O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 21, 2006

GALO E QUICO PREPARAN AS CRESTAS!!


Co cada vez máis preto paso de ecuador os palanadores e palanadoras preparan de xeito meticuloso , cunhas semanas de parón ó igual que pasa nas ligas do leste europeo , o transcendental e agradadísimo TORNEO DO GALO , o 6º asalto a celebrar o vindeiro domingo 17 de decembro en Ribadeo non vai ter só , un excelente Galo galego criado a base de millo e pedras no galiñeiro de Celeiro de Mariñaos propiedade do xenial Gines palanador de Cornería-Team polo que loiten os clasificados na SERIE-A , senón que atención á espectacular primicia que ofrece O Varal , xa está confirmado que os clasificados en SERIE-B van ter tamén o enorme privilexio de loitar por primeira vez na historia polo QUICO DA LNB, directamente do galiñeiro do Zidane da billarda irrumpe iste poderoso un novo trofeo con plumas disposto, ó igual co seu criador , a converterse noutro clásico que racha moles. Únete ó galiñeiro da LNB e deixa de quentar ises malditos ovos chocos!!

1 Comments:

  • At 2:08 PM, Blogger Turzi said…

    Boas! Sinto moito non estar nesta nova acometida da LNB.
    Se houber un torneo de Nadal ou de Aninovo, alá estaría.
    De todos os xeitos, saúde para todos os palanadores e palanadoras (especialmente para a Ekipa Safari).
    Billarda e Terra!

     

Postar um comentário

<< Home