O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 08, 2007

8 da Marzo: DÍA DA MULLER PALANADORA!!

Pese que para a LNB todos os días do ano son unha loita continua pola conquista dos dereitos ,hoxe 8 de marzo queremos facer unha mención especial a todas as Mulleres que forman parte da LNB , para elo utilizamos a imaxe de dúas grandes palanadoras dista competición que racha moldes que ó igual que as súas compañeiras empuñaron os paláns para , de igual a igual facerlle fronte ós palanadores, por un lado está Carmiña, a palanadora dos Bíteres que sufríu unha caída no polémico torneo do San Marcos á que desexamos unha rápida recuperación e ó seu carón con pucho vermello está Lía, a xoven palanadora que está arrasando na LNB infantil. Carmiña e Lía , coas Fanecas Bravas á fronte xa que son a única franquicia formada exclusivamente por mulleres , resumen á perfección a raiba e a carraxe coa que todas as palandoras da LNB golpexan cada xornada a billarda polo ar, e hoxe , no espacio radiofónico comandado por outras mulleres, As Madriñas da Quimbambas de seguro que a voz da LNB vai facer unha especial mención ó sexo feminino do noso deporte. Forza Billarda, Forza para todas as mulleres do mundo!!