O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 28, 2007

DOS HISTÓRICOS PETAPOUCO ÓS GOLPEXOS DOS ELECTRÓNI@S, CHEGA O 1º RECOÑECEMENTO OFICIAL Ó DEPORTE DA BILLARDA!!

Comeza unha fin de semana de emocións intensas para toda a tribo billardeira que acadará a súa total plenitude no primeiro recoñecemno oficial dos deportistas diste deporte que racha moldes . Iste venres 30 unha delegación da A.C.D O Varal que é quen coordina todos os movimentos da LNB , desprazarase ate o teatro Rosalía da Castro da Coruña para recoller o Premio á mellor iniciatica do deporte tradicional 2006-07 da man da Conselleira de Deportes da Xunta da Galiza Marta Souto durante a gala dos Premios Nacionais do Deporte Galego. Un recoñecemeto máis que merecido para todos os palanadores e palanadoras que contra ventos e mareas sementaron cos seus golpexos herdados de anos de sufrimeto e esquecemento a conciencia necesaria para dinamizar un deporte que moitos crían xa enterrado e lapidado.
O Varal quere agradecer facendo partícipes diste premio a todas as asociacións de veciños , colectivos culturais e deportivos , medios informativos, socios , empresas e concellos que colaboran activamente con ista gran avalancha de vida, lume e de xogo chamada Liga Nacional de Billarda . É por iso que unha vez rematado o 4º asalto da Superliga en Remourelle , na sempre máxica Taberna de Lola vaise realizar unha explosiva gran festa de celebración por iste premio donde ó redor da estatuiña recollida na Coruña estarán todos palanadores e palandoras e os colaboradores da Superliga de Billarda que se queiran sumar a iste gran intre de explosividade máxima.

A LNB levanta os copos de licor e brinda tamén por todos os que desafiando as leis da gravidade os domingos se achegan ate as pistas de xogo , polos os que siguen a compeitición atraveso de TELE-VARAL e por todos aqueles que a pelo e sen bomba de oxíxeno se sumerxen nas profundidades do noso web O Varal . NORABOA Á TRIBU TODA!!

2 Comments:

  • At 8:11 PM, Blogger lnb-noroeste said…

    Dende Conferencia NorOeste querémonos sumar expresamente ao agradecemento que facemos dende O Varal e alédanos ainda máis que éste represetativo día se faga na cidade que deu paso á SuperLiga Galega.

    Parabéns!!

     
  • At 10:03 PM, Blogger Ghanito said…

    Isto é impresionante!!
    Que vaian tremendo os fuboleiros! hahaha

    Parabéns a todos.

     

Postar um comentário

<< Home