O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 29, 2006


NO 2007 DEIXATE INVADIR POLA SERPE MULTICOR DA LNB!!

quinta-feira, dezembro 28, 2006

BILLARDA OFF SIDE - [preme] -


Durante o pasado All Stars de billarda celebrado no campus da Zapateira na Coruña TELE-VARAL entrevistou ó adestrador galego da selección galega de Billarda diante das portas do estadio de Riazor. Un ano máis como sucedeu no multiusos de san Lázaro as portas do estádio de Riazor péchanse á Auténtica e ás demáis seleccións galegas que debutaron niste 2006 negándolles así un merecido baño de multitudes. Ë igual, a LNB quere comunicar que o seu aparato de relacións internacionais xa iniciou os trámites para que a Auténtica despute a súa segunda enganchada e podemos asegurar que a selección rival non vai a ser ningún sparing que de alí dous días xogue contra a selección de Murciana. Dous equipos ecuatorianos saltaron fai uns días á actualidade internacional por unha descomunal pelexa entre os xogadores do LDUQ ( Liga Deportica Universitaria de Quito ) e o Barcelona de Guayaquil , agardemos que todos os xogadores e os afeccionados cheguen calmados a Riazor e se hai que soltar estela que a solten contra o palco de autoridades que son os únicos que a merecen!!

terça-feira, dezembro 26, 2006

BILLARDAS E LUCES DE NADAL!!


As billardas, peios e bolos voltaron voar polo ar no tempo de nadal, e fixérono iste sábado 23 de decembro nunha espectacular xornada no colexio público de Ribadeo na que moitos nenos e nenas se toparon por primeira vez cun universo máxico e totalmente descoñecido para eles. Moitos dubidadan con Papa Noel ás portas se trocaren os seus pedidos de game-boys , consolas ou demáis artiluxos de última xeración por un simple pack de billarda a palán .Sabemos no Varal que os reis magos están invadidos por unha morea de cartas pedindo o Pack-LNB polo que xa nos mandaron un camelo especial só para transportar material deportivo e xogar a ser coma O Zidane ou coma o Beckham da billarda. Sexa como sexa , as escolas de billarda consolídanse un ano máis como unha opción potentísima á hora de formas deportistas e persoas solidarias para afrontar os importísimos retos de futuro que temos tanto a LNB en particular coma o pobo galego en xeral. Feliz Nadal para muinho e para todos os centos amigos do Varal que espallados ó redor de todo o mundo ollan , desfrutan e comparten ledicias e emocións coa gran familia que xa somos a LNB. UN FEIXE DE BICOS...

quarta-feira, dezembro 20, 2006

TELE-VARAL NA ENTREGA DE GALOS!! [preme]


Pese a que a noite caía enriba , o equipo de TELE-VARAL subido na randeeira máxica puido realizar un traballo excelente entrevistando en rigurosa exclusica ó palanador da EkipA Vicente que co galo quente aínda nas mans fala emocionado case retendo as bágoas da emoción, pero Juan Pico non só entrevistou a ista gran estrela do do deporte da billarda senón que Cándido o vencedor doutro galo na disciplina de bolos e Edelmiro coma gran revelación na SUPERLIGA pasaron polo set de TELE-VARAL instalado a pé de pista , Edel xogador tamén de chave cometa a sua mala tarde cunha frase que poida que extremeza a toda a audiencia , O PERDÍN TODO de Edelmiro ilustra á perfección a tensión e a intensidade coa que os palanadores ó igual que os xogadores de poker xogan todo o seu porvir a unha soa carta. Entra e súbete ó pau do galineiro da LNB e recorda que no link patrocinado pola TENDA-LNB donde podes acadar material exclusivo para regalar niste nadal tes as clasificacións dista excitante SUPERLIGA que se encara xa hacia o ecuador da competición!!

terça-feira, dezembro 19, 2006

O BOWLING FOR COLUMBINE DA BILLARDA [preme]


Se gostache de Michael Moore en Fahrenheit 9/11 ou te extremeciche co documetal "the falling man" sobre a foto do home caendo ó vacío no atentado ó Word Trade Center , conecta de seguido coa obra mestra asinada polo kamikace do audiovisual galego , Manolo o alma-mater do proxecto elfarero.com introdúcese de cheo no perigoso e balbuceante mundo da LNB durante a desputa do III Torneo do Galo celegrado en Ribadeo para amosar a cara oculta diste espectacular deporte. Non esperes máis e conecta con polémico documental contra o imperialismo deportivo e audiovisual que de seguro, non vai deixar a naide indiferente!!

segunda-feira, dezembro 18, 2006

VICENTE FAISE CO GALO DA LNB!!


Vicente , o palanador da EkipA SaFaRi, tamén coñecido coma o Beckham da Ponte da Pedra fíxose nunha apretadísima final fronte a Bixi , o palanador dos Bíteres que se está a converter na gran sensasión da tempada , co espectacular Galo da LNB criado no curral de Ginés Celeiro de Mariñaos, nin sequera Batman o galo campión na feira de Cervo celebrada temén ista fin de semana pode competir cos nosos exemplares cos que ademáis de Vicente , Cándido na competición de bolos e Américo na disciplina de chave van substituír o capón de Nadal por un atlético galo da LNB no seu menú de Nadal. Moi atentos ás pantallas porque hai numerosas varicacións na clasificación, pese ás notables ausencias coma o do Trono Foro ou a do EkipA Viluba , o torneo do galo conseguiu reunir en Ribadeo a un numerosísimo público que vibrou ante a intensidade diste deporte que racha moldes. Os nosos amigos de elfarero.com pese a auga e o cedo do acontecemento desprazaron unha unidade móbil ate o aparcamento municipal Ribadense para realizar unha de seguro espectacular reportaxe do aló acontecido que moi pronto poderemos desfrutar, pola súa banda TELE-VARAL subiuse á randeeira para captar imaxes coma sempre exclusivas que de seguro van facer saltar as estelas.

sexta-feira, dezembro 15, 2006

III TROFEO DO GALO > RIBADEO


ACHÉGATE A RIBADEO ISTE DOMINGO 17 A TENTAR CONQUISTAR UN DOS ATLÉTICOS GALOS DA LNB E COMBATE ASÍ A TORTURA XENÉTICA Á QUE SON SOMETIDOS OS CAPÓNS DE VILABA, COA LIGA NACIONAL DE BILLARDA , OUTRO XANTAR NO NADAL TAMÉN É POSÍBEL!!

quarta-feira, dezembro 13, 2006

A LNB OKUPA O SALÓN DE PLENOS!!


Multitudinaria rolda de prensa na que os representantes da LNB xunto co concelleiro de deportes do concello de Ribadeo apresentaron ós medios de medio mundo despreazados ate ista vila fronteiriza o espectacular cartaz de actividades que se van desenrolar o domingo día 17 por mor da celebración do 6º asalto da SUPERLIGA de billarda-LNB que se encadra dento do espectacular Torneo do Galo. Por primeira vez as billardas voaron polo salón de plenos no que foi o primeiro acto institucional distes representantes da mellor liga de billarda do mundo.

terça-feira, dezembro 12, 2006

RIBADEO AGARDA POLO GALO DA LNB!!



A LNB que en colaboración coa concellalía de deportes do concello de Ribadeo vai por en marcha iste espectacular Torneo do Galo. Rómpese momentaneamente a dinámica da Liga Nacional de Billarda de refuxiarse no maravilloso marco parroquial para afrontar o importantísimo reto da inmersión en grandes Vilas , pero a furia é a mesma ou incluso maior e de seguro o que os golpes da madeira contra a madeira dos palanadores e palanadoras van resoarar nos restos enterrados do Castro de Grobas de Vilaselán. Desentérrate e achégate a Ribadeo!!

segunda-feira, dezembro 11, 2006

A CONTA ATRÁS PARA O 6º ASALTO!!


O aparcadoiro municipal vai ser o escenario escollido para que iste domingo 17 a partires das 15:30 o galiñeiro ribadense se revolucione en pleno , faltan poucos días e o aparcacarros romanés da LNB xa puxo o traxe de faena , se tes medo a non ter sitio podes dirixirte a el [ovaral@hotmail.com] e ir encargado sitio para poder desfrutar do tan agardado Torneo do Galo puntuábel para a SUPERLIGA de billarda-LNB que vai reunir nista vila fronteiriza as grandes estrelas mundiais diste deporte que racha moldes xunto cos mellores atletas galegos das disciplinas en exhibición como son os bolos e a chave. Súbe ó pau do galiñeiro da LNB e se tes dúbidas antes de acudir á cita repasa o regulamento básico de competición e mira como van todas as táboas clasificatorias no enlace patrocinado pola TENDA-LNB!!

terça-feira, dezembro 05, 2006

FUMANDO SOBRE A CHUVIA!!


Nen o maior trebón pode impedir que os palanadores e palanadoras da LNB se preparen para tomar o aparcadoiro municipal de Ribadeo, xusto no centro da vila fronteiriza vaise producir un auténtico impacto do deporte tradicional , peios , billardas e bolos van cortar o ar a tarde do domingo 17 de decembro para tratar de dilicidad para quen van ir os tres galos galegos preparados para o campión do 6º asalto da SUPERLIGA de billarda-LNB , para o campión dos bolos e para o vencedor na disciplina da chave , e atención porque nista disciplina xa se perfila a presencia da primeira franquicia formada para competir na competición de chave, Os Bosta Celtiks van facer acto de presencia nun día no que todos os ollos do deporte galego deberían estar ollando cara Ribadeo. Os palanadores e palandoras sacan as pipas de auga á chuvia para calmar os tremendos nervios ante o transcendental Torneo do Galo puntuábel para a SUPERLIGA de billarda-LNB.