O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 30, 2006

HERMELINDA, MUSA DA LNB!!


O Concello de Sarreaus, está na comarca de A Limia alta dista 52 km de Ourense e 11 km de Xinzo de Limia. O nome do concello, Sarreaus, provén do latín sarrio ou sario, equivalentes do galego sarrio e referente ós terreos areosos formados por aluvións fluviais posteriormente endurecidos e coma un aluvión de voz e emoción disas terras endurecidas é onde habita a musa da LNB , Hermelinda do muiño , sorprendeu o martes pasado no a la la da tvg cunha impresionate voz pero o que moi poucos esperaban é que Hermelinda se descubrira ó mundo coma unha excelente xogadora de billarda , TELE-VARAL recupara o documento e deixa no ar a promesa de traballar a reo para tentar a celebración dun torneo da segunda SUPERLIGA de billarda-LNB no concello de Sarreaus e con Hermelinda coma estrela convidada. Ourense polo intre son terras virxes para a LNB e ogallá Sarreaus poida ser o carreiro polo que o verme da LNB se adentre na perigosa xungla ourensá.