O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 10, 2006

SAN XURXO , CITA COA HISTORIA DA LNB!!

San Xurxo prepárase intensamente para recibir ás grande estrelas do deporte da billarda que iste domingo 15 de outubro a partires das 16 h. van desfilar polo cemento pulido dista maravillosa parroquia do concello de Lourenzá , a LNB dá un chimpo dende as terras do marechal Pardo de Cela para seguir desafiando á historia moi preto doutro castelo , o de Tobar nas moi bravas terras de Canedo, na parroquia de San Tomé. San Xurxo foi esceario de grandes batallas, se antes comentabamos a que encumiou a David coma campión absoluto dista competición na campaña pasada, hoxe é obrigatorio nomear a Ismael, o gran Zidane da billarda, que foi precisamente donde se transformou fai xa anos na superestrela que hoxe en día é, e a metamorfose produciuse nunha máxica tarde cando se proclamou campión do torneo máis prestixioso de todos cantos se celebran baixo o paraguas da LNB, o tan cobizado Palán de Ouro foi conseguido por Ismael nunha histórica tarde nista pista de San Xurxo.

O Zidane da billarda liderou a victoria da Selección Galega de Billarda contra Asturies recordando os tempos de cando iste garañon dos Cornería Team era ise palanador absolutamente intratable que conseguiu o primeiro Palán de Ouro en San Xurxo.