.