O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 10, 2007

Tarde soleada para que os dous combinados , o da LNB e o dos amadores da música dirixidos pola batuta de ferro de Chema se batiran nun moi agardado duelo na pista polideportiva de Ove. A serpe multicor da LNB desprazouse reptando baixo o cabazo que dá acceso á pista de xogo para demostrar unha vez máis que outro deporte é posible. E coas bancadas repletas de siadeiros animando ós amadores e ó combinado LNB deu comezo o partido pactado a dous setos , a versión billardeira dos sets de tenísticos , o arrinque demoledor do combinado dos amadores deixou case sen alento ós expertos palandores e palandoras da LNB que vían como os seus representantes se desvanecín ante o empurre de xogadores do combinado internacional dos amadores con Franco , Daniel , Lourenzo e Diego como grandes intérpretes na pista da partitura técnica descrita por Chema antes do inicio da contenda.