O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 20, 2007

ESPECIAL TELE-VARAL : CONCURSO DE VARADOS DO BILLARDA ALL STARS

Mentras o venres Sak, o representante das Brigadas LNB na Coruña quentaba o ambiente explicando a todo o país no programa da RG as Quimbambas a mecánica do primeiro concurso de Varados da historia a disputar niste Billarda All Stars 2007 , un rapaz na cidade da Coruña chamado David recén rematado os exámenes preparábase intensamente e afiaba as billardas para facerlle frente ós galácticos e galácticas chegados do Leste montados na frenética Guagua. Máis de 50 palanadores quixeron probar sorte nista primeira edición do espectacular concurso de Varados, a xenuina versión billardeira do concurso de mates , pero tan só foron tres os elexidos para a desputa da primeira serie final , Juan Pico, David Fontán e o campión da primeira edición da SUPERLIGA de billarda David Díaz atopábanse sós fronte ó desafío histórico da finalísima do concurso de Varados.

1 Comments:

  • At 1:44 PM, Blogger Turzi said…

    PARABÉNS POLA REPERCUSIÓN MEDIÁTICA DO ALL STAR!!!
    PARABÉNS POR LEVAR TANTO TEMPO A TIRAR DA LNB.
    PARABÉNS POR TRABALLARDES POLO QUE CREDES.
    QUE ENVEXA DÁ VER QUE SEGUIMOS CARA AO FUTURO.
    DENDE A DISTANCIA, ESTAMOS AÍ CONVOSCO E COA L.N.B.
    APERTAS DENDE ALEMAÑA.
    XA ESTAMOS A AGARDAR O ENCONTRO INTERNACIONAL: GALIZA-DEUTSCHLAND.
    AVANTE TODA!!!
    SAÚDE, BILLARDA PATRIA LIBERADA!!!

     

Postar um comentário

<< Home