O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 28, 2006

SERVILLETAS E CONTRATROS.....


Arden os despachos co espectacular tráfico de fichaxes e bulen os apoderados dos palanadores e palanadoras que tentan pechar contratos cara ó inminente inicio de segunda SUPERLIGA de billarda-LNB que se prevé durísima e impredecíbel. Pero era inevitable que niste intenso bulir de fichaxes non saltara a polémica, o varal , tivo acceso de xeito exclusivo a un documento absolutamente excepcional, Servando o palanador que pertencera á disciplina dos Petapouco asinara un contrato coa Ekipa SaFaRi o día 3-7-06 nunha sevilleta dun establecemento público do cal non imos decir o nome e polo cal se adrcribía á disciplina da EkipA por dous anos, inexplicabelmete coa aparición en escena dos BÍTERES, Servando desvinculouse do anteriormente asinado e vai iniciar a tempada formando parte dista nova franquicia formada maioritariamente por elementos dos antigos Petapouco. Segundo pesquisas dos nosos reporteiros os BÍTERES van utilizar nas súas camisetas tamén a cor azul, cor insignia dos característicos petos da EkipA. Dende logo saltan chispas e o que se prevía unha apaciguada pretempada estase a converter no preliudio dunha loita entre vellas fracción enemistadas de sempre a EkipA SaFaRi e a ala máis radical dos Petapouco , que agora por fin deixa de utilizar a careta e mostran as súas armas, nun buro-fax chegado á redación do varal a EkipA SaFaRi diríxese ó xa palanador dos BÍTERES nistes escuetos termos: MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA, VÉMONOS NA PISTA!!

SERVANDO, O CAMPIÓN DE VARADOS E SUBCAMPIÓN ABSOLUTO DA SUPERLIGA PROTAGONIZOU O GRAN CULEBRÓN DO VERÁN POR MOR DA SÚA FICHAXE , OS BÍTERES E A EkipA SAFARI MERGULLÁRONSE NUNHA ENCARNIZADA LOITA QUE ACABOU COS ÓSOS DO MAXISTRAL PALADOR VESTINDO A CAMISOLA DOS BÍTERES, AS VELLAS RENCILLAS EkipA-PETAPOUCO ESTÁN DE NOVO A FLOR DE PEL!!. PERO SERVANDO NON É O ÚNICO ELEMENTO DE POLÉMICA NISTA INTENSÍSIMA PRETEMPADA, NO VARAL IREMOS CONTANDO TAMÉN OS MOVIMENTOS DOUTRAS DAS GRANDES ESTRELAS DA LNB QUE BUSCAN ACOUGO NOS PALLEIROS MÁIS INSOSPEITADOS. ACOLLÓATE CAPELO!!

segunda-feira, julho 24, 2006

SAN COSME SEN DESPEITEARSE!!


A selección parroquial de San Cosme pasou sobre o combinado de Celeiro de Mariñaos sen mover un só pelo deixando a istes últimos sen opción ningunha de vingarse do sucedido no anterios SUPER-4. San Cosme a día de hoxe son practicamente invatíbeis , os seus palanadores e palanadoras rinden a un nivel impresionante cando enfundan a súa camisola branca. Pero máis aló da celebración diste clásico interparroquial vai quedar para sempre que foi no multiusos de Celeiro de Mariñaos donde naceron dúas franquicias máis que se van incorporar ás competición da SUPERLIGA 2006-07 , os TRONOS DO MASMA e os MARIÑAOS DE CELEIRO van unirse á próxiam campaña ligueira da mellor competición de billarda do mundo que conta ademáis coa confirmada adresións dos BÍTERES que é o nome definitivo polo que optan unha parte dos herdeiros do legado dos PETAPOUCO DE BARREIROS. benvidos a tod@s e calqueira que queira unirse á competición que racha moldes que o faiga urxentemente póndose en contacto con nós [ovaral@hotmail.com], moi pronto imos amosar xa o calendario da competición que racha moldes e no que ti tes que estar competindo, non nos mires colle os paus e ó deixate engiolar pola competición que racha moldes!!

sexta-feira, julho 21, 2006

O CLÁSICO DOS CLÁSICOS!!


A proximidade do debú da selección galega de billarda vai ser un dos grandes alicientes diste clásico dos clásicos protagonizado polos combinados parroquiais de Celeiro de Mariñaos e San Cosme para asegurar un espectacular torneo no coliseum de Celeino iste domingo 23 a partires das 17:30 h. xa que todos os palanadores e palanadoras tentarán dar o mellor de si para agradar ó seleccionador Fernado Veiga que aínda non deu a lista final dos convocados para enfrontarse ás selección Astur no espectacular complexo deportivo de Pillarno, no concello de Castrillón . Despois do descalabro no SUPER-4 interparroquial o combinado de Celeiro dirixido por Ismael , o Zidane da billarda ,vai tentar vingarse ante o seu eterno rival, a temible selección de San Cosme de Barreiros, agardemos que nadie turre nista agardasísima final, a LNB xa dispón de cordas para acabicornar no caso de producirse embestidas a contrarios.

quarta-feira, julho 19, 2006

O CAMPO DE BATALLA!!


Futbol , triatlon , basket e tenis de mesa foron os que por agora primeiro sentiron a emoción de vestiren a camisola da Galiza, mentras , a LNB traballa a reo á marxe de calquer axuda institucional na preparación do seu partido de debú . O estadio xa está confirmado, do velódromo de Avilés que se barallaba como posibilidade inicial pasamos ó complexo deportivo de Pillarno no concello de Castrillón , un espectacular marco que pode acoller ate 3000 afeccioonados sen ningÚn tipo de problemas. A selección asturiana non mantén unha competición regular, dous dos seus paladores titulares militan en franquicias da LNB , pero moito ollo con eles xa que teñen formada a LNL (Liga Nacional del Lirio ) que lles serve de plataforma para organizar as súas series e para preparar unha selección competitiva 100 % 100 que quere facer fronte con uñas e dentes a toda unha potencia como é a Galiza, contan coa gran baza de xogaren na casa, polo que vai ser moi importante o apoio dos centos de siadeiros galeg@s que acompañen á auténtica niste histórico enfrontamento. Atentos á pantalla porque a LNB organizará un importante continxente de apoio ós milicianos do palán, a uténtica empeza a conta atrás, un deporte non legalizado é o único que pode representar con dignidade un país aínda por legalizar. Selección Galega de Billarda......ESPÍRITU IRMANDIÑO!!

segunda-feira, julho 17, 2006

GALIZA PING-PONG!!


Un abarrotado multiusos do Sar en Compostela, acolleu iste pasado sábado 15 de xullo a estrea da selección galega de tenis de mesa fronte a unha moi potente selección portuguesa. Os lusos levaron o triunfo por un contundente 5-0 pero Galiza deixou semente de vencer, Hadrián Vidal de tan só 17 anos , os históricos irmáns Enseñat, Xacobe e Xoan e o ruso-galego Valeri Malov fixeron que todo o país torcera a ollada cara un deporte tan espectacular coma descoñecido. Dende o Varal queremos fecicitar a toda a selección e a todos os afeccionados que apoiaron coa súa presencia e os seus berros a consecucuión dun fito histórico do deporte galego . Suecos, Chinos e Coreanos, preparádevos!!

quinta-feira, julho 13, 2006

ZIDANE TURRA NA LNB!! [ preme ]


Ate a redacción do Varal chegan infinidade de correos preguntando polo futuro dos palanadores e palanadoras da antiga franquicia dos Petapouco que ó remate da pasada campaña proclamaron a súa definitiva dosolución. Dous equipos nacen das súas cinzas, o Sporting Billardeiro donde ten confirmada a súa participación o campión da primeira SUPERLIGA David Díaz e o Atlético Pt, as plantillas iránse publicando pouco a pouco pero xa anunciamos que moi pronto imos amosar un documento en exclusiva donde un ex-Petapouco asina contrato con outra franquicia que non é nen o Sporting nen o Atlético. Pero a maioría das cuestións chegadas ó varal céntranse no futuro da grande estrela da LNB , Ismael o Zidane da billarda co que se especulou moito co seu posible abandono das pistas de xogo para poder voltar de lombos do seu quad a competir no atrabiliario mundo do motor. TELE-VARAL fala distas e de máis cuestións con Falcón , o seu inseparábel manager que é quen dirixe na sombra as tremendas embestida do auténtico Zidane da billarda.

terça-feira, julho 11, 2006

É TEMPO DE ESQUILE!!


Coma un castrón suorento o varal tivo que someterse a unha espectacular operación de esquilaxe para facer fronte ós terribles quentes do verán , non vos deixedes invadir pola canícula e moi atentos á xogada porque moi pronto o gran castrón da LNB vai estar preparado para propinar a máis terrible das envestidas!!

quinta-feira, julho 06, 2006

O ELECTRO-PALANADOR!!


Ó igual que pasa noutros deportes coma no boxeo co caso do grande Oscar de la Hoya ou como pasou no tenis co franco-camerunés Yanick Noah , na billarda-LNB tamén algúns deportistas optan por combinar de xeito maxistral a maxia dos rings ou das pistas de terra batida coa intensidade extrema das pistas de baile. Primeiro foi Hermelinda do Muiño quen demostrou do que é capaz de facer coa súa voz a maxistral palanadora de Sarreaus e agora baixo o desconcertante alcume de zimmer103 , o palanador de Lourenzá xermän viluba instalado na inmensidade dos estudios Grozni de Ribadeo é quen de agasallarnos cun espectacular ghit de verán que vai revolucionar as pistas de baile do universo enteiro, Shakira , Madonna ...... a min non vos vides!!