O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 24, 2007

A SUPERLIGA DE BILLARDA 2007-08 BOTOU A ANDAR!!

Conomoción absoluta no deporte galego de esencia tradicional , arrincou ise gran catro eixos chamado SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA que no seu interior carrexa a máis perigosa e explosiva das cargas posíbeis, a da emoción e a da constancia duns palanadores e palanadoras que en cada golpexo da madeira contra a madeira se reivindican coma deportistas e coma militantes disa tribu chamada LNB. ás 16 h do domingo 23 a pista da Anguieira a mesma que víu nacer fai uns anos a pequena miñoca LNB agora convertida en gran serpe multicor , vestiuse de gala para recibir ós máis de 50 palanadores e palanadoras englobados nada máis nen nada menos que en 9 franquicias que inicaban a competición da mellor liga de billarda do mundo. E como non podía ser doutro xeito , centos de afeccionados a iste deporte que se espalla coma o lume na herba seca en terras galegas , asturianas e portuguesas se deron cita para apoiar de xeito enfervorizado dende as improvisadas bancadas ós seus equipos na pista.