O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 19, 2007

APOCALIPSE BILLARDEIRA NO 1º ASALTO DA CONFERENCIA NOROESTE!!


Chuzos de punta recibiron ós palanadores e palandoras que iste domingo 18 se deron cita na pista da Zapateira da cidade da Coruña imantados polo tremendo impulso da madeira para arrincar coa forza dun boi da chega a competición na Conferencia NorOeste.

Un soño feito realidade que obriga a todos os membros diste gran tribu da LNB peliscarse para darse conta que o que ven os ollos non é unha ilusión froito da masiva inxesta de ribeiro turbo e obriga tamén ós expertos a esfolar as teorías para explicar cal é a estrana forza que impulsa ista tremendo furacán de raiba e carraxe que fai que as billardas corten o ar nas leiras dos territorias sen abonar.

Os referenciais all stars da LNB foron o sempre necesario zurro e purín que abonaron o asfalto para que ista fin de semana brotara o tan desexado froito.

Ás catro foi a hora marcada , apelotonados fronte á porta da Zapeira un exercito de palanadores e palanadoras recibían o tremendo bautismo da chuvia liberadora , fertilidade e longa vida á Conferencia NorOeste que iste domingo 18 botou a andar con 5 franquicias ensinado os dentes : Electrónic@s , Filloas de Sangue [na foto], Centolos Rabudos, Xa que 60 e Os Xarutos formarán o gran pelotón da ilusión que desafíe os centos de anos de represión deportiva na cidade da Coruña.

Toda a información de cómo quedaron as táboas e un espectacular crónico de todo o acontecido niste 1º asalto da Conferencia NorOeste no seu referencial web , e moi atentos porque TELE-VARAL inicia emisión na frecuencia NorOeste cunha enviada especial que ó igual ca Juan Pico amiaza con destrozar ás máis elementais leis da gravidade xornalística, Besbe , despois de colleritar un tremendo éxito coa publicación da súa primeira obra literaria titulada 28 , únese á tribu billardeira por medio da inmersión coma enviada especial de TELE-VARAL en zona de guerra , minada polos tremendos estalos da emoción e da carraxe. Todo disposto para que o maravilloso purín da LNB invada as túas pantallas...





1 Comments:

  • At 11:39 PM, Blogger besbe said…

    Moitas gracias á Conferencia Leste por virnos botar unha man nesta primeira xornada da Conferencia NorOeste e por suposto que choveu, onde se viu un día de billarda sen auga!!

    Saúdos, palanadores!

     

Postar um comentário

<< Home