O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, agosto 22, 2006

MOUCHOS E CURUXAS DA LNB!!


A LNB saíu de novo á rúa para presentar publicamente a selección galega de billarda e o inicio da SUPERLIGA 2006-07 e fixoo no incomparábel marco da festa da queimada de Cervo , unha tarde inolvidábel a do pasado sábado na que moitos non perderon os dentes de puro miragre. O doce doping que fervía dentro dos corpos dos palanadores e palanadoras eventuais fixeron que ademáis de voar as billardas polo ar como é menester o fixeran tamén os paláns que se estrelaban contra as paredes das casas dos enfurecidos veciños que vían perigrar os cristais das fiestras polas que insultaban os máxicos deportistas. E coma peche de festa no maxistral bar-restairante o Almacén produciuse un acontecemento absolutamente espectacular ,Machi , o camareiro do bar retou dende dentro da barra ó campión de Varados da primeira SUPERLIGA, Servando non dubidou un intre e rodeados dunha multitude que abandoou o bar para ver un duelo só comparable ó de dous pistoleiros do oeste, Machi coma un billy o neno da billarda se tratara despois de perder con Servando aínda voltou a retar a David, campión absoluto da SUPERLIGA que realizou un espectacular golpexo de máis de 100 metros ante o que o valente Machi, alumno de Don Francisco, antigo mestre de Cervo co que aprendera a xogar á billarda , tivo que rendirse ante a magnitude da obra á que se enfrontaba. Outros clinics son posíbeis!!