O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 30, 2006

DOS CEBOLLITAS Á INTERPARROQUIAL!!

Exténdese o rumor coma o lume entre a herba seca, Diego Armando Maradona podería formar parte da Selección Parroquial de Vilamartín-Pequeno para tratar de acadar xunto cos seus parentes o único título que lle queda por conseguir ó astro arxentino, o Galo da Interparroquial!!, de seguro que na visita que Diego vai facer ás terras da Mariña de Lugo a man de Deus vai defender o orgullo dos seus antepasados na fraticida competición interparroquial!!