O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 01, 2007

BILLARDAS ARDENDO CARA Ó SAN MARCOS DE TRABADA.....

Pese ó seu bo estado de forma , os problemas para o equipo de Zidane multiplícanse cando máis tiñan que formar unha peña ó redor do seu lider, as mostras de indisciplina dunha das súas grandes fichaxes da tempada , o xa coñecido coma o Eto´o da billarda que desoíu as indicacións dos técnicos do Cornería team para saltar á pista de xogo e leva tres torneos mantendonse á marxe polo que agardamos que Trabada sexa o retorno de Uxío e poida desenrolar ise potente xogo e combinacións con Toño , o palanador que despois dos seus coqueteos coa Loita Galega está sendo acusado polos siadeiros do Cornería de sobrepeso polo que ó igual ca Ronaldinho no Nou Camp agardamos un espectacular torneo do loitador de barreiros con stripties final incluido. Outro que xa anunciou o retorno é Edelmiro o gladiador do Morteiro que por mor dunha lesión ó igual que Juan Pico impediulles saltar á gaiola de Vilaronte polo que prometen vinganza na terra do San Marcos. Destacable tamén a espectacilar progresión dunha palanadora das Fanecas Bravas, María, apoioada denda as poboadas bancadas por siadeiros desprazados dende Avilés atopouse en Vilaronte coma unha faneca no cantábrico e logrou cuallar unha actuación que de seguir así poderá ser unha das sorpresas dista segunda volta que xunto con Carmiña son as grandes incógnitas baixo o ceo Trabadés. Foro , o maxistral palanador dos Tronos volta a coller a forma e perfectamente arroupado polas seus compañeiros de franquicia pode ser outro dos que faigan pupa no liderato do seu veciño de Celeiro. Pero xunto ós galácticos da billarda na pista enexa chegan tamén os lanzadores da SUPERBOL comandada xa por Arturo Vigo que aterrou na lastra de Vilaronte arrasando no embarrado terreo de xogo e demostrando que ista gran estrela dos bolos enxértase nista competición disposto a vencer e a non dar nen a máis mínima oportunidade ós seus contrincantes, Gines e Américo son únicos que lle pisan os talóns despois da primeira tirada pero seguro que o xa famoso Bisbal das Lastras , Canceleiro e o imaxinativo xogo de Sócrates tentaran porlle as cousas o máis difícil posíbel na pedra do San Marcos a ista gran estrela do deporte autóctono. Vade collendo sitio!!