O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 30, 2006

HERMELINDA, MUSA DA LNB!!


O Concello de Sarreaus, está na comarca de A Limia alta dista 52 km de Ourense e 11 km de Xinzo de Limia. O nome do concello, Sarreaus, provén do latín sarrio ou sario, equivalentes do galego sarrio e referente ós terreos areosos formados por aluvións fluviais posteriormente endurecidos e coma un aluvión de voz e emoción disas terras endurecidas é onde habita a musa da LNB , Hermelinda do muiño , sorprendeu o martes pasado no a la la da tvg cunha impresionate voz pero o que moi poucos esperaban é que Hermelinda se descubrira ó mundo coma unha excelente xogadora de billarda , TELE-VARAL recupara o documento e deixa no ar a promesa de traballar a reo para tentar a celebración dun torneo da segunda SUPERLIGA de billarda-LNB no concello de Sarreaus e con Hermelinda coma estrela convidada. Ourense polo intre son terras virxes para a LNB e ogallá Sarreaus poida ser o carreiro polo que o verme da LNB se adentre na perigosa xungla ourensá.

terça-feira, junho 27, 2006

U-LO LAVODRAMA?


Debú da selección galega de basket no pavillón de deportes de Lugo perante o Xapón, o varal bota chispas de emoción xa que ó día seguinte nas Travesas de Vigo a feminina de basket desputa o seu primeiro enfrontamento internacional contra a tamén selección nipona. Ogallá que o goberno galego e os deportistas de canastra apoien igual cando sexa a de billarda a que debute, en fin, que se temos que tragar a un Manel Sánchez como grande insignia do baloncesto diste país dende O Varal reivindicamos enerxicamente a figura do grande Anicet Lavodrama , o pivote galego-centroafricano que tantas tardes de gloria deu ó baloncesto galego mentras militaba no clesa ferrol está ausente de todo o engranaxe da selección galega , qué pena que a festa non poida ser completa , Galiza capital Bangui!!

sexta-feira, junho 23, 2006

O DRAFT DA LNB!!


O verán chegou pero o frenético ritmo que marca a LNB fai que toda a actividade se traslade da pista ós despachos, xa temos confirmados dous novos equipos para desputar a competición da segunda SUPERLIGA de billarda-LNB da historia, das zinzas dos históricos Petapouco aparecen o Sporting Pt e o Atletico Pt , de seguro que istes xeniais palanadores e palanadoras seguirán dando espectáculo e brilando na mellor liga do mundo de billarda, pouco a pouco seguiremos dando novas sobre a configuración das franquicias que se atrevan a desafiar as leis da gravidade , racha as cadeas e entra no draft da LNB!!

terça-feira, junho 20, 2006

BILLARDA-LNB, A GRAN POTENZIA!!


Por se había algunha dúbida ó respecto , o luns pola noite puidemos ver no programa que conduce Carlos Blanco como un dos máximos responsábeis do goberno español se enteiraba de que na Galiza mais que seguir o mundial de futbol o que o segue é a LNB (Liga Nacional de Billarda) , agora que a selección galega de billarda ten moi próxima a súa primeira data para o debú internacional en terras Astures é bo saber que as rumorosas e todo o pobo galego está coa expedición galega que vai cruzar a ponte dos Santos montada na Guagua para defender cos paus na man e a billarda no chan o orgullo galego tantas veces aldraxado e alpurrado polos sucesivos governos españois e galegos. Apoia a selección!!

quinta-feira, junho 15, 2006

TELE-VARAL NO CENTRO DE EUROPA!!


TELE-VARAL viaxa ate xusto o centro de europa para reivindicar a selección galega de billarda nun choque entre a República Checa – República Galega e a partires de hoxe dúas produccións de TELE-VARAL estarán presentes no espectacular FUNCION VIDEO-FESTIVAL de MiniMETRAJES de Barcelona que se celebra entre os días 15 e 17 , ista mostra para creacións audiovisuais en cámaras de foto dixitais e teléfonos móbiles é única no estado , palizas e billarda son os amos distes novos formatos , coma o purín abona os prados TELE-VARAL abona a túa mente!! Outros abonos son posíbeis!!

sexta-feira, junho 09, 2006

REVÉLATE!!


Sintoniza TELE-VARAL!!

terça-feira, junho 06, 2006

SACUNDO , O ULTRA MÁIS TEMIDO!!


Sacundo é a cabeza visible dos ultras que acompañan á selección parroquial de Celeiro de Mariñaos, moitos son os medios que queren falar con el pero ate o de agora ningún fora capaz poder gravado, TELE-VARAL amosa a súa faciana máis extrema, Vicente , o reporteiro das misións máis perigosa colleu o micro e pondo en perigo a súa integridade captou por primeira vez na historia a faciana e as amiazas que Sacundo, o Ochaíta da billarda , verteu ás cámaras da primeira microtelevisión galega.

sexta-feira, junho 02, 2006

A CULLER DE PAU PARA LOURENZÁ!!


A selección parroquial de Lourenzá osmaba coma os cans osman o perigo que ía ser para eles a tan pouco desexa por todos culler de pau, para demostralo o enviado especial de TELE-VARAL Juán Pico entrevistaba a pé de pista durante a primeira das semifinais a Servando de San Cosme e a Viluba da mandariña mecánica de Lourenzá e xa nas verbas diste último se deixaban entrever a posibilidade de que os da fonte da rá levaran o premio ó último clasificado diste Super-4 Celeiro 2006. IMRESIONATE!!