O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, janeiro 31, 2006

AS TABOAS DA *SUPERLIGA*

MÁIS IGUALDADE IMPOSÍBEL. PESE A QUE DAVID DOS PETAPOUCO CEDE O LIDERATO A GINES DOS VARAL-MEDIA AMBOS ESTÁN EMPATADOS A PUNTOS A FALTA DE SÓ DOUS TORNEOS PARA O DESENLACE FINAL DISTA ESPECTACULAR *SUPERLIGA*. A EkipA SaFaRi PERDE FUELLE E INCLUSO PERIGA O SEU SEGUNDO POSTO A MANS DUNS REFORZADOS VARAL-MEDIA, NA TABOA FEMININA ANA DA EkipA TOMA O LIDERATO DESPOIS DUNS TORNEOS NOS QUE A SORTE NON FOI A SÚA ALIADA. DESFRUTADE E ABONÁDEVOS A TELE-VARAL PARA VOLTAR A SENTIR O EXQUISITO SABOR DO III TORNEO DO LACÓN. BILLARDA-LNB , NADA PODERÁ DETERNOS!!

Fram dos Petapouco representou ós rookies da LNB nunha trepidante e inédita final que o enfrontou con Ana da EkipA SaFaRi. Posted by Picasa

A SUPERTABOA-TOTAL

Ginés (Varal-Media)..........54 puntos
David (Petapouco).............54 puntos
Servando (Petapouco)........50 puntos
J.Manuel (Petapouco)........47 puntos
Fram (Petapouco) .............46 puntos
Xermán (E. SaFaRi) ..........45 puntos
Ismael (Petapouco).............42 puntos
Toño (E.SaFaRi).................40 puntos
Fran ( Varal-Media)............37 puntos
Vicente (E.SaFaRi).............36 puntos
Ana (E.SaFaRi)...................35 puntos
Juán ( Varal-Media)........... 33 puntos
Calvete (Petepouco)............32 puntos
Ana (Petapouco))................30 puntos
Carmiña ( Varal-Media)......26 puntos
Urbano (E.SaFaRi)..............23 puntos
Lidia ( Varal-Media) ..........21 puntos
Teresa (Petapouco).............15 puntos
Bixi (Varal-Media)..............12 puntos

SUPERTABOA-FEMININA

Ana (E.SaFaRi)...................35 puntos
Ana (Petapouco).................30 puntos
Carmiña (Varal-Media) ......26 puntos
Lidia (Varal-Media)............21 puntos
Teresa(Petapouco)..............15 puntos

SUPERTABOA DAS FRANQUICIAS

PETAPOUCO.................... 238 puntos
EkipA SaFaRi......................176 puntos
VARAL-MEDIA.................162 puntos

SUPERTABOA SUB-18 [ ROOKIES LNB ]

Fran (E.SaFaRi).....................48 puntos
Antón (E.SaFaRi)...................44 puntos
Cristian (Varal-Media)...........44 puntos
Diego (E.SaFaRi)...................42 puntos
Ivan (E.SaFaRi)......................37 puntos
Lía (Varal-Media)..................34 puntos
Adri (E.SaFaRi)......................27 puntos
Dani (Varal-Media)................20 puntos
Paulo (Varal-Media) ..............18 puntos
Marta (E.SaFaRi)....................18 puntos

segunda-feira, janeiro 30, 2006

PRIMEIRA MULLER NO CUMIO DA LNB!!

Bagoas brancas nos ollos acesos do San Xoan Degolado na capela de Vilamartín Pequeno ante a imposibilidade manifesta de que o o agardadísimo III do Lacón se desputara nunha pista con máis de 4 cm de neve. A perigosidade era manifesta xa cando os vehículos chegaban a puntos conflictivos coma Remurelle e topaban co xeo callado e a neve nas estradas. Pero a LNB traballou rápido e traballou ben , troco de pista e asunto resolto, o multiusos do San Bartolo en San Cosme foi o lugar escollido para derimir fronte os cumios nevados e co frío polar metido nos ósos que ía levar o lacón para a pota.The show must go on!! É unha máxima do espectáculo que se transladou do cine ó deporte da billarda , as escaleiras dos escollidos para tentar librar a batalla final polo prezado lacón librárona dous auténticos xenios da competición que racha moldes.Final inédita ,Fram dos Petapouco tremía de nervios e emoción ante a posibilidade de palpar a gloria a tan corta idade xa que aínda é un dos rookies da *SUPERLIGA* e Ana, isa magnífica palanadora da EkipA SaFaRi de Lourenzá que foi a única disa franquicia en pasar das roldas previas foi quen de salvar a honra dunha EkipA que hai quen di que coma as tartarugas de florida son de clima cálido e o frío mata o seu brio. Sexa como fora Ana soubo templar e rematou unha tarde glotiosa na que será recordada como a primeira muller gañadora absoluta dun gran slam LNB. Noraboa a Ana e a todas as mulleres palanadoras que xogan e que apoian iste deporte que rompe moldes e barreiras. Os goyas para os pijos os Lacóns para os auténtic@s!!

Ana da EkipA SaFaRi pasa á historia do deporte da billarda como a primeira muller gañadora dun torneo LNB, moitas felicidade Ana!! Posted by Picasa

O LACÓN EN TELE-VARAL

LACÓN-1: ENTREVISTA E PÉ DE PISTA CON ANA DA EkipA SaFaRi ANTES DE INICIARSE O TORNEO.

LACÓN-2: NO SET DE TELE-VARAL XOAN ENTREVISTA A ISMAEL QUE REMATABA DE MATAR DOUS COCHOS ANTES DO CHEGAR Ó III TORNEO DO LACÓN.

LACÓN-3: ENTREVISTA CUNHA EMOCIONADA ANA PRIMEIRA CAMPIONA DA HISTORIA DUN TORNEO LNB QUE REIVINDICA O PODER LACÓN FRONTE A MENTIRA DOS GOYAS!!

NO GRILO EN RUTA VAI PODER VERSE EN BREVE ISTA INTENSA FINAL XUNTO CUNHA ENTREVISTA A DAVID DOS PETAPOUCO QUE DEIXOU O LIDERATO A MANS DUN TREMENTO GINÉS DOS VARAL-MEDIA.

sexta-feira, janeiro 27, 2006

6º ASALTO CONTRA A FAME!!

Domingo 29 ás 16 h. na pista multiusos de Vilamartín-Pequeno unha guillotina de paixóns vai presidir o transcendental 6º asalto da *SUPERLIGA* . Iste III Torneo do Lacón leva o subtítulo de deporte contra a fame polo que os amigos da asociación de veciños de Vilamartín –Pequeno van combatir iste tremendo mal cunha extraordinaria sorpresa que vai deixar coa boca aberta ós famentos seguidores dista competición que racha moldes.

Traede leña para atizar o lume!! Posted by Picasa

quinta-feira, janeiro 26, 2006

HISTORIA DUN AMADRIÑAMENTO

As Quimbambas da Radio Galega abriron de par en par as fietras do seu programa á voz emocionada da LNB, nisa intensa locución que se perdéstedes podedes recuperala entrando en Tele-Varal , aconteceu algo inaudito, o amadriñamento por parte da directora do programa Amelia García e de todo o equipo da *SUPERLIGA* e do deporte da billarda-LNB, un golpe de emoción que deixou ó borde do infarto ó interlocutor da LNB. O luns 30 a billarda-LNB voltará a tomar o dial da galega e da man das nosas madriñas das Quimbambas para transmitir a todo o país o resultado e a emoción vivida en Vilamartín-Pequeno no espectacular e salgado 6º asalto da competición que racha moldes. Contra as dietas....III Torneo do Lacón.

Apadriña a LNB: ovaral@hotmail.com Posted by Picasa

quarta-feira, janeiro 25, 2006

A LNB NAS QUIMBAMBAS DA RG

A luz que alumea o lusco e fusco das tardes de inverno no dial da radio galega chámase As quimbambas, hoxe 25 de xaneiro apartires das 19:30 h. ista fiestra radiofónica vai abrir as contras e vai dixar que asome a intensa voz da LNB. Pega a orella ó teu transistor e sinte con plenitude a intensa emoción nos prolegómenos do excitante 6º asalto da *SUPERLIGA* de billarda-LNB.

sintoniza coa *SUPERLIGA* - LNB!! Posted by Picasa

segunda-feira, janeiro 23, 2006

DEBUT NA *SUPERLIGA* ……..

Vilamartín-Pequeno, a parroquia do concello de Barreiros vai ser o marco escollido pola nova franquicia que se vai incorporar á *SUPERLIGA * de billarda- LNB. O San Xoan Degolado vai ser testigo de excepción diste impulso girl-power que se vai producir o domingo 29 a partir da 16h. A nova franquicia de carater exclusivamente feminino aínda non fixo público a seu nome pero amiaza con rematar coa hemenonía masculina nista competición que racha moldes. TELE-VARAL captou en dous impresionates estalos as primeiras declaracións distas auténticas heroínas da billarda-LNB que adestran con luz artificial no peirao ribadense. Noraboa e moita sorte ás paladoras que xa compiten e as que se incorporan. Todas as franquicias son posibles no universo estrelado da LNB!!

Palanadores e palanadoras tomarán a pista de Vilamartín Pequeno o domingo 29 apartires das 16 h.  Posted by Picasa

sexta-feira, janeiro 20, 2006

III TORNEO DO LACÓN

VILAMARTÍN PEQUENO, A PARROQUIA DO CONCELO LUGUÉS DE BARREIROS, É A ELEXIDA PARA A DESPUTA DISTE TRANSCENDENTAL E SALGADO 6º ASALTO DA *SUPERLIGA* DE BILLARDA-LNB , A PISTA MÁIS COMPLICADA DE TODA A COMPETICIÓN VAI SER, DE SEGURO A GUILLOTINA PARA MOITOS DOS PALANODRES E PALANADORAS DISTA COMPETICIÓN QUE ROMPE MOLDES. A CITA O DOMINGO 29 DE XANEIRO A PARTIRES DAS 16 H. MENTRAS, DESFRUTA DUNS IMPACTANTES INTRES DE PUBLICIDADE , CAMIÑO A VILAMARTÍN-PEQUENO TELE-VARAL AMÓSACHE UNHA PARADA INEXCUSABLE PARA ABREVAR TI E O CABALO!!

Fungan os motores cara Vilamartín-Pequeno!! Posted by Picasa

TELE-VARAL PUBLICIDADE

Fartos de anuncios de bufetes de abogados que o resolven todo, de invéciles que chaman preguntando polo teléfono do presidente de "azulejos S.A" ou do tráfico camiño a Mechilles, TELE-VARAL aposta de novo pola creatividade extrema e presenta o primeiro anuncio na nosa canle dixital extratarreste. Bar Moderno fronte á casa do concello de barreiros foi o elexido para abrir ista especacular remesa de anuncios , percebes da Pena do Altar e mencía son a carta de presentación que iste auténtico marqués da hostelería ofrece a todos os amigos e amigas de TELE-VARAL.

TELE-VARAL publicidade: ovaral@hotmail.com Posted by Picasa

segunda-feira, janeiro 16, 2006

TELE-VARAL CO SELECCIONADOR!!

Sabemos que moitas veces cando un palanador está metido no xogo vólvese un ser totalmente irracional , case parece un xabarín. De xabaríns e de palanadores falamos nunha intensa entrevista que Fernándo Veiga , o seleccionador galego de billarda concedeu ós micros de TELE-VARAL no multiusos de Trabada. Simplemente espectacular!! A cuestión que atañe agora é marcar o límite dos seleccionables, dende paradiso105 , isa excepcional publicación na rede amósasenos un mapa galego no que de realizarse de seguro Fernándo terá que percorrer moitos máis quilómetros para confeccionar a súa agardada lista de seleccionados e seleccionadas para o debut da auténtica!!

O seleccionador galego de billarda, desfrutou e tomou nota no torneo de Trabada, os nervios ante o posíbel debut da auténtica fan que Fernándo non concilie o sono polas noites e se resinta polo día. Posted by Picasa

quarta-feira, janeiro 11, 2006

PÁXARA NA CABEZA DA *SUPERLIGA*

CRÓNICO: II TORNEO DE INVERNO
TRABADA 8-1-06

Trabada supuxo un punto de inflexión dentro do desenrolo da *SUPERLIGA * de billarda-LNB, unha monumental páxara que afectou a case todos os favoritos que dende o inicio da competición ían encabezando a clasificación xeral fixo que cando remataran as fases previas os elementos que se metían na recta final polo polo título diste 5º asalto da *SUPERLIGA* celebrado no multiusos de Trabada foran sacando a Gines dos magníficos Varal-Media e a Toño da EkipA SaFaRi unhos palanadores e palanadoras case co distintivo de L pegado nas costas.Parello ó inicio das tandas dos cuartos a tarde extendeu o seu manto de xeada preparando así a alfombra de xeo para recibir cos brazos abertos ó vencedor de tan impresionate loita.

Diego, unha das grandes estrelas da competición sub-18, afía con navalla a súa billarda para cortar o xeado ar de Trabada. Posted by Picasa
Pese a que o frío viña feito os numerosos afeccionados que se deron cita no multiusos Trabadense non se moveron das súas localidades e quentaban o ambiente animando ós palanadores e palanadoras das súas franquicias preferidas, especial mencion ás bandeiras dos hooligans da EkipA SaFaRi que pese animar ate case a extenuación a Toño , o único representante da EkipA nas roldas finais iste caeu fronte a un espectacular Calvete dos Petapouco que pese a ir sempre por detrás no desenrolo da carreira nunca se deu por vencido e gañou por milímetros nun desempate a billarda máis longa non apto para cardiacos. Carmiña foi a outra sensación, a palanadora dos Varal-Media portaba amuletos nos seus petos que deberon de escorrentar todos os males ate case as portas do ceo xa que foi vencida en semifianis por Fran , o palanador de Recemil que se atopa coma troita no río cando a pista se inclina un chisco coma ocurría en Tradaba e como acontece en Vilamatín Pequeno donde xa acadou o triunfo na anterior etapa de torneos LNB.

Ginés , o palanador dos Varal-Media suma e sigue na súa loita por acadar a cabeza na SUPERTABOA TOTAL. Posted by Picasa
Así as cousas con Ginés sumando puntos e con un Fram dos Petapouco derrocado en cuartos por Carmiña presentouse unha final inédita na *SUPERLIGA*, Fran , o palanador dos Varal-Medial medíase a un regular José Manuel dos Petapouco que semellaba non querer deixar pasar ista oportunidade de entrar no olimpo da LNB tal como declararía a posteriori ás cámaras de TELE-VARAL, Fran pese a ter máis experiencia nistas situacións límite non atallou os nervios e saíu a matar , José Manuel arriscou o xusto e venceu, dous golpexos con precisión matemática e o título diste II Trofeo de inverno para as súas mans. Impresionante tamén a competición Sub-18 donde os rookies da EkipA SaFaRi arrasan, Ivan apoderouse do triunfo fronte a un durísimo Antón que amosa unha progresión espectacular. Pincha urxentemente TELE-VARAL e revive na nosa grella ardente a emoción vivida en Trabada

IvÁn , o rookie da EkipA SaFaRi vencedor na espectacular categoría sub-18 xunto a José Manuel dos Petapouco vencedor absoluto no multiusos de Trabada. Posted by Picasa

segunda-feira, janeiro 09, 2006

AS TABOAS DA *SUPERLIGA*

A *SUPERLIGA * ESTÁ A ACADAR COTAS DE AUDIENCIA E DE EMOCIÓN IMPENSÁBEIS CANDO SE DEU INICIO A ISTA AUTÉNTICA COMPETICIÓN DESTROZAMOLDES. DEBACLE TOTAL DOS FAVORITOS EN TRABADA QUE PESE A QUE DAVID CONTINUA LIDERANDO A CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL GINÉS O PALANADOR DOS VARAL-MEDIA CUN XOGO ABSOLUTAMENBTE APABULLANTE VAI SUMANDO PUNTOS TORNEO A TORNEO E XA SE SITÚA A DOUS DO LIDER, GINÉS XUNTO CON CARMIÑA,FRAM , CALVETE , JOSÉ MANUEL E FRAN DE RECEMIL FORON AS GRANDES SENSACIÓNS DO TORNEO NO MULTIUSOS TRABADENSE.

A SUPERTABOA-TOTAL

David (Petapouco).............45 puntos
Ginés (Varal-Media)..........43 puntos
Xermán (E. SaFaRi) ..........42 puntos
Servando (Petapouco)........41 puntos
Ismael (Petapouco).............39 puntos
Toño (E.SaFaRi).................37 puntos
J.Manuel (Petapouco).........36 puntos
Fram (Petapouco)................33 puntos
Vicente (E.SaFaRi).............33 puntos
Juán ( Varal-Media)........... 30 puntos
Fran ( Varal-Media)............28 puntos
Ana (Petapouco))................27 puntos
Calvete (Petepouco)............23 puntos
Carmiña ( Varal-Media)......23 puntos
Urbano (E.SaFaRi)..............20 puntos
Ana (E.SaFaRi)...................20 puntos
Lidia ( Varal-Media) ..........18 puntos
Teresa (Petapouco).............15 puntos
Bixi (Varal-Media)..............9 puntos

SUPERTABOA-FEMININA

Ana (Petapouco).................27 puntos
Carmiña (Varal-Media) ......23 puntos
Ana (E.SaFaRi)...................20 puntos
Lidia (Varal-Media)............18 puntos
Teresa(Petapouco)..............15 puntos

A SUPERTABOA DAS FRANQUICIAS

PETAPOUCO.................... 196 puntos
EkipA SaFaRi......................152 puntos
VARAL-MEDIA.................136 puntos

SUPERTABOA DOS VARADOS [tantos directos]

Servando (Petapouco)............2 varados
Ismael (Petapouco) ................1 varado
David (Petapouco) .................1 varado
Urbano (E.SaFaRi)..................1 varado

SUPERTABOA SUB-18 [ ROOKIES LNB ]

Fran (E.SaFaRi).....................37 puntos
Antón (E.SaFaRi)...................35 puntos
Diego (E.SaFaRi)...................31 puntos
Cristian (Varal-Media)...........29 puntos
Lía (Varal-Media)..................25 puntos
Ivan (E.SaFaRi)......................24 puntos
Dani (Varal-Media)................20 puntos
Adri (E.SaFaRi)......................18 puntos
Marta (E.SaFaRi)....................15 puntos
Paulo (Varal-Media) ..............9 puntos

NOVO NO OLIMPO DA LNB

José Manuel , o magnífico palandor dos Petapouco de Barreiros proclamouse vencedor por primeira vez dun torneo LNB, e fixoo no 5º asalto puntuábel para a *SUPERLIGA* LNB celebrado no concello lugués de Trabada. Nunha intensa final que o enfrontou a Fran dos Varal Media, impuxo o seu bo facer e xogo medido ante o palanador de recemil que pese a acumular máis experiencia nista competición sucumbiu ante o seu rival dos Petapouco de Barreiros.

José Manuel recolle o título de campión do II Torneo de inverno celebrado en Trabada de mans do seleccionador galego de billarda. Posted by Picasa

GRELLA DE TELE-VARAL

TRABADA-1 : ENTREVISTA E VICENTE DA EkipA SaFaRi ANTERIOR FINALISTA E CON MOITAS GAÑAS DE RESARCIRSE.

TRABADA-2: FINAL ENTRE JOSÉ MANUEL E FRAN E PRIMEIRA PALABRAS DO PRIMEIRO COMA CAMPIÓN DISTE II TORNEO DE INVERNO.

CONTINUADE PEGADOS ÁS PANTALLAS DE TELE-VARAL PORQUE EN BREVE NO ESPACIO O GRILO EN RUTA VAI ESTAR DISPONIBLE UNHA IMPRESIONANTE ENTREVISTA CON FERNÁNDO O SELECCIONADOR GALEGO DE BILLARDA QUE ESTIVO EN TRABADA OLLANDO AS EVOLUCIÓNS DOS PALANADORES E PALANADORAS PARA CONFIGURAR A PRIMEIRA LISTA DE SELECCIONADOS PARA VESTIR CA MISETA DE GALIZA. E NON É TODO, TELE-VARAL ESTREARÁ NISTA SEMANA UN LATE- NIGHT CUNHA ESPECTACULAR NOVA QUE CONMOCIONARÁ Ó UNIVERSO DA LNB.

Vicente , o Beckham da ponte da pedra, fala en exclusiva para os micros de TELE-VARAL Posted by Picasa

quinta-feira, janeiro 05, 2006

ANGUSTIOSA ESPERA

Os nenos e nenas de toda a Galiza van pasar a noite do xoves case en vela pola chegada dos magos de oriente, mais os nenos e maiores do concello lugués de Trabada teñen un plus de angustiosa espera, o domingo 8 a partires das 15:30 na pista da feira no centro da vila, vai producirse unha espectacular cabalgata de palanadores e palanadoras que van chegar a Tradada cargados de paus e furia. Prevese unha asistencia masiva de público xa que os amigos da asocioación O Picato de Trabada xa fixeron un encargo de máis de 100 entradas para a deputa diste II Torneo de Inverno da *SUPERLIGA*. De tódolos xeitos a LNB xa ten preparadas gradas supletorias para acoller as ruidosas peñas das franquicias da competición e a tódolos espectadores que queiran compartir unha tarde que de seguro vai ser máxica.

segunda-feira, janeiro 02, 2006

VOLTA O GRILO EN RUTA!!

Co novo e trancendental torneo de Trabana no horizonte máis próximo da *SUPERLIGA* - LNB [domingo 8 de xaneiro] , O Grilo en Ruta isa inclasificable producción de TELE-VARAL que está arrasando en audiencia achégase nunha electrizante travesía ate as Fachas. Ista verba que tan ben define ós que ollan por riba do ombreiro e con desprezo ós deportistas da LNB é tamén o nome dunha das parroquias do concello Lugués de Trabada, e alí , coma un refuxiado da paixón Ismael “O Zidane da Billarda” ten instalado o seu particular centro de alto rendemento. O Grilo en Ruta foi ata as Fachas , petou na porta e Ismael abriu para amósarlle a todos os tele-varaleir@s o interior diste auténtico centro de producción de golpes mestres .Hei Turuta fai clic e conecta co Grilo en Ruta!! [Imperdíbel o previo trabada-4]

Ismael con membros do equipo do programa de TELE-VARAL no centro de alto rendemento das Fachas. Posted by Picasa