O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, dezembro 18, 2006

VICENTE FAISE CO GALO DA LNB!!


Vicente , o palanador da EkipA SaFaRi, tamén coñecido coma o Beckham da Ponte da Pedra fíxose nunha apretadísima final fronte a Bixi , o palanador dos Bíteres que se está a converter na gran sensasión da tempada , co espectacular Galo da LNB criado no curral de Ginés Celeiro de Mariñaos, nin sequera Batman o galo campión na feira de Cervo celebrada temén ista fin de semana pode competir cos nosos exemplares cos que ademáis de Vicente , Cándido na competición de bolos e Américo na disciplina de chave van substituír o capón de Nadal por un atlético galo da LNB no seu menú de Nadal. Moi atentos ás pantallas porque hai numerosas varicacións na clasificación, pese ás notables ausencias coma o do Trono Foro ou a do EkipA Viluba , o torneo do galo conseguiu reunir en Ribadeo a un numerosísimo público que vibrou ante a intensidade diste deporte que racha moldes. Os nosos amigos de elfarero.com pese a auga e o cedo do acontecemento desprazaron unha unidade móbil ate o aparcamento municipal Ribadense para realizar unha de seguro espectacular reportaxe do aló acontecido que moi pronto poderemos desfrutar, pola súa banda TELE-VARAL subiuse á randeeira para captar imaxes coma sempre exclusivas que de seguro van facer saltar as estelas.

1 Comments:

  • At 7:54 PM, Blogger elfarero said…

    Pois si, estivemos ahí e aquí está unha pequena reportaxe http://www.elfarero.com/infovideos.asp?id_video=119

    E para os máis impacientes podedes velo en youtube http://www.youtube.com/watch?v=cpQZ56cy0RA

     

Postar um comentário

<< Home