O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 28, 2007

VICENTE DA EkipA CONQUISTA O TÍTULO DA SUPERLIGA NUNHA FINAL DE INFARTO!! [preme]

Histórica noite a vivida no multiusos de Celeiro de Mariñaos o sábado 26 de maio donde xusto no último minuto , na última carreira e no último golpexo Vicente, o palanador da EkipA SafaRi se proclamaba campión absoluto da SUPERLIGA de billarda 2006-07 deixando absolutamente desfeito ó grande Zidane da Billarda que sucumbía preso pola descomunal presión á que foi sometido polos palanadores da EkipA SaFaRi . Ismael chegaba á pista con catro puntos de avantaxe sobre o seu perseguidor que armado dunha pasmosa tranquilidade e acompañado da sempre necesaria dose do sorte puido esquivar un por un os obstáculos ate asaltar o liderato nunha histórica carreira que TELE-VARAL atrapou para formar parte pese a quen pese dos grandes momentos da historia do deporte galego. Nunca antes Vicente liderara a clasificación da SUPERLIGA de billarda, agardou coma un tigre entre os ramallos a que con TELE-VARAL coma testigo Ismael patinase na súa serie para na última carreira e co último golpexo despois de 14 asaltos empaparse co champán dos grandes campións e recoller das mans do anterior campión da SUPERLIGA , David o trofeo que o acredita coma campión absoluto dista competición que arrinca chantos e invade as leiras.