O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, fevereiro 24, 2006

PALÁN DE MOITOS KILATES!!

CRÓNICO: III PALÁN DE OURO
PAVILLÓN DE SAN MIGUEL / 19-2-06

A maldición de Vilamatín Pequeno que semella aliar ós deuses para que a SUPERLIGA non se celebre na pista do San Xoan Degolado produciuse de novo niste 7º asalto da comptición que racha moldes O tremendo dilubio de auga tronos e vento que azoutou o norte da Galiza foi combatido polos palanadores e palanadoras da LNB baixo o teito do pavillón de San Miguel de Reinate , no concello de Barreiros.
Por primeira vez e aínda que por imperativo meteriolóxico un torneo LNB celebrábase ó cuberto, o máis importante dos trofeos o Palán de Ouro reuniu á flor e nata da élite galega no deporteda billarda, a partir das 16 h, o pavillón de Sasn Miguel era un fervedeiro, dende as bancadas siadeiros animaban ós palanadores e palanadores que sentían resoar nas paredes ises berros desesperados de aopoio .

Calvete foi un dos pilares principais da victoria dos Petapouco na taboa de franquicias dista *SUPERLIGA* 2005-06. Posted by Picasa
Catro grupos repletos de talento ían ser os transpolís dos que os palanadores e palanadoras ían ter que saltar para tratar de meterse nas roldas finais, coma sempre istes peimeiros trompos sempre carrexan sorpresas, a presión puido cun palanador ate o de agora rexo coma o ferro , Ginés, o ata entón lider e que incluso podería converterse no campión absoluto da SUPERLIGA de seguir nas súas marcas patinou no cemento pulido e bicou a lona roxa quedando apeado nas primeiras de cambio, a gran sorpçresa diste palán de ouro sen dúbida foi o golpe de efecto doutro rookie da LNB , Antón da EkipA SaFaRi procedente da magnífica escola de palanaodores e palanadoreas da Ponte da Pedra de Lourenzá e cun xogo desbordante coma a auga dos ríos nistas datas ,colouse nas semifinais e caeu ante un resucitado Xermán que voltaba despois dun letargo que o condeou a varios torneos á sombra.

Carmiña dos Varal-Media é unha da grandes estrelas dista espectacular *SUPERLIGA*-LNB  Posted by Picasa
Calvete xunto con David e Servando foron os principais pilares niste torneo para que a Os Petapouco de Barreiros acadaran o título absoluto na Supertaboa de franquicias, unha guinda que puxo un dos seus máis destacados palanadores , José Manuel nunha final de infarto plagada de erros foi quen de atinar co varado ante a desesperación de Xermán da EkipA SaFaRi que voltaba a medirse nunha final da SUPERLIGA. Pese á amiaza da maletíns a terceiros a LNB pode garantizar a limpeza dun torneo que deixou a Fran , outro excepcional sub-18 da EkipA SaFaRi e ó seu compañeiro de franquicia Toño dentro da especatacular loita de varados ou tiros directos liderada por Servando. As cartas están na mesa preparadas para a timba final a celeberar en Lourenzá na que David semella ter a escaleira de color xa que liderará a clasificación da xeral ó inicio diste 8º e derradeiro asalto da SUPERLIGA 2005-06 do vai saír coroado o lider definivo da competición que racha moldes, vade collendo sitio porque Lourenzá , cun espectacular torneo en plena rúa ó máis puro estilo italiano vai converterse no epicentro mundial do deporte da billarda, vade collendo sitio!!

Fran e José Manuel, os grandes vencedores niste III Torneo do Palán de Ouro.  Posted by Picasa

quarta-feira, fevereiro 22, 2006

AS TABOAS DA *SUPERLIGA*

José Manuel dos Petapouco de Barreiros acada o Palán de ouro nunha final de infarto desputada a cuberto no pavillón de deportes de San Miguel de Reinante(Barreiros) fronte a un resucitado Xermán da EkipA SaFaRi. Os Petapuco proclámanse vencedores absolutos da taboa de franquicias e Ginés do Varal-Media perde o liderato a mans de David dos Petapouco mentras que un explosivo Fran da EkipA xunto co seu compañeiro de franquicia Toño entran na encarnizada loita na Supertaboa de Varados. Lourenzá vai ser un terremoto de paixóns no 8º e definitivo asalto dista espectacular *SUPERLIGA* 2005-06.

*SUPERLIGA* - LNB!! Pavillón de San Miguel (Barreiros) Posted by Picasa

A SUPERTABOA-TOTAL

David (Petapouco).............65 puntos
J.Manuel (Petapouco)........62 puntos
Servando (Petapouco)........61 puntos
Xermán (E. SaFaRi) ..........58 puntos
Ginés (Varal-Media)..........57 puntos
Fram (Petapouco) .............49 puntos
Ana (E.SaFaRi)..................44 puntos
Toño (E.SaFaRi).................43 puntos
Ismael (Petapouco).............42 puntos
Calvete (Petepouco)............41 puntos
Fran ( Varal-Media)............40 puntos
Vicente (E.SaFaRi).............39 puntos
Ana (Petapouco))................33 puntos
Juán ( Varal-Media)........... 33 puntos
Carmiña ( Varal-Media)......29 puntos
Urbano (E.SaFaRi)..............26 puntos
Lidia ( Varal-Media) ..........24 puntos
Teresa (Petapouco).............18 puntos
Bixi (Varal-Media)..............15 puntos

SUPERTABOA-FEMININA

Ana (E.SaFaRi)...................44 puntos
Ana (Petapouco).................33 puntos
Carmiña (Varal-Media) ......29 puntos
Lidia (Varal-Media)............24 puntos
Teresa(Petapouco)..............18 puntos

A SUPERTABOA DAS FRANQUICIAS

PETAPOUCO.................... 282 puntos
[vencedores absolutos]

EkipA SaFaRi......................204 puntos
VARAL-MEDIA.................174 puntos

SUPERTABOA DOS VARADOS [tantos directos]

Servando (Petapouco)............2 varados
Ismael (Petapouco) ................1 varado
David (Petapouco) .................1 varado
Urbano (E.SaFaRi)..................1 varado
Fran (E.SaFaFri)......................1 varado
Toño (E.SaFaFri)....................1 varado

SUPERTABOA SUB-18 [ ROOKIES LNB ]

Fran (E.SaFaRi).....................63 puntos
Antón (E.SaFaRi)...................57 puntos
Diego (E.SaFaRi)...................53 puntos
Cristian (Varal-Media)...........53 puntos
Ivan (E.SaFaRi)......................46 puntos
Lía (Varal-Media)..................45 puntos
Adri (E.SaFaRi)......................30 puntos
Marta (E.SaFaRi)....................27 puntos
Paulo (Varal-Media) ..............21 puntos
Dani (Varal-Media)................20 puntos

terça-feira, fevereiro 21, 2006

OURO EN SAN MIGUEL!!

A maldición de Vilamartín Pequeno fixo que o III Torneo do Palán de Ouro se transladara ó pavillón de San Miguel de Reinante no concello de Barreiros donde nunha final de infarto plagada de erros propiciados polos nervios dos dous protagonistas, José Manuel dos Petapouco dobregou a un resucitado Xermán da EkipA SaFaRi que voltaba a brilar entre os grandes do deporte da billarda-LNB. Pese a todo o Pavillón de San Miguel case se ven abaixo pola tremenda celebración dos Petapouco de Barreiros que se proclamaron vencedores absolutos da SUPER-TABOA de Franquicias. Dende o Varal felicidades a José Manuel e ós seus compañeiros de equipo por istes fenomenais resultados.

Os Petapouco proclamáronse campións absolutos na clasificación de Franquicias.  Posted by Picasa

quinta-feira, fevereiro 16, 2006

ANA NAS QUIMBAMBAS

Iste venres 17 pega a orella ó teu transistor porque no programa das madriñas da LNB da radio galega "As Quimbambas" ,polas 19:30 h. poderedes sentir as impresións de Ana da EkipA SaFaRi, isa palanadora que acadou por primeira vez na historia proclamarse vencedora dun torneo LNB vai falar sobre o clucial choque a celebrar iste domingo 19 na parroquia de Vilamartín Pequeno , penúltimo da SUPERLIGA e do que pode saír xa o campión absoluto dista liga que racha moldes......imperdíbel!!

Ana vai estar coas madriñas nas Quimbambas da RG , LNB poder feminino!!  Posted by Picasa

quarta-feira, fevereiro 15, 2006

III TORNEO DO PALÁN DE OURO

Os nervios ténsanse minuto a minuto e segundo a segundo na terrible conta atrás para o gran retorno da LNB ás terras xeadas de Vilamartín Pequeno no concello Lugués de Barreiros. Niste perigoso 7º asalto do domingo 19 a partir das 16 h, moitos van ser os que biquen o cemento pulido na empinada pista do San Xoan Degolado, na penúltima cita da *SUPERLIGA* vai porse en xogo o trofeo máis espectacular e importante de todo o campionato ,o desexado Palán de Ouro , un premio que só posúe a gran estrela diste deporte da billarda-LNB, Ismael , o Zidane da billarda que xunto con Ginés , o bravo palanador dos Varal-Media que lidera a *SUPERLIGA* van ser os dous años que todos os lobos da LNB queiran atrapar niste , de seguro , sanguento e espectacular 7º asalto da *SUPERLIGA * - LNB . Vilamartín Pequeno incluso pode convertirse no coliseum elexido para coroar o gañador absoluto da liga das ligas na súa edición 2005 – 06 , faigan apostas!! a quiniela da LNB acumula un sensacional bote e se atinas os finalistas e gañador do III Torneo do Palán de Ouro podes voltar cos petos cheos!!

David, tentará con todas as súas forzas arrebatarlle o lidetato a un moi regular Ginés. Posted by Picasa

segunda-feira, fevereiro 13, 2006

DOMINGO SANGUENTO.........

Os nervios ténsanse minuto a minuto e segundo a segundo na terrible conta atrás para a gran cita de Vilamartín Pequeno. No 7º asalto unha guillotina inmensa vai acariñar o pescozo dos palanadores e palanadoras que patinen na empinada pista do San Xoan Dagolado, a cita , iste domingo 19 apartires das 16 h.

Ginés , o bravo palanador dos Varal-Media lidera a *SUPERLIGA* polo que vai ser o año que todos os lobos queiran atrapar niste , de seguro , sanguento 7º asalto da competición que racha moldes!! Posted by Picasa

quarta-feira, fevereiro 08, 2006

VILAMARTÍN PEQUENO VS DETROIT

A *SUPERLIGA * acada cotas de tensión e incertidume xamais pensadas cado se deu comezo a ista extraordinaria loucura . Todo o país foi testigo das verbas do palanador dos Petapouco de Barreiros, Calvete, cando nos micros do programa As Quimbambas da RG, declarou extasiado que a recta final da competición que racha moldes esixía un reforzamento nos adestramentos e unha concentración extra, as nosas madriñas mediáticas quedaron perplexas ante a furia e a forza xuvenil dun palanador de case 70 anos . O domingo 19 de febreiro a LNB retorna a Vilamartín Pequeno para zanxar unha débeda coas ducias de afeccionados ó grande espectáculo da billarda-LNB , nen a 40ª edición da Super Bowl pode competir co tremendo espectáculo que se vai vivir na pista multiusos do San Xoán Degolado. *SUPERLIGA* –LNB , degola os teus prexuicios!!

*SUPERLIGA* antídoto contra o imperialismo deportivo!! Posted by Picasa

sexta-feira, fevereiro 03, 2006

HISTÓRICA FINAL [teletranspórtate]

SE A NEVE IMPEDIUCHE ASISTIR Á AGÓNICA FINAL DO III TORNEO DO LACÓN CELEBRADA FRONTE ÓS MONTES NEVADOS DE COMAO , NON TE PREOCUPES , PREME NO ENLACE E Ó SEGUNDO VERÁS ISTE HISTÓRICO DOCUMENTO INTALADO NO APARTADO DE TELE-VARAL “O GRILO EN RUTA” XUNTO CUNHA EXTRAORDINARIA ENTREVISTA A PÉ DE PISTA A UN COMBATIVO DAVID QUE DEFENDE CON UÑAS E DENTES O ORGULLO PETAPOUCO. E SE VISITANDES PARADISO105 PODEDES COÑECER, DO SEU PUÑO E LETRA, IMPRESIÓNS DUN DOS PROTAGONISTAS DISTA XA HISTÓRICA FINAL. PREME E SINTE DE NOVO AS PEGADAS DUNHA XÉLIDA TARDE NA QUE ANA DE LOURENZÁ SE CONVERTEU NA PRIMEIRA MULLER GAÑADORA DUN GRAND SLAM LNB. TELETRANSPÓRTATE Ó MULTIUSOS DO SAN BARTOLO!!

TELE-VARAL teletranspórtate!! Posted by Picasa