O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 11, 2006

OS PETAPOUCO DISÓLVENSE!!

O varal reproduce a carta de despedida na que a Histórica franquica de barreiros explica motivos da súa disolución. Pese a que todos eles continuarán militancia noutros equipos da *SUPERLIGA* LNB de seguro que o vermello seguirá a brilar sempre no corazón distes fenomenais palanadores e palanadoras.

Despois dunha noite moi longa onde os recordos podían mais que o motivo que nos levou a reunirnos a toda a familia de Os Petapouco, decidiuse o seguinte. Os petapouco foi a primeira equipa da historia da competición da LNB, fumos os primeiros en facer que os xogadores sentiran unha cor representando a un equipo de billarda. Polas nosas filas pasaron grandes xogadores de billarda como foron, Xoan, Toño, Mónica, Teresa, Ana, Servando, David, Fram, Xose Manuel, Calvete, e o sempre impresionante Zidane. Todolos nosos xogadores sempre foron participes das mellores xogadas de algún dos moitos torneos disputados. noso é o xogador que marcou unha época como foi Zidane, e de seguro que volverá a marcala; nosos son os trofeos mais prestixiosos da LNB como é o Palán de Ouro; noso é o primeiro campión da Superliga de Billarda, David pasará a historia dos anais da billarda; e noso foi o primeiro título por equipos da primeira Superliga de billarda. Polo cal como este equipo creemos que xa marcou unha época DECIDIMOS:
DAR POR FINALIZADA A EXISTENCIA DO EQUIPO "OS PETAPOUCO" NA COMPETICIÓN DE BILLARDA LNB, DISOLVENDO DEFINITIVAMENTE O EQUIPO PARA TODALAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS. Dámoslle as gracias a todolos equipos pertencentes a gran familia da A.C.D. O Varal e mais a LNB.

1 Comments:

  • At 12:04 AM, Blogger Turzi said…

    dende o frío de Alemaña, entristécenos a disolución desta histórica franquicia, pero dámoslles máis unha vez os parabéns polos seus éxitos.
    agardamos estes bos xogadores que transmitan a súa sabedoría aos outros equipos.
    saúde, compañeiros!!!

     

Postar um comentário

<< Home