O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 31, 2006

ISMAEL ELIXE REMOURELLE!!


Remourelle foi o sitio elexido por un espectacular Zidane da billarda para asaltar o liderato da SUPERLIGA, nen sequera agardou ó paso de ecuador para amosar as súas armas, aproveitou un despiste de Foro , que manten aínda a segunda praza, fronte a un irrecoñecíbel Bixi para na propia final fronte a ista ascendente estrela dos Bíteres facerse co III Torneo do Magosto e de paso conquistar o preciado liderato da mellor liga de billarda do mundo.Todas as clasificacións están xa á vosa enterira disposición no enlace patrocinado pola TENDA-LNB, botédelles un ollo porque ó igual que as castañas explotan no tambor da lavadora a cousa en todas as táboas está que arde!!

segunda-feira, outubro 30, 2006

ZIDANE ABRÍU O OURIZO!!


ESPECTACULAR DEMOSTRACIÓN DE XOGO DA GRAN ESTRELA DO DEPORTE DA BILLARDA-LNB, ISMAEL, O ZIDANE DA BILLARDA, ARRASOU CON TODO CANTO SE LLE PUXO DIANTE, NEN VILUBA, NEN O ESPECIALISTA EN VARADOS XOSÉ MANUEL PUIDERON FREAR A ISTE GALÁCTICO QUE NA FINAL TUMBOU Ó OUTRA GRAN SENSACIÓN DO TORNEO DO MAGOSTO, BIXI, PERDEU POR MOI POUCO NISTE TENSO TORNEO DESPUTADO EN REMOURELLE. ATENTOS ÁS CLASIFICACIÓNS PORQUE VAI HABER SUSTANCIOSAS VARIACIÓNS, INCLUSO FORO, O ATE AGORA LIDER DE FERRO DEIXA O LIDERATO Ó GRANDE ZIDANE DA BILLARDA. ISTA NOITE OS OUVÍNTE DE RADIO-VALADOURO VAN PODER SENTIR A VOZ DA LNB COMENTANDO TODO O ACONTECIDO NO MULTIUSOS REMOURELLENSE, NIN O LARGUERO , NEN O TIRACHINAS E DESAPARECIDO XA O MARACANÁ 06 , CONECTA A HORA KRONO E SINTE O RUXIR DA NOVA RADIO NOCTURNA DEPORTIVA MÁIS ARRISCADA E COMPROMETIDA DE TODO O TEU DIÁL.

quinta-feira, outubro 26, 2006

EN REMOURELLE COMA EN INTERLAGOS!!


Fai unha semana nun circuito de fala coma a nosa un asturiano proclamouse campión mundial de fórmula-1 , en Remourelle coma en Interlagos córrese ó contrario das agullas do reloxo , móvete ti tamén ó contrario e instálate no pit-lane da LNB, xuntos , mais non revoltos na celebración do III Torneo do Magosto iste domingo 29 , o touciño e a velocidade teñen , por primeira vez na historia , unha ineludíbel cita en Remourelle!!Non podes faltar,sube ó camión-guagua e descubre a outra cara do concello de Ribadeo....

terça-feira, outubro 24, 2006

TELE-VARAL EN BUDAPEST [preme]


TELE-VARAL celebra o 50 aniversario da revolución húngara emitindo un documento único e absolutamente espectacular , ontes un tanque roubado percorreu de novo as rúas de Budapest pero fai unhas semanas un reporteiro de TELE-VARAL asaltou a rúa Rakochi , en pleno corazón da capital húngara , para pedir a berros un enfrontamento República Húngara – República Galega. Ogallá pronto poidamos celebrar coa mesma intensidade, o agardado aniversario da revolución galega!!

segunda-feira, outubro 23, 2006

CITA EN RIVUS MAURILLI......


Iste domingo 29 de outubro na salvaxe parroquia de Remourelle , unha explosiva unión de billardas e castañas ardendo van eclosionar xusto no corazón do concello-fronteira de Ribadeo. Para situarnos en materia , O Varal estudia a etimoloxia da espectacular palabra REMOURELLE, primeiro elemento deste nome, Re-, non é máis ca reducción do seu precompoñente Rio, (de Rivus). O seu segundo elemento compositivo derívase do nome latino Maurilius ou Maurellus, diminutivos ambos de Maurus, e que hoxe consérvase como apelido ou como topónimo, como é o noso caso. Así pois, Rivus Maurilli danos Remourelle. Atentois pois palanadores, palanadoras e afeccionados da LNB non afogar nas turbas augas diste enorme río que é a SUPERLIGA que chega xa ó seu 4º asalto para a desputa do TORNEO DO MAGOSTO. Xunguide os elefenates que comeza a conta atrás!!

quinta-feira, outubro 19, 2006

TELE-VARAL : "DENTES DE LEITE" [preme]


Javi , o Rooky da EkipA SaFaRi estrea dentes e estrea programa en TELE-VARAL, se na pista de San Xurxo iste xove palanador amosou un espectacular estilo de xogo na primeira entrega da sección conducida por Ana Rodríguez denominada DENTES DE LEITE, dirixida fundamentalmente para os máis novos da competición que racha moldes, Javi centrouse en comer unha galleta para pulir así a dentadura que lle está a nacer e poder así roer nos demáis palanadores e palanadoras dunha clasificación infantil encabezada polo seu irmán Alfredo e Cristian con 11 puntos cada un. Cativos e maiores afían os dentes para o próximo 29 de outubro verse as caras en Remourelle, no concello lugués de Ribadeo, donde se vai a desputar o gran Torneo do Magosto, castañas e billarda , explosiva combinación!!

quarta-feira, outubro 18, 2006

OS BOXES DA SUPERLIGA!!


Sen nen sequera baixar da moto e ataviado co uniforme da escudeiría LNB , casco e lona de trabar cos dentes para cortar o ar, presentouse en San Xurxo iste afeccionado da velocidade para animar ós palanadores do Cornería Team, iste Lores Capirossi da billarda amosábase preocupado polo retraso dunha das estrelas dos Cornería Team, Uxío , o palanador das terras de Alfoz , trocouse de pista e no canto de acudir á cita de San Xurxo foi por un erro no seu GPS interno parar á pista de San Xusto a uns casa 20 Km de distancia. Uxío entrou nos boxes de TELE-VARAL e da man do mecánico da palabra Juán Pico puido comentar as incidencias acontecidas niste ardente 3º asalto da SUPERLIGA.

terça-feira, outubro 17, 2006

AS TÁBOAS DO 3º ASALTO....


Combatindo a canícula do domingo os palanadores e palanadoras da SUPERLIGA sufriron tentando levantar a billarda e golpexala no ar. Pese a todo Foro , dos Tronos do Masma , continúa liderando a clasificación xeral seguido de Ismael dos Cornería Team e Xermán da EkipA a 3 e 4 puntos respectivamentente, na clasificación feminina continúa lider Ana da EkipA seguida de Ana dos Bíteres a 1 e da súa compañeira Lidia a 3 puntos, por franquicias a EkipA continúan en cabeza perseguida dos Bíteres a 9 e dos Cornería Team a 13 puntos. En varados ningún dos especialistas estivo resolutivo e continúan os catro empatados a 1 varado.Podes consultar as principais taboas clasificatorias no link patrocinado pola TENDA-LNB.

segunda-feira, outubro 16, 2006

A NOSA TERRA EN TELE-VARAL [preme]


A SUPERLIGA aterrou de novo en San Xurxo, concello de Lourenzá, e coma sempre ocorre nista histórica pista fixoo cunha espectacular resposta de afeccionados que animaron ate a éxtase ás grandes estrelas dista competición que racha moldes. Pese a todo, o xogo desenrolado polos palanadores e palanadoras non foi todo o espectacular que se podía prever e baixo un abafante e insolpeitado calor de outubro. Un dos espectadores de excepción foi Alfonso Eiré, o director de A Nosa Terra achegouse dende Vigo a San Xurxo para comprobar insitu a explosión do que é o seu deporte favorito. Como non podía ser doutro xeito Eiré falou a pé de pista entre o fume da faria do noso reporteiro estrela , para os micros de TELE-VARAL. preme xa!!

sexta-feira, outubro 13, 2006

SAN XURXO: 3º ASALTO DA SUPERLIGA!!


O PITIDO DE ARRINQUE DISTE EXPLOSIVO 3º ASALTO NA PISTA MULTIUSOS DE SAN XURXO , NO CONCELLO LUGUÉS DE LOURENZÁ, ISTE DOMINGO 15 A PARTIRES DAS 16 H. XA TREME A TERRA E OS CANS OUVEAN SEN CESAR!!

quarta-feira, outubro 11, 2006

DE SAN XURXO A PYONGYANG....


iste domingo 15 a partires das 16h, a SUPERLIGA de billarda-LNB chega ate o seu 3º asalto a celebrar nunha xa histórica cita dentro do circuito LNB , a pista multiusos de San Xurxo, máxica parroquia do concello Lugués de Lourenzá, vai ser o epicentro doutro tremendo ensaio nuclear que vai facer tremer a terra cando a primeira billarda salte polo ar. De San Xurxo a Pyongyang ...... outro deporte é posíbel!!

terça-feira, outubro 10, 2006

SAN XURXO , CITA COA HISTORIA DA LNB!!

San Xurxo prepárase intensamente para recibir ás grande estrelas do deporte da billarda que iste domingo 15 de outubro a partires das 16 h. van desfilar polo cemento pulido dista maravillosa parroquia do concello de Lourenzá , a LNB dá un chimpo dende as terras do marechal Pardo de Cela para seguir desafiando á historia moi preto doutro castelo , o de Tobar nas moi bravas terras de Canedo, na parroquia de San Tomé. San Xurxo foi esceario de grandes batallas, se antes comentabamos a que encumiou a David coma campión absoluto dista competición na campaña pasada, hoxe é obrigatorio nomear a Ismael, o gran Zidane da billarda, que foi precisamente donde se transformou fai xa anos na superestrela que hoxe en día é, e a metamorfose produciuse nunha máxica tarde cando se proclamou campión do torneo máis prestixioso de todos cantos se celebran baixo o paraguas da LNB, o tan cobizado Palán de Ouro foi conseguido por Ismael nunha histórica tarde nista pista de San Xurxo.

O Zidane da billarda liderou a victoria da Selección Galega de Billarda contra Asturies recordando os tempos de cando iste garañon dos Cornería Team era ise palanador absolutamente intratable que conseguiu o primeiro Palán de Ouro en San Xurxo.

segunda-feira, outubro 09, 2006

VOLTA O PERIGOSO LABIRINTO!!


DESPOIS DO PUNTO DE INFLEXIÓN QUE SUPUXO O DEBÚ DA SELECCIÓN GALEGA DE BILLARDA OS PALANADORES E AFECCIONADOS VOLTAN A MERGULLARSE NO PERIGOSO E ELECTRIZANTE LABIRINTO DA SUPERLIGA QUE CHEGA ATE O SEU 3º ASALTO A CELEBRAR ISTE DOMINGO 25 DE OUTUBRO NUNHA PISTA XA HISTÓRICA DO CIRCUITO. SAN XURXO, A BRAVA PARROQUIA DO CONCELLO LUGUÉS DE LOURENZÁ DONDE DAVID SE PROCLAMOU A TEMPADA PASADA O PRIMEIRO CAMPIÓN ABSOLUTO DA MELLOR LIGA DE BILLARDA DO MUNDO VAI VOLTAR A ACOLLER UN TORNEO NO QUE FORO , O PALANADOR DOS TRONOS DO MASMA VAI TENTAR CON UÑAS E DENTES DE LOBO ADOECIDO MANTER O SEU MAXISTRALMENTE ACADADO LIDERATO. PARA REFRESCAR A MEMORIA PODES VER COMO VAN AS TABOAS DA SUPERLIGA NO LINK PATROCINADO POLA TENDA-LNB. VOLTA O SUFRIMENTO E A TENSIÓN DA ALTA COMPETICIÓN!!