O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 28, 2006


Como era de agradar , un dos intres máis emotivos foi cando as dúas seleccións formaron en rea para ó caron da bandeira escoitar e cantar os respectivos himnos, todo un espectáculo que as dúcias de siareiros das dúas seleccións calificaron coma máxico e emocionante, pero o espectáculo tiña que comezar e foi unha coñecida da afección galega ,María, a palanadora da Fanecas Bravas da LNB , a que lanzou a primeira billarda ó ar de Piyarnu para dar inicio ó primeiro internacional de billarda da historia. Asturies iniciou a competición marcando o ritmo con un sencacional Albarín pondo á raia a unha das estrelas galegas como é Calvete, pero pese a que asturies o intentaba con gañas e decisión conducidos por un experimentado David Díaz , Galiza non daba o brazo a torcer e ía sacando pouco a pouco estalos da súa maior experiencia na alta competición, foi entón cando no medio dun enorme trebón de auga que obrigou a suspender momentaneamete a competición se produciu o gran barreno, Ismael. O Zidane da Billarda, liderou o despertar da selección galega cando máis acosada e necesitaba estaba e coma un xinete na tormenta montado nun garañón de Cornería foi quen de conducir ós palanadores e palanadoras galegos ó triunfo final por un axustado 27-21.