O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 04, 2007

FERNANDO VEIGA ULTIMA A LISTA DE CONVOCAD@S PARA A PRIMEIRA EDICIÓN DA COPA CANTÁBRICA de BILLARDA!!

Atención palanadores e palanadores das dúas conferencias porque moi pronto o seleccionador galego de billarda Fernándo Veiga fará pública no Varal a súa lista de convocados para desputar a 1ª edición da Copa Cantábrica contra a potente selección de Asturies . O pasado ano produciuse o debú da Auténtica no campo de Pillarnu en Asturies donde ambas seleccións botaban a andar baixo unha intensa tromba de auga e de emocións , iste ano 2007 bota a andar a COPA CANTÁBRICA , unha especie de Bledisloe Cup que nace co fin de dar continuidade anual a iste choque e de situar no medio un título en xogo polo que loitar coma cans doentes, remataron pois as festas e celebracións polo debú da AUTÉNTICA e comeza a competición pura e dura donde os elexidos por ambas seleccións terán que deixar a pel e os dentes na pista se queren levar para o seu país o máis prestixoso dos trofeos entre nacións do deporte da billarda. A cita será o vindeiro 4 de Novembro de novo na pista de Pillarnu no concello de Castrillón, comeza a loita pola gloria da COPA CANTÁBRICA.