O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, agosto 31, 2006

DO CEO ABERTO ÁS QUIMBAMBAS!!


A TERRA XA NON É SUFICIENTE , UNHA LIGA QUE RACHA MOLDES E PASA DE DURMIR A CEO ABERTO A DESPRAZARSE CARA Á NAVE ESPACIAL DIRIXIDA POLAS MADRIÑAS.

-HOXE VENRES ÁS 19:30 A VOZ DA LNB NO PROGRAMA DAS MADRIÑAS DA RADIO GALEGA (AS QUIMBAMBAS)VAI INFORMAR DO ESPECTACULAR ENGRANAXE QUE ISTE DOMINGO SE PON EN MARCHA EN VILAMARTÍN-PEQUENO PARA O INICIO DA SUPERLIGA-LNB 2006-07

-ONTES Á 1:30 DA MADRUGADA A VOZ DA LNB POR PRIMEIRA VEZ RESOOU EN TODO O ESTADO ESPAÑOL E NON PODÍA SER NOUTRA EMISORA QUE A CADEA COPE, O PROGRAMA DAS MADRUGADAS A CEO ABERTO DIRIXIU A SÚA OLLADA DENDE MADRID CARA VILAMARTÍN-PEQUENO PARA TRADUCIR Ó ESTADO ESPAÑOL O APOTEÓSICO INICIO DA SUPERLIGA-LNB!!

A *SUPERLIGA* XA ESTÁ NO AR!!


A TODO GAS DIRIXE O TEU GLOBO CARA A VILAMARTIN-PEQUENO EN BARREIROS (LUGO):

-VENRES A ISO DAS 19:30 MENTRAS ACARICIES AS NUVES SINTONIZA AS QUIMBAMBAS DA Radio Galega PARA SENTIR A VOZ DA LNB QUE NO PROGRAMA DAS MADRIÑAS VAN PRESENTAR EN EXCLUSICA MUNDIAL A EXPLOSIVA SUPERLIGA 2006-07.

-POLAS 21:30 FAI POR ATERRAR O GLOBO MOI PRETO DA CAPELA DO SAN XOÁN DEGOLADO PARA UNIRTE Á ESPECTACULAR FESTA DE PRESENTACIÓN DAS FRANQUICIAS CON MÚSICA EMPANADAS CHOURIZOS E CHOFLAS DE CORADA ATE A MADRUGADA.

-O SÁBADO PODES PEGARTE UN BAÑO POLAS PRAIAS DE RIBADEO E BARREIROS E REMATAR POLA NOITE NO FESTIVAL IMPLÍCATE QUE SE CELEBRA EN BURELA.

-DOMINGO 16:30 DE NOVO EN VILAMARTÍN-PEQUENO INICIO DO 1º ASALTO DAS SUPERLIGA 2006-07

-E NA MADRUGADA DE VOLTA NA INMENSA OSCURIDADE POLAS 0:15 PODES VOLTAR A SINTONIZAR A Radio Galega PORQUE NO PROGRAMA MÁIS BERBERECHOS Mª XOSÉ RODRÍGUEZ VAI FACER O ASUBÍO DE HONRA QUE CORRESPONDE Ó INICIO DE SUPERLIGA.

quarta-feira, agosto 30, 2006

A POTENZIA DA *SUPERLIGA* [preme]


A moi poucos días para a traca inicial da *SUPERLIGA* todos os estamentos están traballando a reo, os xastres a todo trapo preparando as equipacións oficiais, os cociñeir@s preparando as tortelas e chourizos para festa de presentación do venres á noite, os masaxistas loitando contra os músculos recios dos deportistas e TELE-VARAL preparando as cámaras coas que gravalo todo, pese a que a tvg non vai estar o domingo en Vilamartín-Pequeno nun dos seus programa "SOMOS UNHA POTENZIA" un alcalde cubano dende as rúas da Habana explicou fai pouco os pormenores deste espectacular deporte e de paso fixo un impresionante recordatorio dos míticos PETAPOUCO. Para os non iniciados a mellor das explicacións posíbeis!!

terça-feira, agosto 29, 2006

COMEZA A CONTA ATRÁS !!


Creada como parroquia en 1895 Vilamartín Pequeno delimita con Cabarcos polo Norte e polo Oeste, Fórnea polo Sul e Arante ó Leste e conta con 84 habitantes agrupados en 6 núcleos de población , histórias tenebrosas teñen coma protagonista ó San Xoan Degolado patrón dista singular parroquia , desaparición de persoas que nunca máis foron vistas, producirase niste arranque de tempada a desaparición dalgún palanador ou palanadora das fanecas bravas, dos Bíteres, Dos tronos do Masma, dos Sporting billardeiro, da EkipA SaFaRi ou dos Garañóns de Corneiría? A resposta a parites das 16:30 h do domingo 3 de setembro, e se ti queres viver coas estrelas da LNB a tensión dos días previos o venres 1 de setembro achégate á festa de presentación das franquicias que dende as 21:30 ate a madrugada no propio campo de xogo de vilamartín pequeno se vai celebrar , chourizos choflas de corada , música e viño para combatir a tensión acumulada niste intensísimo arranque de tempada!!

quinta-feira, agosto 24, 2006

A *SUPERLIGA* EN TELE-VARAL!!


No suplemento Tempo Livre de Novas da Galiza asinado por xermán viluba xa adiantaba que a TVG non ía ter os dereitos televisivos para retransmitir partidos de futbol de primeira os sábados pola noite como era costume ate o de agora, cal vai ser a alternativa? Nise mesmo artigo apelábase á canle pública galega para que no canto de futbol iste ano se retransmitise a SUPERLIGA de billarda-LNB , a moi poucos días para que o domingo 3 de setembro a primeira billarda da tempada corte o ar no coliseum de Vilamartín Pequeno a TVG aínda non se puxo en contacto con ningún dos estamentos federativos da LNB polo que pensamos que a billarda-LNB quedará un ano máis fóra da grella da TVG donde teñen prioridade outro tipo de contidos baseados sempre na tele-morralla, pero os que non van faltar ó carón da capela do san xoan degolado vai ser o exercito regular de reporteiros de TELE-VARAL que capitaneados polo reporteiro-estrela Juán Pico un ano máis van saltar muros e valados físicos e mediáticos para dar a coñecer ó mundo ós gladiadores e gladiadoras do deporte da billarda-LNB. Suscríbete a TELE-VARAL e verás a diferencia!!

terça-feira, agosto 22, 2006

MOUCHOS E CURUXAS DA LNB!!


A LNB saíu de novo á rúa para presentar publicamente a selección galega de billarda e o inicio da SUPERLIGA 2006-07 e fixoo no incomparábel marco da festa da queimada de Cervo , unha tarde inolvidábel a do pasado sábado na que moitos non perderon os dentes de puro miragre. O doce doping que fervía dentro dos corpos dos palanadores e palanadoras eventuais fixeron que ademáis de voar as billardas polo ar como é menester o fixeran tamén os paláns que se estrelaban contra as paredes das casas dos enfurecidos veciños que vían perigrar os cristais das fiestras polas que insultaban os máxicos deportistas. E coma peche de festa no maxistral bar-restairante o Almacén produciuse un acontecemento absolutamente espectacular ,Machi , o camareiro do bar retou dende dentro da barra ó campión de Varados da primeira SUPERLIGA, Servando non dubidou un intre e rodeados dunha multitude que abandoou o bar para ver un duelo só comparable ó de dous pistoleiros do oeste, Machi coma un billy o neno da billarda se tratara despois de perder con Servando aínda voltou a retar a David, campión absoluto da SUPERLIGA que realizou un espectacular golpexo de máis de 100 metros ante o que o valente Machi, alumno de Don Francisco, antigo mestre de Cervo co que aprendera a xogar á billarda , tivo que rendirse ante a magnitude da obra á que se enfrontaba. Outros clinics son posíbeis!!

segunda-feira, agosto 21, 2006

A VOLTA DUN CLÁSICO DO VERÁN


San Cosme exerceu coma local na volta do clásico de verán do deporte da billarda que o enfronta coa potente seleccción parroquial de Celeiro de Mariñaos que non puido resarcirse da derrota anterior en terras mariñanas, San Cosme barreu literalmente iste domingo ó seu contrincante amosando un poderío igual ou superior incluso ó demostrado no primeiro enfrontamento.

quinta-feira, agosto 17, 2006

CHEGA A SUPERLIGA 2006-07!!


Os palanadores e palanadoras da LNB xa desenterran os paláns de guerra xa que o inicio da segunda *SUPERLIGA* de billarda está cada vez preto. 35 son os deportistas xa inscritos nista competición que un ano máis se dispón a rachar moldes , 35 elementos englobados nos diferentes equipos que van desafiar iste 2006-07 as leis da gravidade na mellor competición de billarda do mundo, Bíteres, Os Garañons de Corneiría, Sporting Billardeiro, As Fanecas Bravas , EkipA SaFaRi e os Tronos do Masma son as franquicias que xa teñen a plumaxe preparada para saltar o día 3 de setembro á maís perigosa de tódalas pistas que compoñen o circuito dista de seguro espectacular *SUPERLIGA* 2006-07 que por se fora pouco trae consigo novo formato de competición con posibilidade dun torneo a outro descender de categoría é dicer de xogar unha xornada na SERIE-A a descender ó inferno da SERIE-B é unha simpre cuestión de sorte e temple. Aída estás a tempo! se queres entrar niste auténtico trobo deportivo ou queres propor unha sede para a desputa dun dos torneos da *SUPERLIGA* manda unha nota polo pichón da LNB [ovaral@hotmail.com].

quinta-feira, agosto 10, 2006


DOMINGO 3 DE SETEMBRO NA PISTA MULTIUSOS DE VILAMARTIN-PEQUENO, NO CONCELLO DE BARREIROS (LUGO) A LNB PRENDE A MECHA DA II SUPERLIGA DE BILLADA-LNB DA HISTORIA. PALANADORES E PALANADORAS CONTRA A BARBARIE NOS MONTES GALEGOS!!

terça-feira, agosto 01, 2006

A LNB EN ' TEMPOS LIVRES '


As páginas centrais do novo suplemento de lezer alternativo de Novas da Galiza detenhem-se a valorizar a nova situaçom da música nacional da mao de Vincent 'Regueifeiro' Jalo. Caminhadas com memória histórica por Antom Árias Curto, roteiro ciclista pola Límia recomendado por Xan Duro, a Liga Nacional de Bilharda vista por Xermán Viluba e o meio digital Futbolgalego.net, apresentado por Borxa Vilas, dam forma a este especial, que inclui umha agenda de concertos .
Corre ó teu kioske e pide Novas da Galiza!!